1
00:00:06,006 --> 00:00:08,633
Non chamei a Deborah Glass, Adam.

2
00:00:08,633 --> 00:00:12,053
Suarez sacoume do caso de Scott Glass.

3
00:00:12,053 --> 00:00:13,388
A ambición sae cara.

4
00:00:13,388 --> 00:00:14,723
Vai rañala.

5
00:00:14,723 --> 00:00:17,726
E que lle contou Trina Rafferty?

6
00:00:17,726 --> 00:00:20,020
Gloria admitiu que lle puxera a arma.

7
00:00:20,020 --> 00:00:21,312
Protesto, infundado.

8
00:00:21,312 --> 00:00:24,482
Por orde do axente da DEA James De Marco.

9
00:00:24,482 --> 00:00:26,192
O investigador e a muller.

10
00:00:26,192 --> 00:00:28,987
Se queren saber de min,
que me veñan preguntar.

11
00:00:28,987 --> 00:00:30,155
Estou aquí.

12
00:00:30,155 --> 00:00:33,074
Temos unha nova proba contra De Marco,
das boas.

13
00:00:33,074 --> 00:00:34,409
Bingo.

14
00:00:34,409 --> 00:00:36,453
De Marco pode testificar.

15
00:00:36,453 --> 00:00:38,580
Penso telo atado en curto.

16
00:00:38,580 --> 00:00:42,042
A Gloria Dayton
citárona a tarde do 3 de agosto.

17
00:00:42,042 --> 00:00:44,252
E 41 minutos despois fixo esa chamada.

18
00:00:44,252 --> 00:00:46,129
Pode marcar o número?

19
00:00:46,129 --> 00:00:48,298
<i>DEA.</i>

20
00:00:48,298 --> 00:00:50,175
E este home con chapeu?

21
00:00:50,175 --> 00:00:52,135
Creo que a seguía.

22
00:00:52,135 --> 00:00:54,387
O home do chapeu era Neil Bishop.

23
00:00:54,387 --> 00:00:56,723
Quen che deu a coca? Algunha idea?

24
00:00:56,723 --> 00:01:00,435
Dixo que se chamaba...
Hector non sei que. Moya?

25
00:01:00,435 --> 00:01:03,646
Non o vou delatar, Mickey.
Pode vir por min.

26
00:01:03,646 --> 00:01:06,191
- E se non busco de beber?
- No aparcadoiro.

27
00:01:07,025 --> 00:01:09,778
James De Marco tenche controlada, non si?

28
00:01:09,778 --> 00:01:11,071
- Sr. Haller!
- Que?

29
00:01:13,198 --> 00:01:17,994
Se unha cousa aprendín
é que tes que deixar ir as pantasmas

30
00:01:17,994 --> 00:01:19,996
ou arrastrarante con elas

31
00:01:19,996 --> 00:01:22,624
e nunca serás o avogado que tes que ser.

32
00:01:22,624 --> 00:01:24,667
Non podemos perder máis tempo.

33
00:01:24,667 --> 00:01:26,086
Non aguanta máis!

34
00:02:02,038 --> 00:02:04,290
Ai, merda.

35
00:02:15,510 --> 00:02:16,344
Diga?

36
00:02:16,886 --> 00:02:17,971
Si, son eu.

37
00:02:19,597 --> 00:02:23,143
Que? De que falas? Cando pasou?

38
00:02:23,977 --> 00:02:25,103
Estou de camiño.

39
00:02:27,939 --> 00:02:30,400
Julian está no hospital, agredírono.

40
00:02:30,400 --> 00:02:32,652
- Hostia.
- Como que o agrediron?

41
00:02:32,652 --> 00:02:35,655
Seica o apuñalaron durante o traslado.

42
00:02:35,655 --> 00:02:38,741
Pero como é posible?
Para que están os gardas?

43
00:02:38,741 --> 00:02:41,703
No cárcere, se queren, van por ti.
É grave?

44
00:02:42,287 --> 00:02:44,873
Non o sei. Estou de camiño ao hospital.

45
00:02:44,873 --> 00:02:47,584
Lorna, chama a xuíza Turner e explícallo.

46
00:02:47,584 --> 00:02:50,503
<i>A ver se apraza o xuízo
e eu descubro algo.</i>

47
00:02:50,503 --> 00:02:51,421
Vale.

48
00:02:51,421 --> 00:02:54,048
Así pensaremos como evitar un xuízo nulo.

49
00:02:54,048 --> 00:02:55,967
Como que un xuízo nulo?

50
00:02:55,967 --> 00:02:58,428
Forsythe vai pedir que así sexa.

51
00:02:58,428 --> 00:03:00,680
Sabe que estamos a convencer o xurado

52
00:03:00,680 --> 00:03:03,224
e vai intentar que se repita o xuízo.

53
00:03:03,224 --> 00:03:06,019
É o que faría eu.
Cisco, descubre se o agresor

54
00:03:06,019 --> 00:03:08,271
está relacionado con Bishop ou De Marco.

55
00:03:08,271 --> 00:03:10,732
- Vale.
- Cres que foi cousa de De Marco?

56
00:03:10,732 --> 00:03:12,775
<i>Non teño probas, pero pode ser.</i>

57
00:03:12,775 --> 00:03:15,486
Se matan a Julian, o caso desaparece

58
00:03:16,112 --> 00:03:19,991
<i>e hai que empezar de cero.
Julian botará outro ano no cárcere.</i>

59
00:03:19,991 --> 00:03:20,950
Meu Deus.

60
00:03:20,950 --> 00:03:24,370
Non pode haber xuízo nulo.
Lorna, busca precedentes.

61
00:03:24,370 --> 00:03:26,831
Xuízos que seguiron sen o acusado.

62
00:03:26,831 --> 00:03:29,083
Chegarei tarde á vista de McCrudden,

63
00:03:29,083 --> 00:03:31,836
pero é preliminar, non tardarei moito.

64
00:03:31,836 --> 00:03:35,798
Quedamos no despacho da xuíza Turner,
pensa que dicirlle.

65
00:03:35,798 --> 00:03:36,966
Entendido.

66
00:03:36,966 --> 00:03:40,178
Izzy, ven ao hospital,
eu non podo quedar moito.

67
00:03:40,762 --> 00:03:41,721
Xa vou.

68
00:03:41,721 --> 00:03:43,139
Vale, véxote logo.

69
00:03:53,024 --> 00:03:55,443
- Coidado.
- Xa o vexo.

70
00:03:55,443 --> 00:03:57,779
Xa, é o que dis sempre,

71
00:03:57,779 --> 00:04:00,240
e logo tes a gravata manchada de café.

72
00:04:02,533 --> 00:04:04,369
Andas nas verzas.

73
00:04:05,870 --> 00:04:08,122
Fixen todo o posible.

74
00:04:08,623 --> 00:04:10,541
Foi a unha vivenda protexida.

75
00:04:10,541 --> 00:04:13,253
Hector Moya dixo que os seus o vixiarían.

76
00:04:13,253 --> 00:04:15,171
Non estou a falar diso.

77
00:04:15,171 --> 00:04:18,716
Se me tiveses contado a verdade,
non estariamos así.

78
00:04:18,716 --> 00:04:19,926
Pensáchelo?

79
00:04:19,926 --> 00:04:21,886
Fixen o que debía.

80
00:04:23,012 --> 00:04:24,389
Pensas por que?

81
00:04:25,682 --> 00:04:27,809
Por que non cho contei?

82
00:04:30,812 --> 00:04:32,647
Xa non importa, non?

83
00:04:33,147 --> 00:04:35,525
O que importa é: que fago agora?

84
00:04:35,525 --> 00:04:37,819
Tes que acabar con De Marco.

85
00:04:37,819 --> 00:04:39,404
Iso intento, Gloria.

86
00:04:39,404 --> 00:04:42,532
Hai un procedemento
e normas que debemos seguir.

87
00:04:42,532 --> 00:04:43,700
O carallo.

88
00:04:43,700 --> 00:04:46,536
Eses cabróns non seguen ningunha norma.

89
00:04:46,536 --> 00:04:49,122
Se alguén se interpón, mátano.

90
00:04:49,622 --> 00:04:51,541
E deixas que saian coa súa.

91
00:04:53,710 --> 00:04:55,670
Necesítote, Mickey Mantle.

92
00:04:56,587 --> 00:04:59,048
Tes que logralo, estamos?

93
00:04:59,716 --> 00:05:02,677
Non deixes que sexa outra vítima máis.

