1
00:00:06,006 --> 00:00:08,299
- Glory Days está morta.
- Non fun eu.

2
00:00:08,299 --> 00:00:09,926
- Mira este.
- Séguea.

3
00:00:09,926 --> 00:00:12,220
O home do chapeu era Neil Bishop.

4
00:00:12,220 --> 00:00:14,431
Non teño nada que ver co teu caso.

5
00:00:14,431 --> 00:00:17,350
O puto Sam Scales? Que fixeches desta vez?

6
00:00:17,350 --> 00:00:19,185
Todos lle sacan tallada.

7
00:00:19,185 --> 00:00:21,855
<i>Hai que sacalo, non aguanta máis.</i>

8
00:00:21,855 --> 00:00:24,399
<i>Julian está no hospital, agredírono.</i>

9
00:00:24,399 --> 00:00:27,360
Quen apuñalou o meu cliente
quere anular o xuízo.

10
00:00:27,360 --> 00:00:28,820
<i>O que apuñalou a Julian</i>

11
00:00:28,820 --> 00:00:30,822
chámase Lalo Vasquez.

12
00:00:30,822 --> 00:00:34,159
Probas da Fiscalía
do caso de Lalo Vasquez.

13
00:00:34,159 --> 00:00:36,786
James De Marco tenche controlada, non si?

14
00:00:36,786 --> 00:00:38,830
Está aquí James De Marco.

15
00:00:38,830 --> 00:00:41,416
Se está aquí, oiamos que quere dicir.

16
00:00:41,416 --> 00:00:44,544
Boa tarde, axente De Marco.
Coñece o señor Bishop?

17
00:00:44,544 --> 00:00:47,839
Desde haberá dez anos.
Coñecino nun dobre homicidio.

18
00:00:47,839 --> 00:00:50,592
- Sóalle o nome de Peter Sterghos?
- Non.

19
00:00:50,592 --> 00:00:52,844
<i>Bishop e De Marco foron á de Sterghos.</i>

20
00:00:52,844 --> 00:00:55,430
<i>Irromperon na casa
dunha testemuña potencial.</i>

21
00:00:55,430 --> 00:00:57,557
De Marco, pode retirarse, grazas.

22
00:00:57,557 --> 00:00:59,434
Dime que está esperto.

23
00:00:59,434 --> 00:01:01,019
Julian está esperto.

24
00:01:01,019 --> 00:01:03,688
Señoría, dixéronme que está esperto.

25
00:01:03,688 --> 00:01:05,648
<i>Atrase a decisión da nulidade.</i>

26
00:01:05,648 --> 00:01:08,651
<i>Tes que facer o que sexa
para que o exculpen.</i>

27
00:01:08,651 --> 00:01:11,196
Teño unha exención firmada de La Cosse,

28
00:01:11,196 --> 00:01:13,698
permítenos proceder sen estar presente.

29
00:01:13,698 --> 00:01:17,077
Usa o vídeo
da casa de Sterghos na refutación.

30
00:01:17,077 --> 00:01:19,621
Teño unha idea mellor.

31
00:01:19,621 --> 00:01:22,373
Non o ensines. Nin no xuízo nin a ninguén.

32
00:01:22,373 --> 00:01:24,959
A defensa chama a Neil Bishop ao estrado.

33
00:01:36,930 --> 00:01:41,559
{\an8}BOB'S - O GRANDE
HAMBURGUESA ORIXINAL DOBRE

34
00:01:45,647 --> 00:01:47,816
{\an8}Como que non podo ir ao partido?

35
00:01:47,816 --> 00:01:49,609
{\an8}Porque vas estar ti?

36
00:01:50,151 --> 00:01:52,112
Son as semifinais, Linda.

37
00:01:52,112 --> 00:01:55,573
Fun todas as semanas,
chovese ou tronase, sempre.

38
00:01:57,700 --> 00:01:59,786
Non. Non, Linda.

39
00:02:01,621 --> 00:02:03,373
Non, escoita.

40
00:02:03,373 --> 00:02:06,709
Non podes prohibirme ir
por estares anoxada comigo.

41
00:02:06,709 --> 00:02:08,253
Non funciona así.

42
00:02:09,254 --> 00:02:10,088
Linda?

43
00:02:10,797 --> 00:02:11,714
Ola?

44
00:02:13,675 --> 00:02:14,801
Merda.

45
00:02:23,810 --> 00:02:25,603
Arrea, ho!

46
00:02:27,689 --> 00:02:28,731
Inspector Bishop?

47
00:02:30,984 --> 00:02:32,735
Axente James De Marco, DEA.

48
00:02:34,487 --> 00:02:36,698
- Podo?
- Teño elección?

49
00:02:42,787 --> 00:02:43,621
Ai.

50
00:02:47,458 --> 00:02:48,877
De que vai isto, axente?

51
00:02:50,003 --> 00:02:53,923
É polo dobre homicidio
co que estades no lago Balboa.