94
00:05:04,178 --> 00:05:07,515
Acaba con eses fillos de puta por min.

95
00:05:50,808 --> 00:05:52,727
Síntoo, pero está en custodia.

96
00:05:52,727 --> 00:05:55,063
Intentan matalo e cre que vai escapar?

97
00:05:55,063 --> 00:05:58,316
Temos que seguir as normas.
Non é familiar, así que...

98
00:05:58,316 --> 00:06:00,234
Pero non... Que discriminación!

99
00:06:00,234 --> 00:06:04,864
Non, tratamos todas as parellas igual,
sen importar a orientación sexual,

100
00:06:04,864 --> 00:06:07,283
pero non está casado co paciente.

101
00:06:07,283 --> 00:06:09,410
Perdoe, son o avogado do paciente.

102
00:06:09,410 --> 00:06:12,455
Entenderá que o señor Lyons
está preocupado.

103
00:06:12,455 --> 00:06:16,209
Si, prometo que os informarán
en canto haxa novidades.

104
00:06:16,209 --> 00:06:20,129
Agora o único que lles podo dicir
é que o están operando.

105
00:06:20,129 --> 00:06:22,006
Por favor, senten.

106
00:06:22,006 --> 00:06:24,717
Claro, moitas grazas pola axuda. Ven.

107
00:06:26,052 --> 00:06:26,886
Non ten xeito.

108
00:06:26,886 --> 00:06:28,679
Fai o seu traballo, David.

109
00:06:28,679 --> 00:06:34,602
Non. Como poden apuñalar a Julian
e que non haxa ninguén que o deteña?

110
00:06:36,396 --> 00:06:38,731
Mickey, puido morrer.

111
00:06:38,731 --> 00:06:40,775
Aínda pode morrer. Julian...

112
00:06:41,984 --> 00:06:45,196
- Enténdelo?
- Si, e penso descubrir que pasou.

113
00:06:45,196 --> 00:06:47,073
Xa o estou investigando.

114
00:06:48,908 --> 00:06:50,827
Dixeches que ía estar a salvo.

115
00:06:51,953 --> 00:06:53,204
E mira onde estamos.

116
00:07:02,338 --> 00:07:05,633
Caso número BA72539.

117
00:07:05,633 --> 00:07:07,468
O pobo contra McCrudden.

118
00:07:09,887 --> 00:07:12,557
BA72539.

119
00:07:13,057 --> 00:07:14,183
Está a letrada?

120
00:07:18,479 --> 00:07:22,150
Última oportunidade. BA72539.

121
00:07:22,775 --> 00:07:25,403
Á de unha, á de dúas...

122
00:07:25,403 --> 00:07:28,197
Señoría, vexo a letrada na sala.

123
00:07:28,197 --> 00:07:30,032
- Dáme un momento?
- Claro.

124
00:07:30,032 --> 00:07:32,326
Ten todo o tempo do mundo.

125
00:07:32,326 --> 00:07:35,121
Non é que teñamos nada mellor que facer.

126
00:07:36,330 --> 00:07:38,249
Lorna.

127
00:07:38,833 --> 00:07:40,042
Lorna!

128
00:07:40,042 --> 00:07:41,502
Merda.

129
00:07:41,502 --> 00:07:43,713
Estaba concentrada. Chamáronme?

130
00:07:43,713 --> 00:07:44,797
Si, tres veces.

131
00:07:47,008 --> 00:07:48,676
- Vai todo ben?
- Non.

132
00:07:48,676 --> 00:07:50,344
Apuñalaron a Julian

133
00:07:50,344 --> 00:07:52,430
e teño que ir falar coa xuíza.

134
00:07:52,430 --> 00:07:54,474
Meu Deus, síntoo moito.

135
00:07:54,474 --> 00:07:56,601
Tranquila, grazas por avisar.

136
00:07:56,601 --> 00:07:57,560
De nada.

137
00:07:57,560 --> 00:07:59,145
Por certo, que fas aquí?

138
00:08:00,062 --> 00:08:01,272
Estás de garda?

139
00:08:01,272 --> 00:08:02,523
Por desgraza.

140
00:08:02,523 --> 00:08:04,901
É unha historia longa e deprimente.

141
00:08:04,901 --> 00:08:08,362
En fin, sinto moito o do teu cliente.

142
00:08:08,362 --> 00:08:10,823
Avísame se necesitas algo.

143
00:08:11,324 --> 00:08:14,160
Queres retirar os cargos
para que poida marchar?

144
00:08:14,160 --> 00:08:15,870
- Non te pases.
- Letrada.

145
00:08:15,870 --> 00:08:17,497
Veña, acabemos.

146
00:08:22,543 --> 00:08:25,171
Perdoe. Coidado! Desculpe.

147
00:08:44,732 --> 00:08:45,816
Cisco.

148
00:08:45,816 --> 00:08:48,152
Non che podo contar nada, meu.

149
00:08:48,152 --> 00:08:51,280
Apuñalan un preso
e queres protexer o agresor?

150
00:08:51,280 --> 00:08:53,449
Non, quero conservar o traballo.

151
00:08:53,449 --> 00:08:55,701
E onte non traballei.

152
00:08:55,701 --> 00:08:58,079
Coma se non falásedes do tema.

153
00:08:58,079 --> 00:09:01,165
E vés aquí
finxindo que non escoitaches o seu nome

154
00:09:01,165 --> 00:09:03,084
vinte veces na última hora?

155
00:09:03,084 --> 00:09:04,627
Que queres?

156
00:09:11,592 --> 00:09:15,137
O meu traballo é descubrir información,
sexa como sexa.

157
00:09:15,805 --> 00:09:17,640
Ou polas boas

158
00:09:18,599 --> 00:09:19,976
ou polas malas.

159
00:09:21,227 --> 00:09:22,937
Non teño tempo

160
00:09:23,437 --> 00:09:26,399
porque o noso cliente
igual non aguanta ata mañá.

161
00:09:27,692 --> 00:09:31,153
Apelo á túa humanidade, Ramon.

162
00:09:32,113 --> 00:09:34,198
E pídoche amablemente

163
00:09:35,616 --> 00:09:37,201
que me deas un puto nome.

164
00:09:46,544 --> 00:09:48,588
Faino de novo, señor Haller.

165
00:09:49,088 --> 00:09:50,423
O que?

166
00:09:50,423 --> 00:09:52,925
Culparse por todo o que lle pasa

167
00:09:52,925 --> 00:09:54,552
a outra xente.

168
00:09:56,012 --> 00:09:56,971
Dis ti?

169
00:09:58,389 --> 00:10:02,476
Os budistas din
que por moito que doia a primeira frecha,

170
00:10:02,476 --> 00:10:06,564
a dor da segunda sempre é moito peor.

171
00:10:07,231 --> 00:10:08,899
Que é a segunda frecha?

172
00:10:09,525 --> 00:10:12,153
É coa que te disparas a ti mesmo

173
00:10:12,153 --> 00:10:14,447
para castigarte pola primeira.

174
00:10:15,364 --> 00:10:17,199
Iso tamén cho ensinou LeBron?

175
00:10:22,079 --> 00:10:24,081
Non é culpa súa, señor Haller.

176
00:10:25,166 --> 00:10:26,834
Nin o que me pasou a min.

177
00:10:30,338 --> 00:10:32,006
Oxalá o puidese crer.

178
00:10:34,050 --> 00:10:37,428
Maggie sempre me dicía
que fago cousas perigosas,

179
00:10:37,428 --> 00:10:40,056
e que algún día ía cobrar vítimas.

180
00:10:41,390 --> 00:10:43,351
Pero non fun eu a vítima.

181
00:10:44,977 --> 00:10:46,228
Fuches ti.

182
00:10:48,022 --> 00:10:51,609
Gasta moito tempo e enerxía
sentíndose culpable

183
00:10:51,609 --> 00:10:54,862
e non intentando descubrir
como ganar o caso.

184
00:10:55,905 --> 00:10:57,698
Céntrese, señor Haller.

185
00:10:59,200 --> 00:11:01,035
E non esqueza o cinto.

186
00:11:24,225 --> 00:11:27,103
ESTÁ EN ILLAMENTO ATA QUE SE DECIDAN.

187
00:11:27,103 --> 00:11:29,105
NON REVELARON A SÚA IDENTIDADE.

188
00:11:38,406 --> 00:11:41,283
Podes entrar con nós.

189
00:11:42,993 --> 00:11:43,869
Vale.

190
00:11:56,966 --> 00:12:01,512
Señoría, non pretendo ser insensible,
pero seica está pendente dun fío.