52
00:02:54,424 --> 00:02:56,009
O da avenida Montgomery?

53
00:02:56,593 --> 00:02:57,510
Ese mesmo.

54
00:02:58,553 --> 00:03:01,055
Estiveron alí algúns axentes da DEA.

55
00:03:01,681 --> 00:03:05,059
Fisgaron e marcharon. Non sei nada deles.

56
00:03:05,935 --> 00:03:09,272
Agora os da DEA queredes roubarnos o caso?

57
00:03:10,982 --> 00:03:11,983
Non exactamente.

58
00:03:13,318 --> 00:03:16,196
Podo preguntar como ides co caso?

59
00:03:16,196 --> 00:03:17,947
Se hai pistas?

60
00:03:19,282 --> 00:03:20,491
Ningunha.

61
00:03:21,201 --> 00:03:24,454
Foi algo profesional.
Penso que foi un cártel.

62
00:03:24,996 --> 00:03:27,248
Os bandidos xa cruzarían a fronteira.

63
00:03:32,462 --> 00:03:36,382
Dixéronche que coller comida
do prato doutro é ser maleducado?

64
00:03:40,762 --> 00:03:44,307
Non puiden evitar
escoitar a conversa que tiveches.

65
00:03:45,975 --> 00:03:47,977
Tes problemas coa muller?

66
00:03:50,396 --> 00:03:52,398
Non é asunto teu, ho.

67
00:03:53,858 --> 00:03:54,817
Tes razón.

68
00:03:55,652 --> 00:03:59,739
Sei por experiencia persoal
que estas cousas son complicadas

69
00:04:00,782 --> 00:04:01,741
e caras.

70
00:04:05,411 --> 00:04:07,080
Se cadra podo axudar.

71
00:04:10,750 --> 00:04:13,419
Non necesito axuda,
pero grazas igualmente.

72
00:04:17,757 --> 00:04:18,633
Neil,

73
00:04:20,718 --> 00:04:22,845
creo que non me entendes ben.

74
00:04:25,473 --> 00:04:27,642
Interésache escoitarme.

75
00:04:32,897 --> 00:04:35,024
<i>Haller, chame a seguinte testemuña.</i>

76
00:04:35,024 --> 00:04:37,694
A defensa chama a Neil Bishop ao estrado.

77
00:05:01,175 --> 00:05:05,263
Xura solemnemente
que o seu testemuño ante este tribunal

78
00:05:05,263 --> 00:05:07,390
é a verdade e nada máis que a verdade?

79
00:05:07,390 --> 00:05:08,599
Xuro.

80
00:05:09,392 --> 00:05:11,269
Letrado, a súa testemuña.

81
00:05:11,269 --> 00:05:12,562
Grazas, señoría.

82
00:05:17,650 --> 00:05:21,487
Señor Bishop,
pode dicirlle ao xurado a que se dedica?

83
00:05:22,071 --> 00:05:25,283
Son investigador
da Fiscalía do condado dos Ánxeles.

84
00:05:25,283 --> 00:05:26,951
E como acabou aí?

85
00:05:28,411 --> 00:05:33,082
Estiven 18 anos na Policía dos Ánxeles
e 13 como inspector de homicidios.

86
00:05:34,417 --> 00:05:36,044
Cando iso acabou,

87
00:05:37,003 --> 00:05:39,172
fun para a Fiscalía.

88
00:05:39,672 --> 00:05:41,382
E este caso en concreto?

89
00:05:41,382 --> 00:05:43,468
Como llo asignaron?

90
00:05:48,556 --> 00:05:49,766
Ben,

91
00:05:50,600 --> 00:05:54,020
normalmente asignan os casos
de maneira aleatoria.

92
00:05:55,563 --> 00:05:58,441
Neste caso, solicitei eu que mo asignasen.

93
00:05:58,441 --> 00:06:00,360
E por que o solicitou?

94
00:06:00,360 --> 00:06:01,986
Non tiña moitos casos

95
00:06:02,820 --> 00:06:06,699
e dixéranme que era doado
traballar co fiscal William Forsythe.

96
00:06:09,327 --> 00:06:10,995
Ese é o motivo que dei.

97
00:06:13,081 --> 00:06:16,125
Insinúa que tiña
outro motivo para solicitalo?

98
00:06:18,336 --> 00:06:19,504
Si.

99
00:06:19,504 --> 00:06:21,381
E que motivo tiña?

100
00:06:23,091 --> 00:06:26,677
Quería estar no caso
para controlalo desde dentro.

101
00:06:27,178 --> 00:06:28,137
Por que?

102
00:06:29,931 --> 00:06:31,349
Porque me mandaron.

103
00:06:32,350 --> 00:06:33,601
Un supervisor?

104
00:06:35,812 --> 00:06:37,563
Non, non foi un supervisor.

105
00:06:39,065 --> 00:06:40,650
Non exactamente.

106
00:06:41,150 --> 00:06:42,276
Daquela quen?

107
00:06:43,403 --> 00:06:46,155
O axente da DEA chamado James De Marco.

108
00:06:48,533 --> 00:06:49,700
Podemos achegarnos?

109
00:06:54,747 --> 00:06:58,918
Solicito un receso de 15 minutos
para falar co meu investigador.

110
00:06:58,918 --> 00:07:02,422
Non vai poder ser,
señor Forsythe, é unha testemuña.

111
00:07:03,756 --> 00:07:06,050
Enganáronme, xuíza. Isto é...

112
00:07:06,050 --> 00:07:07,009
Quen?

113
00:07:07,009 --> 00:07:09,387
O Sr. Haller ou o seu investigador?

114
00:07:10,012 --> 00:07:11,806
Volvan aos seus postos.

115
00:07:11,806 --> 00:07:13,683
Pode continuar coa testemuña.

116
00:07:13,683 --> 00:07:14,851
Grazas, señoría.

117
00:07:30,950 --> 00:07:32,034
Señor Haller.

118
00:07:32,869 --> 00:07:35,705
Desculpe, señoría, consultaba as notas.

119
00:07:43,129 --> 00:07:45,756
ESTOU NISO.

120
00:08:09,697 --> 00:08:10,865
Xa te teño.

121
00:08:23,920 --> 00:08:25,296
Sr. Bishop, antes dixo

122
00:08:25,296 --> 00:08:28,090
que o axente De Marco
lle mandou controlar o caso.

123
00:08:28,090 --> 00:08:30,092
- É certo?
- Si.

124
00:08:30,635 --> 00:08:32,512
Díxolle por que?

125
00:08:33,387 --> 00:08:37,308
Dixo que Gloria Dayton
fora a súa informante

126
00:08:37,308 --> 00:08:40,645
e quería saber todo
sobre a investigación da súa morte.

127
00:08:41,646 --> 00:08:43,439
Señor Bishop, retrocedamos.

128
00:08:44,148 --> 00:08:47,109
Vira o vídeo de seguridade
do hotel Roosevelt

129
00:08:47,109 --> 00:08:48,528
que vimos hai uns días?

130
00:08:48,528 --> 00:08:49,654
Vira, si.

131
00:08:49,654 --> 00:08:52,448
O vídeo da noite
en que asasinaron a Gloria?

132
00:08:53,157 --> 00:08:53,991
Si.

133
00:08:53,991 --> 00:08:58,204
O director do hotel
dixo que cría que no vídeo

134
00:08:58,204 --> 00:09:01,332
a Gloria Dayton
seguíaa un home con chapeu.

135
00:09:01,332 --> 00:09:02,750
Que opina diso?

136
00:09:02,750 --> 00:09:06,462
Protesto, a testemuña
non é experta nese tema.

137
00:09:06,462 --> 00:09:10,841
Señoría, foi durante 13 anos
inspector de homicidios da Policía.

138
00:09:10,841 --> 00:09:13,511
Creo que está capacitado para analizalo.

139
00:09:14,220 --> 00:09:15,429
Non ha lugar.

140
00:09:16,973 --> 00:09:18,516
Preguntareillo de novo.

141
00:09:19,016 --> 00:09:22,603
Cre que nese vídeo
alguén segue a Gloria Dayton?

142
00:09:24,063 --> 00:09:25,064
Si.

143
00:09:25,606 --> 00:09:26,524
Por que?

144
00:09:30,236 --> 00:09:31,988
Porque a seguía eu.

145
00:09:36,242 --> 00:09:38,494
Orde. Xa.

146
00:09:39,996 --> 00:09:42,582
Está dicindo que é o home do vídeo?

147
00:09:43,082 --> 00:09:44,417
O do chapeu?

148
00:09:45,501 --> 00:09:46,335
Si.

149
00:09:46,335 --> 00:09:48,296
Por que seguía a Gloria Dayton?

150
00:09:49,547 --> 00:09:51,549
Porque mo pediu De Marco.

151
00:09:52,049 --> 00:09:55,511
O mesmo axente
que lle pediu controlar o caso?

152
00:09:56,095 --> 00:09:57,013
Si.

153
00:09:57,597 --> 00:10:00,850
Pediume que a buscase
e descubrise onde vivía.

154
00:10:00,850 --> 00:10:02,935
E díxolle por que?

155
00:10:02,935 --> 00:10:04,520
Protesto, infundado.

156
00:10:04,520 --> 00:10:06,272
Intento descubrir

157
00:10:06,272 --> 00:10:09,066
por que o señor Bishop seguía a vítima.

158
00:10:09,567 --> 00:10:11,444
Non ha lugar, que conteste.

159
00:10:13,738 --> 00:10:16,699
Dixo que Gloria Dayton
fora a súa informante

160
00:10:16,699 --> 00:10:18,409
e perdéralle o rastro.

161
00:10:18,951 --> 00:10:21,078
Tiña que falar con ela sobre algo.