191
00:12:01,512 --> 00:12:04,140
Coido que a única opción que temos

192
00:12:04,140 --> 00:12:05,683
é declarar xuízo nulo.

193
00:12:05,683 --> 00:12:08,144
A corte agradécelle moito

194
00:12:08,144 --> 00:12:10,938
que veña expoñer as opcións,
señor Forsythe.

195
00:12:10,938 --> 00:12:13,983
Señoría, a defensa
oponse á nulidade do xuízo.

196
00:12:13,983 --> 00:12:17,236
Ata sabermos máis da súa situación,
é precipitado.

197
00:12:17,236 --> 00:12:21,532
Precipitado? Señoría,
aínda que o señor La Cosse sobreviva,

198
00:12:21,532 --> 00:12:23,534
canto tardará en recuperarse?

199
00:12:23,534 --> 00:12:26,078
Imos reter o xurado indefinidamente?

200
00:12:26,078 --> 00:12:28,873
Xuíza, non podo aseguralo, pero coido

201
00:12:28,873 --> 00:12:31,542
que quen apuñalou o meu cliente

202
00:12:31,542 --> 00:12:33,461
quere que se anule o xuízo.

203
00:12:33,461 --> 00:12:35,629
Que? O meu nabo!

204
00:12:35,629 --> 00:12:39,383
Señor Bishop,
compórtese neste despacho, estamos?

205
00:12:39,383 --> 00:12:40,968
Síntoo, señoría,

206
00:12:40,968 --> 00:12:43,971
pero todo indica que foi un crime de odio.

207
00:12:43,971 --> 00:12:46,390
O señor La Cosse é gai.

208
00:12:46,390 --> 00:12:49,435
Por desgraza,
no cárcere hai presos de todo tipo.

209
00:12:49,435 --> 00:12:51,979
Non precisan moito para saltar.

210
00:12:51,979 --> 00:12:55,024
Sabemos quen foi o asaltante?

211
00:12:55,024 --> 00:12:58,569
Aínda non, señoría. Intento descubrilo.

212
00:12:59,236 --> 00:13:02,948
Sen pretender ser descortés,
señor Haller, esta é a realidade.

213
00:13:03,449 --> 00:13:06,118
A corte só pode esperar certo tempo.

214
00:13:06,118 --> 00:13:07,787
Talvez non é preciso.

215
00:13:07,787 --> 00:13:11,207
Levo toda a mañá no hospital,
e co seu permiso,

216
00:13:11,207 --> 00:13:15,002
cédolle a palabra á letrada Crane,
que lle dará argumentos.

217
00:13:19,340 --> 00:13:20,841
Coa venia, señoría.

218
00:13:20,841 --> 00:13:24,428
Sería un gran prexuízo
declarar o xuízo nulo,

219
00:13:24,428 --> 00:13:28,516
non só polo señor La Cosse,
senón polos contribuíntes dos Ánxeles,

220
00:13:28,516 --> 00:13:31,393
que gastaron unha fortuna neste caso.

221
00:13:31,393 --> 00:13:36,065
O señor La Cosse tamén gastou
moitos cartos na súa defensa,

222
00:13:36,065 --> 00:13:40,277
por non mencionar o gran custo físico
que lle supuxo estar no cárcere.

223
00:13:40,277 --> 00:13:43,656
Pero, sobre todo,
o equipo do señor Forsythe

224
00:13:43,656 --> 00:13:46,617
coñece a nosa estratexia da defensa

225
00:13:46,617 --> 00:13:49,787
e comezar de novo
daríalle unha inxusta vantaxe.

226
00:13:49,787 --> 00:13:52,373
A mesma vantaxe que tería a defensa,

227
00:13:52,373 --> 00:13:54,959
tamén coñecen a nosa estratexia.

228
00:13:54,959 --> 00:13:57,253
Por sorte, temos un remedio.

229
00:13:57,253 --> 00:14:01,340
O punto 43 do Regulamento Federal
de Procesamento Criminal afirma

230
00:14:01,340 --> 00:14:04,552
que é posible que o acusado estea ausente.

231
00:14:04,552 --> 00:14:07,263
Malia que a miúdo é por mal comportamento

232
00:14:07,263 --> 00:14:08,597
ou por escolla del,

233
00:14:08,597 --> 00:14:11,767
non hai nada que nos impida
aplicar esa norma.

234
00:14:11,767 --> 00:14:14,854
Si, e a Sección 977
do Código Penal de California,

235
00:14:14,854 --> 00:14:17,815
que é pola que se rexen
os xuízos neste estado,

236
00:14:17,815 --> 00:14:20,943
di que o acusado
debe estar presente no xuízo

237
00:14:20,943 --> 00:14:24,488
a non ser
que renuncie a ese dereito por escrito,

238
00:14:24,488 --> 00:14:27,867
algo que, evidentemente,
La Cosse non pode facer.

239
00:14:27,867 --> 00:14:32,746
Aquí ten xurisprudencia,
incluíndo California,

240
00:14:32,746 --> 00:14:35,457
onde non estivo presente o acusado.

241
00:14:35,457 --> 00:14:37,626
Señoría, malia a xurisprudencia,

242
00:14:37,626 --> 00:14:41,714
seguir con este xuízo
mentres o señor La Cosse está en quirófano

243
00:14:41,714 --> 00:14:45,467
é permitirlle á defensa que repita o xuízo

244
00:14:45,467 --> 00:14:46,886
en caso de condena.

245
00:14:46,886 --> 00:14:49,555
Que é o que declarar a nulidade do xuízo

246
00:14:49,555 --> 00:14:52,141
suporía para a acusación, señoría.

247
00:14:54,518 --> 00:14:57,229
Ben, parece que estamos nun punto morto.

248
00:14:57,229 --> 00:15:00,900
Expuxeron boas razóns que debo considerar.

249
00:15:00,900 --> 00:15:03,694
Direilles a decisión despois de comer.

250
00:15:03,694 --> 00:15:07,364
Se non lles importa,
quero tomar o té en paz.

251
00:15:07,364 --> 00:15:09,533
- Grazas.
- Grazas, señoría.

252
00:15:17,458 --> 00:15:19,543
Non tiñas gravatas limpas?

253
00:15:26,592 --> 00:15:27,426
David.

254
00:15:29,428 --> 00:15:31,180
Familia do señor La Cosse?

255
00:15:31,180 --> 00:15:32,097
Si.

256
00:15:32,598 --> 00:15:36,185
A boa nova é que está vivo,
pero segue en quirófano.

257
00:15:36,185 --> 00:15:37,144
É moi grave?

258
00:15:37,144 --> 00:15:39,480
Complicouse máis do esperado.

259
00:15:39,480 --> 00:15:41,190
Perdeu moito sangue.

260
00:15:41,190 --> 00:15:43,651
Tiña laceracións graves nun ril.

261
00:15:43,651 --> 00:15:45,861
Por desgraza, tivemos que extirpalo.

262
00:15:45,861 --> 00:15:46,904
Mi ma.

263
00:15:46,904 --> 00:15:49,323
Paróuselle o corazón, pero reanimámolo

264
00:15:49,323 --> 00:15:51,700
e puidemos seguir operando.

265
00:15:51,700 --> 00:15:52,993
Vai sobrevivir?

266
00:15:53,619 --> 00:15:56,622
É difícil sabelo,
pero facemos todo o posible.

267
00:15:56,622 --> 00:15:59,833
Dareilles máis novidades en canto as teña.

268
00:16:00,376 --> 00:16:02,419
Grazas, doutora. De veras.

269
00:16:02,920 --> 00:16:03,837
Grazas.

270
00:16:11,929 --> 00:16:13,389
Julian é forte, David.

271
00:16:14,515 --> 00:16:18,268
O cárcere debilitouno moito.
Non sei se lle quedan forzas.

272
00:16:18,268 --> 00:16:19,186
Tente a ti.

273
00:16:20,354 --> 00:16:21,730
Sabe que esperas por el.

274
00:16:21,730 --> 00:16:23,774
Si. Saberao?

275
00:16:40,791 --> 00:16:42,001
Cisco, cóntame.

276
00:16:42,001 --> 00:16:45,879
O tipo que apuñalou a Julian
chámase Lalo Vasquez.

277
00:16:46,422 --> 00:16:49,466
Está acusado de asasinato.
Non teño nada máis.

278
00:16:49,466 --> 00:16:51,885
Ten que ter relación con De Marco.