162
00:10:21,078 --> 00:10:22,955
E como a atopou?

163
00:10:23,581 --> 00:10:25,583
De Marco deume unha foto.

164
00:10:26,083 --> 00:10:27,752
Sabía que era acompañante.

165
00:10:28,252 --> 00:10:31,589
Atopeina en Internet
na páxina de Julian La Cosse.

166
00:10:31,589 --> 00:10:35,426
Utilizaba un nome diferente:
Giselle Dallinger.

167
00:10:36,010 --> 00:10:37,261
E que fixo logo?

168
00:10:38,929 --> 00:10:40,806
Pedín unha cita con ela.

169
00:10:44,852 --> 00:10:47,063
<i>Primeiro fun ao hotel Roosevelt.</i>

170
00:10:48,397 --> 00:10:50,566
<i>Rexistreime cun nome falso.</i>

171
00:10:59,825 --> 00:11:01,285
<i>Cando entraba no cuarto</i>

172
00:11:01,285 --> 00:11:05,331
<i>vin que había un mozo cun carriño
petando na porta de en fronte.</i>

173
00:11:09,085 --> 00:11:11,754
<i>Parecía que a xente marchaba do hotel?</i>

174
00:11:12,254 --> 00:11:13,339
<i>Si.</i>

175
00:11:23,474 --> 00:11:26,477
<i>Cando saíron,
conseguín manter a porta aberta.</i>

176
00:11:26,477 --> 00:11:29,355
<i>En canto marcharon, entrei no seu cuarto.</i>

177
00:11:29,855 --> 00:11:31,399
<i>Por que entrou nese cuarto?</i>

178
00:11:33,818 --> 00:11:37,071
Antes de estar en Homicidios,
traballei en Antivicio.

179
00:11:37,571 --> 00:11:40,574
Sei como fan as prostitutas
para que non as collan.

180
00:11:41,075 --> 00:11:45,246
Supuxen que Giselle Dallinger
mandaría que me chamasen ao hotel.

181
00:11:46,914 --> 00:11:49,333
<i>Era para confirmar que non era poli.</i>

182
00:12:01,804 --> 00:12:04,765
<i>Decidín reservar a cita desde ese cuarto</i>

183
00:12:04,765 --> 00:12:06,475
<i>e usar o seu nome.</i>

184
00:12:07,560 --> 00:12:09,562
Non o entendo.

185
00:12:09,562 --> 00:12:12,523
Se o axente quería atopar a informante,

186
00:12:12,523 --> 00:12:15,109
por que se molestou tanto en agocharse?

187
00:12:16,402 --> 00:12:18,779
Porque todo se pode rastrexar.

188
00:12:20,072 --> 00:12:22,324
E non quería que me salpicase nada.

189
00:12:23,701 --> 00:12:26,412
Quería protexerme, nada máis.

190
00:12:28,998 --> 00:12:31,292
Vale. E que pasou despois?

191
00:12:31,917 --> 00:12:34,336
<i>Reservei a cita para aquela noite.</i>

192
00:12:35,045 --> 00:12:37,840
<i>Uns minutos despois chamáronme.</i>

193
00:12:37,840 --> 00:12:39,133
<i>Como imaxinaba.</i>

194
00:12:46,432 --> 00:12:47,266
Diga?

195
00:12:49,393 --> 00:12:51,145
Si, son Daniel Price.

196
00:12:54,231 --> 00:12:56,150
Exacto, cuarto 837.

197
00:12:57,777 --> 00:12:59,195
Logo saín do hotel.

198
00:13:00,654 --> 00:13:02,072
Volvín sobre as 21:00.

199
00:13:02,573 --> 00:13:04,658
E que fixo cando volveu?

200
00:13:05,242 --> 00:13:07,161
<i>Esperei por ela no recibidor.</i>

201
00:13:08,162 --> 00:13:10,956
<i>Levaba un chapeu
para que non lle visen a cara?</i>

202
00:13:11,457 --> 00:13:12,291
<i>Si.</i>

203
00:13:13,584 --> 00:13:18,255
Señor Bishop, sospeitaba que aquela noite
lle ía pasar algo malo

204
00:13:18,255 --> 00:13:19,840
a Gloria Dayton?

205
00:13:20,341 --> 00:13:24,345
É o motivo polo que agochou a cara
e cubriu as súas pegadas?

206
00:13:25,429 --> 00:13:28,766
Non, non sospeitaba nada en concreto.

207
00:13:29,767 --> 00:13:32,603
Supoño que tiña un presentimento.

208
00:13:33,229 --> 00:13:35,147
Quería tomar precaucións.

209
00:13:37,525 --> 00:13:39,193
Ben. E esperou.

210
00:13:39,860 --> 00:13:42,029
A señorita Dayton chegou á hora?

211
00:13:42,947 --> 00:13:43,781
<i>Si.</i>

212
00:13:44,323 --> 00:13:47,535
<i>Entenda que nunca a vira en persoa.</i>

213
00:13:47,535 --> 00:13:49,411
<i>Só tiña a foto.</i>

214
00:13:50,162 --> 00:13:53,165
<i>Pero estaba claro: era a mesma muller.</i>

215
00:13:57,044 --> 00:14:00,089
<i>Colleu o ascensor ata o cuarto 837,</i>

216
00:14:00,089 --> 00:14:02,299
<i>pero sabía que non había ninguén.</i>

217
00:14:02,967 --> 00:14:05,344
Esperou no recibidor ata que baixou?

218
00:14:06,470 --> 00:14:07,346
Si.

219
00:14:14,311 --> 00:14:19,608
Ola. Pode dicirme se no cuarto 837
hai un tal Daniel Price?

220
00:14:19,608 --> 00:14:22,278
Síntoo, non damos
información dos hóspedes.

221
00:14:22,278 --> 00:14:26,699
Xa, enténdoo,
pero teño unha cita co señor Price.

222
00:14:26,699 --> 00:14:29,577
Se cadra non me oíu petar.

223
00:14:29,577 --> 00:14:33,163
Síntoo, pode usar o teléfono
para chamar ao cuarto.

224
00:14:34,039 --> 00:14:39,128
Vale, e pode dicirme polo menos
se hai alguén nese cuarto?

225
00:14:41,755 --> 00:14:42,798
Grazas.

226
00:14:43,716 --> 00:14:46,719
Non hai ningún hóspede no cuarto 837.

227
00:14:46,719 --> 00:14:49,597
Podo facer
algo máis por vostede, señorita?

228
00:14:49,597 --> 00:14:51,265
Non, grazas.

229
00:14:51,265 --> 00:14:53,392
Xa fixo abondo.

230
00:14:57,938 --> 00:15:00,024
<i>Levanteime cando foi cara á porta,</i>

231
00:15:01,483 --> 00:15:03,360
<i>pero deu media volta.</i>

232
00:15:09,491 --> 00:15:11,827
Necesito que me valide o aparcamento.

233
00:15:16,707 --> 00:15:17,791
Boa noite.

234
00:15:27,426 --> 00:15:29,929
<i>Cando marchou, seguina.</i>

235
00:15:32,932 --> 00:15:34,475
E que fixo despois?

236
00:15:35,225 --> 00:15:37,353
Tiña o coche aparcado na rúa.

237
00:15:39,521 --> 00:15:40,481
Grazas.

238
00:15:45,444 --> 00:15:48,155
<i>Subín e esperei
a que lle entregasen o coche.</i>

239
00:15:50,616 --> 00:15:52,910
<i>E seguiuna ata onde vivía?</i>

240
00:15:54,453 --> 00:15:55,287
<i>Si.</i>

241
00:16:00,542 --> 00:16:01,710
Ben, inspector...

242
00:16:01,710 --> 00:16:03,212
Haller, un momento.

243
00:16:03,212 --> 00:16:04,922
Xurado, desculpen.

244
00:16:04,922 --> 00:16:08,050
Acabamos de empezar,
pero debo atender un asunto.

245
00:16:08,050 --> 00:16:10,803
Imos facer un pequeno receso.

246
00:16:10,803 --> 00:16:14,431
Volvan á sala do xurado
e lembren a súa amoestación.

247
00:16:14,431 --> 00:16:17,518
Letrados e testemuña, queden na sala.

248
00:16:32,074 --> 00:16:35,077
Señor Bishop, ten un avogado presente?

249
00:16:36,203 --> 00:16:37,162
Non.

250
00:16:37,830 --> 00:16:42,251
Quere deter o seu testemuño
para buscar asesoramento dun avogado?

251
00:16:43,335 --> 00:16:45,671
Non, señoría, quero facer isto.

252
00:16:46,171 --> 00:16:47,715
Non cometín ningún delito.

253
00:16:49,008 --> 00:16:49,967
Está seguro?

254
00:16:53,887 --> 00:16:57,016
Si, gustaríame seguir declarando.

255
00:16:59,727 --> 00:17:00,644
Alguacil.

256
00:17:12,573 --> 00:17:14,575
Señor Bishop, póñase de pé.

257
00:17:23,542 --> 00:17:25,002
Ten unha arma?

258
00:17:26,295 --> 00:17:28,380
Teño, si.

259
00:17:29,006 --> 00:17:31,425
Entréguelle a arma ao alguacil.

260
00:17:31,425 --> 00:17:34,303
Custodiaraa ata que remate de declarar.

261
00:17:42,394 --> 00:17:46,565
Señor Bishop,
déalle a arma ao alguacil, por favor.

262
00:17:57,201 --> 00:17:58,035
Grazas.

263
00:17:58,619 --> 00:18:01,413
Tamén teño unha navalla, é un problema?

264
00:18:01,413 --> 00:18:04,333
Non, non o é. Sente, por favor.