279
00:16:51,885 --> 00:16:54,722
Non sei como,
pero o caso pode depender del.

280
00:16:54,722 --> 00:16:56,724
Se hai algo, heino atopar.

281
00:16:56,724 --> 00:16:58,058
Pero levará tempo.

282
00:16:58,058 --> 00:17:00,686
- <i>Chámote cando descubra algo.</i>
- Vale.

283
00:17:17,411 --> 00:17:18,704
Está ocupado?

284
00:17:23,375 --> 00:17:24,209
Agora si.

285
00:17:28,338 --> 00:17:29,423
Como me atopaches?

286
00:17:29,923 --> 00:17:31,633
Díxome Lorna onde estabas.

287
00:17:33,844 --> 00:17:35,512
Sinto o do teu cliente.

288
00:17:36,638 --> 00:17:38,015
Vaise poñer ben?

289
00:17:39,767 --> 00:17:40,851
Non o sabemos.

290
00:17:42,686 --> 00:17:45,898
Estaba a isto de ganar o caso, Andy.

291
00:17:46,398 --> 00:17:48,567
Supoño que por iso o fixeron.

292
00:17:50,486 --> 00:17:52,529
Tes algunha proba?

293
00:17:53,113 --> 00:17:56,867
Cisco está investigando,
pero a burocracia non lle deixa.

294
00:18:02,081 --> 00:18:03,082
- Oe...
- Mira...

295
00:18:06,001 --> 00:18:08,128
Quero desculparme polo do outro día.

296
00:18:08,128 --> 00:18:11,965
Paseime, non pensei antes de abrir a boca.

297
00:18:13,342 --> 00:18:16,678
Pode que si, pero non te equivocabas.

298
00:18:16,678 --> 00:18:18,722
É un niño de serpes.

299
00:18:19,348 --> 00:18:21,391
Non debín fiarme de Vanessa.

300
00:18:22,851 --> 00:18:23,811
Eu que sei.

301
00:18:25,687 --> 00:18:28,232
Se cadra xa non quería gardar o segredo.

302
00:18:31,110 --> 00:18:34,696
É difícil
ter o destino de alguén nas mans.

303
00:18:35,197 --> 00:18:39,284
Mesmo cando non podes facer nada,
sentes que é culpa túa.

304
00:18:40,077 --> 00:18:44,164
Si, pero puiden ter feito algo
e debino ter feito.

305
00:18:44,164 --> 00:18:47,209
Veña, Andy, errar é humano.

306
00:18:47,709 --> 00:18:49,044
Tes que perdoarte.

307
00:18:50,462 --> 00:18:52,714
Debías seguir os teus propios consellos.

308
00:18:56,343 --> 00:18:59,346
Lorna díxome
que Suarez te puxo a facer gardas.

309
00:19:00,597 --> 00:19:04,309
Quero arrincar os ollos cun lapis.

310
00:19:05,394 --> 00:19:10,023
Superaralo, e el darase conta
de que desaproveita unha das mellores.

311
00:19:10,858 --> 00:19:11,984
Si, pode ser.

312
00:19:21,618 --> 00:19:22,786
Estivo ben, Andy.

313
00:19:26,415 --> 00:19:27,249
Si.

314
00:19:32,754 --> 00:19:34,673
Ambos sabemos que non funciona.

315
00:19:37,134 --> 00:19:40,345
Para min
é todo moi complicado agora mesmo.

316
00:19:40,929 --> 00:19:45,434
E creo que a ningún se lle dá moi ben
compaxinar o traballo coa vida persoal.

317
00:19:47,102 --> 00:19:49,688
Por iso non deixaches o cepillo de dentes.

318
00:19:56,570 --> 00:19:59,031
Se cadra algún día consígoo.

319
00:20:00,699 --> 00:20:01,533
Seguro.

320
00:20:02,910 --> 00:20:06,079
Créalo ou non, Haller, teño fe en ti.

321
00:20:18,717 --> 00:20:20,093
Mickey, valo acabar?

322
00:20:23,972 --> 00:20:24,973
É todo teu.

323
00:20:30,771 --> 00:20:34,024
Debería volver,
a ver se aínda hai xuízo ou non.

324
00:20:34,983 --> 00:20:36,443
Cruzo os dedos.

325
00:20:59,341 --> 00:21:00,759
Ben, estamos todos.

326
00:21:01,927 --> 00:21:05,514
É un gran dilema,
e lamento as desafortunadas circunstancias

327
00:21:05,514 --> 00:21:07,224
que nos trouxeron aquí.

328
00:21:07,224 --> 00:21:10,352
O deber do xulgado
é equilibrar ambos intereses

329
00:21:10,352 --> 00:21:12,396
dentro dos requisitos da lei.

330
00:21:12,396 --> 00:21:13,522
Polo tanto...

331
00:21:14,064 --> 00:21:15,023
Si?

332
00:21:15,023 --> 00:21:18,485
Perdoe, xuíza,
está aquí o axente James De Marco

333
00:21:18,485 --> 00:21:20,779
co seu avogado da DEA.

334
00:21:20,779 --> 00:21:24,866
Din que debían comparecer
e que o seu tempo é limitado.

335
00:21:27,327 --> 00:21:28,620
Grazas, Claire.

336
00:21:28,620 --> 00:21:32,916
Señoría, dadas as dificultades que tivemos
para citar a De Marco,

337
00:21:32,916 --> 00:21:35,335
a defensa solicita que declare.

338
00:21:35,335 --> 00:21:39,256
Que? Como?
Señoría, o acusado está ausente.

339
00:21:39,256 --> 00:21:41,550
Xa tomou unha decisión

340
00:21:41,550 --> 00:21:44,720
sobre a súa comparecencia,
pero aínda teño dúbidas

341
00:21:44,720 --> 00:21:46,930
sobre a relevancia do seu testemuño.

342
00:21:46,930 --> 00:21:48,390
É perfecto, señoría.

343
00:21:48,390 --> 00:21:51,893
Non hai xurado
ata sabermos máis sobre o meu cliente.

344
00:21:51,893 --> 00:21:53,687
Podemos oír o axente De Marco

345
00:21:53,687 --> 00:21:55,605
sen o xurado como proba.

346
00:21:55,605 --> 00:21:58,025
Así, mesmo se hai que empezar de novo,

347
00:21:58,025 --> 00:22:01,361
o tribunal pode precisar
a relevancia do seu testemuño.

348
00:22:01,361 --> 00:22:03,739
Señoría, isto é anómalo.

349
00:22:03,739 --> 00:22:06,575
Non estou preparado para interrogalo.

350
00:22:06,575 --> 00:22:08,910
Por que? Estaba citado a declarar.

351
00:22:08,910 --> 00:22:10,954
Pensaba que non se presentaría.

352
00:22:10,954 --> 00:22:12,789
Polo visto, vostede tampouco.

353
00:22:12,789 --> 00:22:16,084
Isto aforrará tempo
en caso de repetir o xuízo.

354
00:22:16,084 --> 00:22:19,296
É un uso eficiente dos recursos xudiciais.

355
00:22:21,965 --> 00:22:25,344
Miña nai sempre dicía:
"Aproveita mentres poidas."

356
00:22:25,344 --> 00:22:27,929
Se está aquí, oiamos que quere dicir.

357
00:22:27,929 --> 00:22:30,891
Tomarei logo a decisión da nulidade.

358
00:22:30,891 --> 00:22:33,060
- Grazas, señoría.
- Grazas.

359
00:22:36,563 --> 00:22:40,567
Que oportuno que De Marco apareza
cando se cadra anulan o xuízo.

360
00:22:40,567 --> 00:22:43,820
Moi oportuno. Pensa que é intocable.

361
00:22:43,820 --> 00:22:46,573
Ensínalle que non o é. Usa o vídeo

362
00:22:46,573 --> 00:22:48,950
da casa de Sterghos na refutación.

363
00:22:48,950 --> 00:22:52,120
- A ver como o xustifica.
- Non, aínda non.

364
00:22:52,120 --> 00:22:53,246
Por que?

365
00:22:53,246 --> 00:22:55,624
Ese tipo cre que pode saír coa súa.

366
00:22:55,624 --> 00:22:58,377
E vaino conseguir se non somos listos.

367
00:22:58,377 --> 00:23:01,505
Se mostramos agora o vídeo
e se anula o xuízo,

368
00:23:01,505 --> 00:23:04,049
non volverá, e o xurado non verá o vídeo.