265
00:18:05,167 --> 00:18:06,919
Pode traer o xurado.

266
00:18:09,963 --> 00:18:11,006
Julian?

267
00:18:11,006 --> 00:18:13,092
Estable, pero segue na UCI.

268
00:18:16,970 --> 00:18:18,639
{\an8}NOVIDADES?

269
00:18:35,447 --> 00:18:38,033
<i>Membros do xurado,
grazas pola súa paciencia.</i>

270
00:18:39,076 --> 00:18:40,661
Haller, continúe.

271
00:18:41,829 --> 00:18:42,913
Grazas, señoría.

272
00:18:46,125 --> 00:18:48,085
Señor Bishop, hai uns minutos

273
00:18:48,085 --> 00:18:50,796
dixo que a noite do asasinato de Gloria

274
00:18:50,796 --> 00:18:55,175
seguiuna desde o hotel Roosevelt
ata onde ela vivía.

275
00:18:55,175 --> 00:18:57,052
Pode dicirnos que pasou?

276
00:19:00,639 --> 00:19:01,723
<i>Cando cheguei,</i>

277
00:19:03,350 --> 00:19:05,269
<i>aparquei en fronte do seu piso.</i>

278
00:19:08,897 --> 00:19:11,316
<i>E mandeille o enderezo a De Marco.</i>

279
00:19:11,859 --> 00:19:14,027
Esperou a que el chegase?

280
00:19:14,695 --> 00:19:18,740
Si, pero levoulle tempo chegar.
Máis dunha hora.

281
00:19:19,741 --> 00:19:22,870
Mentres esperaba, viu entrar alguén máis?

282
00:19:23,453 --> 00:19:27,332
<i>Si, sobre as 22:45
apareceu Julian La Cosse.</i>

283
00:19:31,753 --> 00:19:32,796
<i>Si?</i>

284
00:19:32,796 --> 00:19:34,464
Son Julian, déixame pasar.

285
00:19:34,464 --> 00:19:37,843
<i>Non sabía quen era,
así que non prestei atención.</i>

286
00:19:38,510 --> 00:19:41,138
Saíu uns 15 minutos despois.

287
00:19:41,138 --> 00:19:43,223
E cando chegou De Marco?

288
00:19:43,223 --> 00:19:45,434
Uns dez minutos despois.

289
00:20:06,830 --> 00:20:08,874
<i>Preguntou se seguía dentro.</i>

290
00:20:08,874 --> 00:20:11,210
<i>Díxenlle que, polo que sabía, si.</i>

291
00:20:11,877 --> 00:20:13,629
Entrou con el?

292
00:20:14,129 --> 00:20:16,465
Non. Despois, marchei.

293
00:20:16,465 --> 00:20:18,008
Viuno entrar?

294
00:20:19,468 --> 00:20:21,720
<i>- Non puiden.
- Non puido?</i>

295
00:20:28,060 --> 00:20:31,438
<i>Non entrou por diante
para non chamar polo interfono.</i>

296
00:20:33,815 --> 00:20:37,694
<i>Foi polo lado do edifico.
Despois non puiden velo.</i>

297
00:20:38,320 --> 00:20:41,531
E sabe por que foi por un lado?

298
00:20:41,531 --> 00:20:43,617
Protesto, especulación.

299
00:20:43,617 --> 00:20:46,286
Señoría, pido a opinión da testemuña.

300
00:20:46,954 --> 00:20:47,829
Non ha lugar.

301
00:20:49,039 --> 00:20:50,249
Non sabía seguro,

302
00:20:51,333 --> 00:20:52,751
pero había unha cámara

303
00:20:52,751 --> 00:20:56,797
<i>na porta principal.
Ao ir polo lado, evitábala.</i>

304
00:20:57,714 --> 00:21:01,593
E unha hora despois
atoparon morta a Gloria Dayton, correcto?

305
00:21:04,388 --> 00:21:05,305
Si.

306
00:21:09,351 --> 00:21:12,104
Señor Bishop, pregúntollo unha vez máis.

307
00:21:13,021 --> 00:21:16,858
Tiña algunha idea de que Gloria Dayton
ía morrer aquela noite?

308
00:21:19,486 --> 00:21:20,445
Non.

309
00:21:22,406 --> 00:21:23,407
De sabelo...

310
00:21:24,866 --> 00:21:25,784
Que?

311
00:21:29,329 --> 00:21:30,247
Non sei.

312
00:21:32,207 --> 00:21:33,875
Non sei que tería feito.

313
00:21:34,751 --> 00:21:36,670
Preguntareillo doutra maneira.

314
00:21:36,670 --> 00:21:40,674
Que cre que pasou
cando apareceu o axente De Marco?

315
00:21:42,843 --> 00:21:43,760
Non o sei.

316
00:21:44,678 --> 00:21:47,514
Cando chegou, pregunteille que pasaba.

317
00:21:48,265 --> 00:21:49,224
Díxenlle...