369
00:23:04,049 --> 00:23:05,926
Pero se non o mostras

370
00:23:05,926 --> 00:23:08,762
e Forsythe
non considera relevante o testemuño,

371
00:23:08,762 --> 00:23:10,097
non volverá igual.

372
00:23:10,097 --> 00:23:13,100
Hai que correr o risco.
Confía en min, esperamos.

373
00:23:13,100 --> 00:23:15,143
Vale. Abotoa a chaqueta.

374
00:23:19,231 --> 00:23:21,066
Boa tarde, axente De Marco.

375
00:23:21,566 --> 00:23:23,026
Igualmente, letrado.

376
00:23:23,944 --> 00:23:27,864
Pode dicirnos canto tempo leva na DEA?

377
00:23:28,448 --> 00:23:32,035
- En setembro fago 23 anos.
- 23 anos son moito tempo.

378
00:23:32,994 --> 00:23:35,497
E céntrase
nos cárteis de droga estranxeiros?

379
00:23:35,497 --> 00:23:38,375
Diría que o obxectivo principal da DEA

380
00:23:38,375 --> 00:23:39,835
son os cárteis.

381
00:23:40,627 --> 00:23:41,461
Seguro.

382
00:23:42,379 --> 00:23:45,382
No transcurso
das súas investigacións de cárteis

383
00:23:45,382 --> 00:23:48,343
reparou nun home chamado Hector Moya?

384
00:23:48,343 --> 00:23:49,928
Coñezo o señor Moya, si.

385
00:23:50,554 --> 00:23:54,891
É o xefe do cártel de Tijuana.
Non é que sexa moi de fiar.

386
00:23:55,475 --> 00:23:57,644
E sabe onde está o señor Moya?

387
00:23:58,353 --> 00:24:01,565
Cumprindo condena perpetua
na prisión federal.

388
00:24:01,565 --> 00:24:05,152
Entendo. Axente De Marco, pode dicirnos

389
00:24:05,152 --> 00:24:07,654
de que coñecía a vítima, Gloria Dayton?

390
00:24:08,905 --> 00:24:10,115
Non a coñecía.

391
00:24:10,115 --> 00:24:13,952
Non? Unha testemuña dixo
que era a súa informante.

392
00:24:13,952 --> 00:24:15,454
Non é certo?

393
00:24:15,454 --> 00:24:17,289
Non, nunca a coñecín.

394
00:24:17,289 --> 00:24:20,417
Non o chamou o 3 de agosto do ano pasado

395
00:24:20,417 --> 00:24:23,712
para dicirlle que a citaran
nun caso de Hector Moya?

396
00:24:23,712 --> 00:24:27,549
Protesto. Xa se obtivo resposta
varias veces, señoría.

397
00:24:27,549 --> 00:24:28,967
Ha lugar.

398
00:24:28,967 --> 00:24:31,052
Volvamos co señor Moya.

399
00:24:31,052 --> 00:24:33,346
Sabe por que está na prisión federal?

400
00:24:33,847 --> 00:24:36,850
Detívoo a Policía nos Ánxeles

401
00:24:36,850 --> 00:24:39,978
cunha cantidade considerable
de cocaína e unha arma.

402
00:24:39,978 --> 00:24:42,814
A arma estaba relacionada cun asasinato.

403
00:24:42,814 --> 00:24:45,358
Nese momento, a DEA encargouse do caso.

404
00:24:45,358 --> 00:24:50,572
Moi ben. E condenárono a prisión perpetua
por posesión desa arma?

405
00:24:50,572 --> 00:24:52,657
Coido que si.

406
00:24:54,159 --> 00:24:56,286
Está aquí, axente De Marco,

407
00:24:56,286 --> 00:24:59,372
porque o citei eu para este caso.

408
00:24:59,372 --> 00:25:02,042
Citárono os avogados de Moya algunha vez

409
00:25:02,042 --> 00:25:04,544
no recurso habeas para anular a condena?

410
00:25:04,544 --> 00:25:05,795
É posible.

411
00:25:06,463 --> 00:25:10,258
Recibo moitas citacións.
Xestiónanas os avogados da DEA.

412
00:25:10,258 --> 00:25:12,886
Esta implicábao directamente.

413
00:25:12,886 --> 00:25:16,848
O señor Moya vai demandar
o goberno federal, incluída a DEA,

414
00:25:16,848 --> 00:25:19,267
por incriminalo na detención.

415
00:25:19,267 --> 00:25:21,603
Non sabe do caso habeas do señor Moya?

416
00:25:22,229 --> 00:25:25,982
O señor Moya é un home desesperado.
E isto son os EUA.

417
00:25:25,982 --> 00:25:29,069
Podes demandar a quen queiras,
pero pode ser mentira.

418
00:25:29,736 --> 00:25:32,948
O certo é que non tiven nada que ver
coa súa detención.

419
00:25:32,948 --> 00:25:35,825
A DEA implicouse máis adiante.

420
00:25:35,825 --> 00:25:40,121
Coma moitos presos, o señor Moya
proba a ver se nace un corvo branco.

421
00:25:40,121 --> 00:25:45,085
Moi ben. Centrándonos neste caso,
coñece o meu cliente, Julian La Cosse?

422
00:25:45,085 --> 00:25:47,170
Tivo algún trato con el?

423
00:25:47,754 --> 00:25:48,713
Non.

424
00:25:48,713 --> 00:25:53,134
E o resto de persoas deste caso?
Coñece o fiscal, o señor Forsythe?

425
00:25:53,718 --> 00:25:54,928
Non o coñezo, non.

426
00:25:54,928 --> 00:26:00,100
E o investigador do señor Forsythe,
o señor Bishop? Está aí sentado.

427
00:26:01,309 --> 00:26:02,310
Coñéceo?

428
00:26:04,479 --> 00:26:06,773
Si, un pouco.

429
00:26:08,066 --> 00:26:10,026
Desde haberá uns dez anos.

430
00:26:11,653 --> 00:26:12,571
E iso?

431
00:26:13,488 --> 00:26:15,657
Daquela el estaba na Policía.

432
00:26:15,657 --> 00:26:18,201
Coñecino nun dobre homicidio no val.

433
00:26:18,201 --> 00:26:20,078
Sospeitábase dun cártel,

434
00:26:20,078 --> 00:26:22,914
e a Policía pediulle axuda á DEA.

435
00:26:22,914 --> 00:26:26,960
Entendo. E viu ou falou
co señor Bishop desde aquela?

436
00:26:27,877 --> 00:26:29,087
Non.

437
00:26:29,087 --> 00:26:31,756
Non lle preguntou por este caso?

438
00:26:33,174 --> 00:26:34,050
Non.

439
00:26:34,050 --> 00:26:37,387
E falou con alguén deste caso?

440
00:26:37,387 --> 00:26:40,515
Non sabía deste caso ata que me citou,
señor Haller.

441
00:26:40,515 --> 00:26:42,767
Non. A resposta é non.

442
00:26:45,228 --> 00:26:46,062
Moi ben.

443
00:26:58,033 --> 00:27:02,120
Volvendo ao dobre homicidio
onde coñeceu o señor Bishop,

444
00:27:02,120 --> 00:27:05,874
aconteceu na avenida Montgomery,
preto do lago Balboa?

445
00:27:09,127 --> 00:27:14,174
Non me lembro.
Como dixen, foi hai dez anos.

446
00:27:14,174 --> 00:27:17,052
E sóalle o nome de Peter Sterghos?

447
00:27:17,636 --> 00:27:19,554
Protesto. Podemos achegarnos?

448
00:27:22,641 --> 00:27:26,269
Señoría, xa decidiu que Peter Sterghos,
sexa quen sexa,

449
00:27:26,269 --> 00:27:28,146
non vai testificar.

450
00:27:28,146 --> 00:27:31,149
O señor Haller
intenta eludir esa decisión.

451
00:27:31,149 --> 00:27:33,693
Intento establecer se a testemuña sabía

452
00:27:33,693 --> 00:27:36,071
que Peter Sterghos estaba na lista.

453
00:27:36,071 --> 00:27:39,032
Dixo que non tivo contacto
con ninguén do caso.

454
00:27:39,032 --> 00:27:41,493
Teño probas que demostran o contrario.

455
00:27:41,493 --> 00:27:45,121
Non hai probas, é un número.
Ante a inminente nulidade do...

456
00:27:45,121 --> 00:27:48,458
Decidirei eu se é un xuízo nulo ou non,
señor Forsythe.

457
00:27:49,376 --> 00:27:52,045
Señor Haller, por favor, acabe rápido.

458
00:27:52,754 --> 00:27:53,713
Si, señoría.