318
00:21:49,975 --> 00:21:52,269
que non quería ter nada que ver

319
00:21:52,269 --> 00:21:54,563
se lle pasaba algo a esa rapaza.

320
00:21:55,689 --> 00:21:56,857
Pero dixo...

321
00:21:56,857 --> 00:21:59,735
Neil, só quero falar con ela. Xúrocho.

322
00:21:59,735 --> 00:22:02,821
Falar de que? Arrisco o puto pescozo.

323
00:22:02,821 --> 00:22:05,449
Chamoume hai unha semana
dun número oculto.

324
00:22:05,449 --> 00:22:07,993
- E?
- Dixo que a citaron.

325
00:22:07,993 --> 00:22:08,994
Un caso civil.

326
00:22:08,994 --> 00:22:12,581
Un avogado intenta sacar do cárcere
o cabrón dun cártel.

327
00:22:12,581 --> 00:22:17,085
Asustouse e teño que calmala un pouco,
nada máis.

328
00:22:17,753 --> 00:22:21,381
Sabes como son os acusóns,
téñenlles medo á súa sombra.

329
00:22:24,885 --> 00:22:26,887
Mira, non te preocupes.

330
00:22:27,387 --> 00:22:29,556
Grazas por axudarme.

331
00:22:30,432 --> 00:22:31,558
Non o esquecerei.

332
00:22:33,268 --> 00:22:35,228
Agora vai á casa e durme, si?

333
00:22:37,773 --> 00:22:38,940
Tes moi mala pinta.

334
00:23:13,934 --> 00:23:15,060
<i>E marchei.</i>

335
00:23:16,395 --> 00:23:18,522
Non sei que pasou despois.

336
00:23:58,353 --> 00:23:59,563
Merda.

337
00:24:31,845 --> 00:24:33,096
Merda.

338
00:24:37,726 --> 00:24:40,896
Señor Bishop,
necesito que aclare unha cousa.

339
00:24:40,896 --> 00:24:44,483
Por que facía todo iso
para o axente De Marco?

340
00:24:48,653 --> 00:24:49,738
Porque...

341
00:24:52,657 --> 00:24:54,326
me tiña controlado.

342
00:24:56,119 --> 00:24:57,204
Tíñame pillado.

343
00:24:57,871 --> 00:24:58,955
A que se refire?

344
00:25:01,875 --> 00:25:04,669
Hai dez anos, cando era inspector,

345
00:25:05,295 --> 00:25:06,922
traballei nun dobre homicidio.

346
00:25:07,964 --> 00:25:09,466
Dous narcos mortos.

347
00:25:10,300 --> 00:25:12,928
Sospeitabamos do cuartel de Juárez,

348
00:25:14,054 --> 00:25:16,848
pero o caso non avanzaba,
non tiñamos pistas.

349
00:25:18,016 --> 00:25:20,810
Un día, o axente De Marco achegouse a min.

350
00:25:23,230 --> 00:25:24,523
E cometín un erro.

351
00:25:26,483 --> 00:25:27,943
<i>Mira, hai xente...</i>

352
00:25:29,069 --> 00:25:32,572
disposta a pagar moitos cartos
para que quede sen resolver.

353
00:25:34,699 --> 00:25:38,495
Dous cabróns mortos
nun caso que non vai a ningures.

354
00:25:39,371 --> 00:25:41,039
E con eses...

355
00:25:42,082 --> 00:25:43,583
problemas domésticos,

356
00:25:44,876 --> 00:25:47,379
viríanche ben os cartos para un avogado.

357
00:25:50,799 --> 00:25:52,425
Ganamos os dous, Neil.

358
00:25:54,719 --> 00:25:55,804
Os dous.

359
00:26:03,645 --> 00:26:05,063
<i>E aceptou os cartos?</i>

360
00:26:08,191 --> 00:26:09,150
Si.

361
00:26:12,070 --> 00:26:14,072
O meu fillo tiña nove anos.

362
00:26:17,117 --> 00:26:18,451
Necesitaba o seu pai.

363
00:26:20,287 --> 00:26:21,496
Non podía perdelo.

364
00:26:24,040 --> 00:26:27,294
E o meu traballo na Policía
estaba nas últimas.

365
00:26:29,129 --> 00:26:30,672
Como lembrará.

366
00:26:34,301 --> 00:26:35,844
E despois que pasou?

367
00:26:37,804 --> 00:26:40,098
Quere que lle faga un puto debuxo?

368
00:26:40,807 --> 00:26:43,643
Tíñame. Entende o que digo?

369
00:26:44,311 --> 00:26:46,146
Tiña que facer o que mandaba.

370
00:26:46,146 --> 00:26:47,355
O do hotel

371
00:26:47,355 --> 00:26:50,191
non foi a primeira vez
que me usou para algo.

372
00:26:50,191 --> 00:26:52,986
Houbo outras veces. Moitas outras.