459
00:27:56,007 --> 00:27:58,134
Ben, axente De Marco,

460
00:27:58,134 --> 00:28:02,555
díxolle alguén que Peter Sterghos
era unha testemuña potencial do caso?

461
00:28:03,139 --> 00:28:05,558
Non, non coñezo ese nome.

462
00:28:05,558 --> 00:28:10,689
Moi ben. Pode dicirnos onde estaba
a noite do venres 17 de maio?

463
00:28:12,857 --> 00:28:15,151
Estiven toda a noite de vixilancia.

464
00:28:15,944 --> 00:28:17,570
O meu compañeiro confirmarallo.

465
00:28:18,071 --> 00:28:21,700
E estivo na avenida Montgomery,
preto do lago Balboa?

466
00:28:23,368 --> 00:28:27,372
Temo que non podo falar
de investigacións confidenciais en curso.

467
00:28:27,372 --> 00:28:29,416
Señoría, protesto de novo.

468
00:28:29,416 --> 00:28:33,503
Por que pregunta
por enderezos e datas aleatorios

469
00:28:33,503 --> 00:28:35,338
sen relación co caso?

470
00:28:35,338 --> 00:28:36,464
Ha lugar.

471
00:28:37,048 --> 00:28:39,217
Señor Haller, ten máis preguntas?

472
00:28:45,265 --> 00:28:47,267
De momento non, señoría.

473
00:28:48,768 --> 00:28:50,395
Forsythe, algunha pregunta?

474
00:28:51,146 --> 00:28:51,980
Non, señoría.

475
00:28:52,564 --> 00:28:55,108
Moi ben. Axente De Marco, pode retirarse.

476
00:28:55,108 --> 00:28:57,902
- Grazas polo seu tempo.
- De nada, señoría.

477
00:29:07,912 --> 00:29:10,790
- Mente máis do que fala.
- Dáselle moi ben.

478
00:29:25,430 --> 00:29:28,183
Señoría, a acusación reitera a obxección

479
00:29:28,183 --> 00:29:29,851
a que testifique.

480
00:29:29,851 --> 00:29:32,020
E non houbo nada relevante.

481
00:29:32,020 --> 00:29:33,605
De haber novo xuízo,

482
00:29:33,605 --> 00:29:36,107
pedimos que non se considere testemuña.

483
00:29:36,691 --> 00:29:38,818
Tomo nota, señor Forsythe.

484
00:29:38,818 --> 00:29:42,030
Señor Haller, quere dicir algo
antes de que decida?

485
00:29:49,621 --> 00:29:50,872
Señoría...

486
00:29:51,498 --> 00:29:53,750
Señoría, é do hospital.

487
00:29:53,750 --> 00:29:57,629
Antes de continuar,
pode darme dez minutos para contestar?

488
00:29:58,296 --> 00:29:59,964
Ten cinco, señor Haller.

489
00:29:59,964 --> 00:30:00,965
Grazas.

490
00:30:05,678 --> 00:30:06,846
Izzy, cóntame.

491
00:30:07,430 --> 00:30:10,058
Julian saíu do quirófano. Sobreviviu.

492
00:30:11,267 --> 00:30:12,185
Polos pelos.

493
00:30:13,102 --> 00:30:14,020
Está con David.

494
00:30:14,604 --> 00:30:15,480
Como está?

495
00:30:15,480 --> 00:30:16,648
<i>Pendura dun fío.</i>

496
00:30:16,648 --> 00:30:19,192
As próximas horas son decisivas.

497
00:30:19,192 --> 00:30:20,944
<i>Dis que está esperto?</i>

498
00:30:21,778 --> 00:30:25,281
Que? Díxenche que sobreviviu polos pelos.

499
00:30:25,281 --> 00:30:26,407
Está inconsciente.

500
00:30:26,407 --> 00:30:29,369
Izzy, necesito que me digas
que está esperto.

501
00:30:34,165 --> 00:30:36,334
Mickey, Julian está esperto.

502
00:30:36,334 --> 00:30:37,669
Grazas.

503
00:30:41,589 --> 00:30:44,342
Señoría, dixéronme que está esperto.

504
00:30:44,342 --> 00:30:45,260
Que?

505
00:30:45,260 --> 00:30:49,264
Co seu permiso, pídolle
que atrase a decisión da nulidade

506
00:30:49,264 --> 00:30:50,682
ata falar con el.

507
00:30:50,682 --> 00:30:51,599
Señoría...

508
00:30:51,599 --> 00:30:54,727
Entendo a frustración
da acusación e da sala,

509
00:30:54,727 --> 00:30:57,772
pero non sei canto tempo
pode aguantar o meu cliente.

510
00:30:57,772 --> 00:30:59,274
O tempo é primordial.

511
00:31:02,193 --> 00:31:05,154
Moi ben. Receso de 90 minutos.

512
00:31:05,154 --> 00:31:08,199
Quero a todos aquí ás 15:30 puntuais.

513
00:31:08,199 --> 00:31:09,617
Grazas, señoría.

514
00:31:10,451 --> 00:31:11,286
Vale.

515
00:31:20,420 --> 00:31:21,754
Xa sei que vas dicir.

516
00:31:25,008 --> 00:31:27,218
Ai, si? Dime logo.

517
00:31:27,218 --> 00:31:30,013
Vasme dicir que farías ti nesta situación.

518
00:31:30,013 --> 00:31:33,433
A ver,
sei que non fun o mellor pai do mundo,

519
00:31:33,433 --> 00:31:35,685
pero fun moi bo avogado.

520
00:31:36,352 --> 00:31:38,313
Entendo que queiras imitarme.

521
00:31:38,313 --> 00:31:39,898
Iso cres que fago?

522
00:31:39,898 --> 00:31:42,567
Non sei. De quen é o anel que levas?

523
00:31:46,070 --> 00:31:48,740
Transgredías todas as regras.

524
00:31:48,740 --> 00:31:51,868
- E ti non?
- Digo fóra do xulgado.

525
00:31:53,286 --> 00:31:55,705
Fago as cousas ao meu xeito, non ao teu.

526
00:31:56,581 --> 00:31:58,958
Teño a Legal se necesito outra opinión.

527
00:31:58,958 --> 00:32:00,043
Claro.

528
00:32:00,710 --> 00:32:03,880
A Legal gustáballe
ir ao límite desde o seu despacho,

529
00:32:03,880 --> 00:32:07,800
pero era eu
quen saía facer o traballo sucio.

530
00:32:08,468 --> 00:32:12,847
O certo é que quería ser tan bo coma min,
igual ca ti.

531
00:32:15,433 --> 00:32:17,352
Cres que non son tan bo?

532
00:32:18,061 --> 00:32:19,729
Creo que o imos descubrir.

533
00:32:21,272 --> 00:32:23,358
É unha decisión complicada.

534
00:32:24,150 --> 00:32:26,778
Outros avogados escaparían dela.

535
00:32:26,778 --> 00:32:29,614
A cuestión é se ti escaparás tamén ou non.

536
00:32:31,491 --> 00:32:34,285
Se de verdade queres ser tan bo coma min,

537
00:32:35,578 --> 00:32:37,747
mellor ca min,

538
00:32:39,415 --> 00:32:42,502
tes que facer o que sexa
para que o exculpen.

539
00:32:43,252 --> 00:32:46,589
O teu cliente non espera nada menos.

540
00:32:51,511 --> 00:32:52,428
<i>Slainte.</i>

541
00:33:02,063 --> 00:33:03,272
Julian está esperto?

542
00:33:04,190 --> 00:33:06,401
Non sei que queres que che diga.

543
00:33:06,401 --> 00:33:07,402
A verdade.

544
00:33:08,069 --> 00:33:10,405
Máis inconsciente que consciente.

545
00:33:11,489 --> 00:33:12,490
Como está?

546
00:33:14,200 --> 00:33:15,785
Fai o que pode.

547
00:33:17,161 --> 00:33:18,037
Xa.

548
00:33:19,622 --> 00:33:22,166
Tráesme un café? Teño que falar con el.

549
00:33:22,166 --> 00:33:23,501
- Si.
- Grazas, Izzy.

550
00:33:34,303 --> 00:33:36,264
Tiñamos que telo apreciado máis.

551
00:33:36,973 --> 00:33:37,807
O que?

552
00:33:39,183 --> 00:33:40,184
Estar san.

553
00:33:41,269 --> 00:33:42,103
Feliz.

554
00:33:44,188 --> 00:33:48,151
Nunca pensas en morrer.
Pásalles a outros, pero...

555
00:33:53,031 --> 00:33:55,950
David, non podías saber
que isto fose pasar.

556
00:33:58,119 --> 00:34:00,621
Iso é certo na nosa relación.

557
00:34:01,789 --> 00:34:03,624
Nunca pensei en arraigar.

558
00:34:04,876 --> 00:34:06,127
Non estaba planeado.

559
00:34:10,173 --> 00:34:11,257
Que pasou?

560
00:34:12,258 --> 00:34:13,384
Un accidente.

561
00:34:14,469 --> 00:34:16,345
Nada grave nin nada.

562
00:34:16,846 --> 00:34:19,891
O tipo que ía diante
freou de golpe e chocamos.

563
00:34:20,391 --> 00:34:23,811
Saíu do coche botando fume pola boca.

564
00:34:24,645 --> 00:34:27,732
Tiña a cara vermella e movía os brazos.

565
00:34:27,732 --> 00:34:31,527
Non sei.
Intentei desculparme, pero parecía inútil.

566
00:34:31,527 --> 00:34:34,280
E iso debeuno anoxar aínda máis.

567
00:34:34,280 --> 00:34:35,740
Non tes nin idea.

568
00:34:38,659 --> 00:34:42,371
Deille os datos do seguro
e intercambiamos os teléfonos.

569
00:34:42,371 --> 00:34:44,832
Aquela noite escribiume

570
00:34:44,832 --> 00:34:48,878
e pediume se podiamos quedar
para desculparse por como reaccionou.

571
00:34:51,839 --> 00:34:53,299
Fin da historia.

572
00:35:01,849 --> 00:35:05,019
David, o caso de Julian corre perigo.

573
00:35:05,728 --> 00:35:08,064
A xuíza quere declarar o xuízo nulo.

574
00:35:08,064 --> 00:35:09,732
Haberá que volver empezar.

575
00:35:09,732 --> 00:35:12,318
Julian é o único que o pode deter.

576
00:35:13,152 --> 00:35:14,695
Teño que falar con el.

577
00:35:16,072 --> 00:35:20,743
Mickey, está inconsciente.
Podes falar, pero non sei se te oirá.

578
00:35:20,743 --> 00:35:23,663
Tes que confiar en min, déixame intentalo.

579
00:35:31,462 --> 00:35:33,089
Fai o que teñas que facer.

580
00:35:42,265 --> 00:35:44,976
- Síntoo, non pode entrar.
- Son o seu avogado.

581
00:35:44,976 --> 00:35:47,061
Respéctoo, pero sigo ordes.

582
00:35:47,061 --> 00:35:49,230
Só os médicos poden ver o preso.

583
00:35:49,230 --> 00:35:52,650
Xa deixei entrar o mozo
e podería ter problemas por iso.

584
00:35:52,650 --> 00:35:56,362
Escoita atentamente, oficial Henderson.

585
00:35:56,362 --> 00:35:59,282
Ten dereito a falar co seu avogado.

586
00:35:59,282 --> 00:36:00,616
Non está esperto.

587
00:36:00,616 --> 00:36:03,244
- Es médico?
- Non, pero levo aquí...

588
00:36:03,244 --> 00:36:05,037
Queres ir ao xulgado explicar

589
00:36:05,037 --> 00:36:08,833
por que lle negaches a un home
os seus dereitos constitucionais?

590
00:36:08,833 --> 00:36:10,835
Unha vítima dun crime horrible.

591
00:36:10,835 --> 00:36:13,671
Que aconteceu baixo a vosa supervisión.

592
00:36:13,671 --> 00:36:17,466
Se é o que queres,
asegúroche que así será.

593
00:36:21,387 --> 00:36:24,348
Cinco minutos. Despois, fóra.

594
00:36:24,348 --> 00:36:25,349
Grazas.

595
00:36:25,349 --> 00:36:27,101
E quedo aquí fóra.

596
00:36:27,101 --> 00:36:28,436
Que seguro me sinto.

597
00:36:58,174 --> 00:37:00,635
Teño unha exención firmada de La Cosse,

598
00:37:00,635 --> 00:37:03,596
permítenos proceder sen estar el presente.

599
00:37:06,599 --> 00:37:09,393
Señoría, teño dúbidas.

600
00:37:09,393 --> 00:37:12,480
O que din no hospital
e no Departamento do Shériff

601
00:37:12,480 --> 00:37:15,399
é que o señor La Cosse
está en estado crítico.

602
00:37:15,399 --> 00:37:16,651
Así é, señoría,

603
00:37:16,651 --> 00:37:19,487
por iso é tan importante actuar rápido.

604
00:37:19,487 --> 00:37:21,906
Tiven sorte de estar alí naquel momento.

605
00:37:22,657 --> 00:37:26,244
Señor Forsythe,
puido ir ao hospital co señor Haller

606
00:37:26,244 --> 00:37:27,620
se tiña dúbidas.

607
00:37:27,620 --> 00:37:31,207
E señor Haller,
é un representante da xustiza.

608
00:37:31,207 --> 00:37:34,794
Se lle tomo a palabra
e descubro algunha irregularidade...

609
00:37:34,794 --> 00:37:36,963
Non necesitar tomar a miña palabra.

610
00:37:36,963 --> 00:37:38,839
Estaba a súa parella,

611
00:37:38,839 --> 00:37:41,759
e accedeu a testificar
para verificar a firma.

612
00:37:45,096 --> 00:37:46,472
Diga o seu nome.

613
00:37:46,472 --> 00:37:48,057
David Henry Lyons.

614
00:37:48,057 --> 00:37:49,267
Xura solemnemente

615
00:37:49,267 --> 00:37:52,478
que o seu testemuño ante este tribunal

616
00:37:52,478 --> 00:37:55,439
é a verdade e nada máis que a verdade?

617
00:37:55,439 --> 00:37:56,357
Xuro.

618
00:37:56,941 --> 00:37:58,651
Sente, señor Lyons.

619
00:38:02,613 --> 00:38:05,074
Señor Lyons, pode explicarnos

620
00:38:05,074 --> 00:38:07,994
a súa relación co acusado,
Julian La Cosse?

621
00:38:10,204 --> 00:38:11,539
É o amor da miña vida.

622
00:38:12,373 --> 00:38:13,874
Tecnicamente, a miña parella.

623
00:38:13,874 --> 00:38:18,045
Non casamos porque ningún dos dous
cre no matrimonio como institución,

624
00:38:19,297 --> 00:38:21,132
pero talvez cambie de opinión.

625
00:38:22,341 --> 00:38:25,636
- Canto tempo levan xuntos?
- Facemos nove anos no verán.

626
00:38:26,220 --> 00:38:28,097
Estaba con el no hospital?

627
00:38:28,681 --> 00:38:32,435
Levo con el desde que o agrediron
baixo custodia policial.

628
00:38:32,977 --> 00:38:37,315
Señor Lyons, esta exención dáme permiso

629
00:38:37,315 --> 00:38:40,609
para seguir o xuízo
sen estar Julian presente.

630
00:38:40,609 --> 00:38:42,278
Viuna antes?

631
00:38:42,987 --> 00:38:45,740
Si, ensinouma no hospital tras velo.

632
00:38:45,740 --> 00:38:48,200
E recoñece a firma ao final?

633
00:38:48,200 --> 00:38:50,328
Si, é a de Julian.

634
00:38:50,328 --> 00:38:51,996
Non é moi clara,

635
00:38:51,996 --> 00:38:54,332
pero estivo sete horas en quirófano.

636
00:38:54,332 --> 00:38:56,709
Non creo que pensase na caligrafía.

637
00:38:56,709 --> 00:38:59,587
Confirma que a firma da exención

638
00:38:59,587 --> 00:39:02,381
é a da súa parella, Julian La Cosse?

639
00:39:02,381 --> 00:39:04,550
Si, sen dúbida.

640
00:39:06,469 --> 00:39:07,636
Grazas, Sr. Lyons.

641
00:39:08,637 --> 00:39:09,597
Señor Forsythe.

642
00:39:10,097 --> 00:39:14,810
Señor Lyons, sabe cal é o castigo
por dar falso testemuño en California?

643
00:39:15,686 --> 00:39:17,021
Pois non.

644
00:39:17,021 --> 00:39:20,274
Segundo o Código Penal,
o perxurio é un delito grave

645
00:39:20,274 --> 00:39:23,444
penado con ata catro anos de cárcere.

646
00:39:24,028 --> 00:39:27,740
Agora que o sabe,
está seguro das súas respostas

647
00:39:27,740 --> 00:39:29,825
ou quere cambiar algunha?

648
00:39:30,326 --> 00:39:32,745
Non, non quero.

649
00:39:34,288 --> 00:39:36,665
Julian quere continuar, e seino

650
00:39:36,665 --> 00:39:40,294
porque mo dixo el mesmo
antes de quedar inconsciente.

651
00:39:40,294 --> 00:39:44,048
El tamén llo diría se non estivese
esposado á cama do hospital.

652
00:39:48,427 --> 00:39:49,678
Iso é todo.

653
00:39:51,806 --> 00:39:53,391
A testemuña pode retirarse.

654
00:39:57,853 --> 00:40:01,148
Hai algún argumento máis
antes de continuar coa decisión?

655
00:40:01,148 --> 00:40:03,901
Señoría, quero reiterar a miña obxección

656
00:40:03,901 --> 00:40:05,820
de seguir nesta situación.

657
00:40:05,820 --> 00:40:07,113
Pase o que pase,

658
00:40:07,113 --> 00:40:10,908
a defensa usará isto para apelar
calquera decisión desfavorable.

659
00:40:10,908 --> 00:40:15,037
Señoría, antes lembroume
que son un representante da xustiza.

660
00:40:15,037 --> 00:40:19,917
Asegúrolles a vostede e a Forsythe que,
aínda que reservo o dereito de apelar,

661
00:40:19,917 --> 00:40:22,628
non será
porque o cliente non estaba presente.

662
00:40:23,963 --> 00:40:27,675
Non podo tomarlle a palabra,
señor Haller, pero agradézollo.

663
00:40:36,183 --> 00:40:37,560
Algo que engadir?

664
00:40:38,269 --> 00:40:42,606
Señoría, quero dicir que a administración
da xustiza de forma oportuna

665
00:40:42,606 --> 00:40:45,568
sería máis xusta se o caso continuase.

666
00:40:45,568 --> 00:40:47,528
Os xulgados sosteñen

667
00:40:47,528 --> 00:40:51,449
que decisións deste tipo
recaen no criterio dos xuíces.

668
00:40:53,117 --> 00:40:55,369
Grazas por recordalo, señorita Crane.

669
00:41:02,585 --> 00:41:04,336
É unha decisión complicada,

670
00:41:05,337 --> 00:41:07,465
e hai moito que considerar.

671
00:41:08,674 --> 00:41:11,802
Pero dado que hai probas
da vontade do acusado,

672
00:41:12,845 --> 00:41:15,055
que é continuar co xuízo,

673
00:41:15,055 --> 00:41:17,725
decidín non declarar xuízo nulo.

674
00:41:18,893 --> 00:41:20,936
Alguacil, descúlpese co xurado

675
00:41:20,936 --> 00:41:24,648
e dígalles
que mañá retomamos o caso ás 9:00.

676
00:41:24,648 --> 00:41:26,150
Levántase a sesión.

677
00:41:26,150 --> 00:41:27,985
O primeiro que me ensinaches

678
00:41:27,985 --> 00:41:32,281
é que ningún xuíz quere que apelen
e o do criterio serve para todo.

679
00:41:32,281 --> 00:41:33,782
- Amén.
- Si.

680
00:41:33,782 --> 00:41:36,785
Faite un favor e tira esa gravata.

681
00:41:38,329 --> 00:41:39,246
Encántame.

682
00:41:39,246 --> 00:41:42,208
Todo é temporal. Quéimaa, Mickey.

683
00:41:52,092 --> 00:41:56,514
Non, Vasquez. Lalo Vasquez.

684
00:41:57,139 --> 00:41:59,850
Se ten algo sobre...

685
00:41:59,850 --> 00:42:00,893
Que?

686
00:42:01,685 --> 00:42:05,231
Si, espero encantado, sempre e cando non...

687
00:42:08,025 --> 00:42:08,943
Ola?

688
00:42:10,569 --> 00:42:11,487
Ola?

689
00:42:16,325 --> 00:42:19,453
Ai, ola. Mickey está no xulgado.

690
00:42:19,453 --> 00:42:21,372
Non pasa nada, búscote a ti.

691
00:42:23,165 --> 00:42:24,375
Que é iso?

692
00:42:24,375 --> 00:42:27,753
Probas da Fiscalía
do caso de Lalo Vasquez.

693
00:42:29,129 --> 00:42:30,172
Estás de broma.

694
00:42:35,886 --> 00:42:37,388
Non che traerá problemas?

695
00:42:37,388 --> 00:42:39,098
Xa houbo unha vista

696
00:42:39,098 --> 00:42:42,893
e entregáronlle todo á defensa,
así que non creo.

697
00:42:44,103 --> 00:42:46,313
A verdade, nin me importa.

698
00:42:47,147 --> 00:42:47,982
Vaia.

699
00:42:49,024 --> 00:42:53,904
Tres universitarios mortos por sobredose.
Había fentanilo na cocaína.

700
00:42:59,285 --> 00:43:00,369
Que pasa?

701
00:43:00,995 --> 00:43:02,037
Algo bo.

702
00:43:03,664 --> 00:43:06,375
Algo moi bo. Grazas.

703
00:43:06,375 --> 00:43:07,501
De nada.

704
00:43:09,295 --> 00:43:10,879
Non te afagas.

705
00:43:22,349 --> 00:43:23,726
- Que é?
- Investigación.

706
00:43:23,726 --> 00:43:28,188
Con todo o enredo de Julian,
a xuíza non decidiu nada sobre De Marco.

707
00:43:28,188 --> 00:43:30,566
- Podes volver metelo.
- Lorna.

708
00:43:30,566 --> 00:43:34,570
Que? Dixeches que o vídeo non vale de nada
se non o ve o xurado.

709
00:43:34,570 --> 00:43:37,364
Non deixará que De Marco testifique.

710
00:43:37,364 --> 00:43:39,283
Con esa actitude non.

711
00:43:39,283 --> 00:43:43,120
Mickey, en serio.
Hai que pensar como incluír o vídeo.

712
00:43:45,623 --> 00:43:46,957
Tranquila, Lorna.

713
00:43:47,541 --> 00:43:51,086
Teño unha idea mellor, véxote dentro.

714
00:43:59,178 --> 00:44:00,304
Podo sentar?

715
00:44:04,767 --> 00:44:06,852
Teño algo que ensinarche.

716
00:44:07,936 --> 00:44:10,731
Gárdao para quen lle importe.

717
00:44:11,398 --> 00:44:12,858
Creo que ese es ti.

718
00:44:14,777 --> 00:44:16,195
Estás cheo, non?

719
00:44:16,987 --> 00:44:18,155
Cheo de que?

720
00:44:23,452 --> 00:44:24,453
Reprodúceo.

721
00:44:40,344 --> 00:44:42,304
Coincidirás en que é grave.

722
00:44:47,976 --> 00:44:49,645
Non entrei con el.

723
00:44:51,355 --> 00:44:52,648
Non é o que parece.

724
00:44:52,648 --> 00:44:54,775
É xusto o que parece.

725
00:44:55,442 --> 00:44:58,195
Mira, Bishop, xa non me importa.

726
00:44:59,279 --> 00:45:01,782
Non me importa o voso trato de merda.

727
00:45:01,782 --> 00:45:06,078
Impórtame salvar o meu cliente
e acabar con este cabrón.

728
00:45:06,912 --> 00:45:08,163
Non é tan fácil.

729
00:45:08,163 --> 00:45:13,001
Morreu unha muller e o meu chofer.
E o meu cliente está a piques de morrer.

730
00:45:17,548 --> 00:45:20,217
Es moitas cousas, pero non es un asasino.

731
00:45:21,301 --> 00:45:24,888
Creo que non fondo
queres facer as cousas ben.

732
00:45:31,478 --> 00:45:32,396
Non o ensines.

733
00:45:33,689 --> 00:45:36,442
Nin no xuízo nin a ninguén.

734
00:45:40,487 --> 00:45:42,114
Iso depende, non cres?

735
00:46:05,637 --> 00:46:06,847
XUÍZA

736
00:46:06,847 --> 00:46:09,057
Haller, chame a seguinte testemuña.

737
00:46:10,517 --> 00:46:13,020
A defensa chama a Neil Bishop ao estrado.

738
00:46:27,075 --> 00:46:29,119
BASEADO NAS NOVELAS DE MICHAEL CONNELLY

739
00:48:09,094 --> 00:48:12,890
Subtítulos: María Suárez Seijas