373
00:26:53,570 --> 00:26:55,989
Tratoume coma un dos seus acusóns.

374
00:26:58,283 --> 00:27:00,201
Unha última cousa, Bishop.

375
00:27:01,036 --> 00:27:04,581
Preguntoulle a De Marco
que lle pasou a Gloria Dayton?

376
00:27:06,666 --> 00:27:09,085
Pregunteille directamente se a matara.

377
00:27:10,795 --> 00:27:13,048
Porque non quería cargar con iso.

378
00:27:15,258 --> 00:27:18,595
Dixo que cando entrou no seu piso
xa estaba morta.

379
00:27:19,846 --> 00:27:21,723
Dixo que provocou o incendio

380
00:27:21,723 --> 00:27:24,934
porque non sabía se tiña algo
que o relacionase

381
00:27:25,435 --> 00:27:27,604
e non quería que o salpicase.

382
00:27:29,147 --> 00:27:30,357
Creulle?

383
00:27:32,484 --> 00:27:33,443
Quería crerlle.

384
00:27:36,237 --> 00:27:38,365
Preguntareillo de novo, Bishop.

385
00:27:39,282 --> 00:27:40,492
Creulle?

386
00:27:46,665 --> 00:27:47,624
Non.

387
00:27:50,377 --> 00:27:51,419
Non lle crin.

388
00:27:56,091 --> 00:27:57,676
Iso é todo, señoría.

389
00:28:09,771 --> 00:28:10,855
Hostia puta.

390
00:28:25,161 --> 00:28:26,496
Que me perdoe o meu fillo.

391
00:28:29,416 --> 00:28:30,333
Non!

392
00:29:06,369 --> 00:29:07,370
Haller.

393
00:29:08,371 --> 00:29:10,331
Ei, que fas aquí?

394
00:29:10,331 --> 00:29:11,791
Buscarte.

395
00:29:13,877 --> 00:29:14,836
Estás ben?

396
00:29:17,547 --> 00:29:18,631
Que?

397
00:29:18,631 --> 00:29:22,218
Fala comigo, Mickey.
Que pasa por esa cabeza?

398
00:29:22,969 --> 00:29:24,012
Non o sei.

399
00:29:24,804 --> 00:29:27,390
- Se cadra forceino moito.
- Non.

400
00:29:28,183 --> 00:29:29,309
Era o teu traballo.

401
00:29:29,893 --> 00:29:30,852
Nada máis.

402
00:29:31,770 --> 00:29:34,355
E tiña outra arma agochada.

403
00:29:34,355 --> 00:29:37,150
Tíñao planeado desde que subiu ao estrado.

404
00:29:37,150 --> 00:29:40,278
- Púxeno eu alí.
- Debías facelo, Mickey.

405
00:29:40,820 --> 00:29:43,573
A Policía e os federais estaban metidos.

406
00:29:45,200 --> 00:29:47,368
Empezo a pensar que...

407
00:29:48,286 --> 00:29:49,662
tiñas razón.

408
00:29:50,246 --> 00:29:51,372
Sobre que?

409
00:29:52,665 --> 00:29:55,335
Todo o sistema está corrompido.

410
00:29:56,503 --> 00:29:58,379
Non te podes culpar.

411
00:29:58,379 --> 00:30:00,799
É o que me dixeches co de Deborah Glass.

412
00:30:00,799 --> 00:30:02,300
Como vai iso?

413
00:30:04,052 --> 00:30:08,264
Seica Vanessa está levando unha malleira.

414
00:30:08,765 --> 00:30:10,058
O rival é desapiadado.

415
00:30:11,226 --> 00:30:14,312
Non podo evitar querer que fracase.

416
00:30:15,438 --> 00:30:19,776
Pero o que de verdade quero
é ver a Scott Glass no cárcere.

417
00:30:21,569 --> 00:30:23,863
Malia que a Suarez xa non lle importa.

418
00:30:23,863 --> 00:30:24,823
Por que?

419
00:30:25,532 --> 00:30:26,658
Non o sabes?

420
00:30:27,242 --> 00:30:31,079
Bob Cardone é candidato a xuíz federal.

421
00:30:31,079 --> 00:30:33,832
El renunciou
e Suarez é fiscal do distrito.

422
00:30:36,000 --> 00:30:37,877
Como dixeches, todo o sistema.

423
00:30:42,215 --> 00:30:44,884
Ben, teño que ir á casa.

424
00:30:44,884 --> 00:30:47,720
Mañá estou de garda pola mañá.

425
00:30:50,431 --> 00:30:51,975
Grazas por vires.

426
00:31:02,277 --> 00:31:03,319
Sempre.

427
00:31:11,995 --> 00:31:12,912
Andy.

428
00:31:15,748 --> 00:31:16,833
Que se foda o sistema.

429
00:31:18,084 --> 00:31:21,421
Se queres encarcerar a Scott Glass,
méteo alí.

430
00:32:01,920 --> 00:32:03,546
Mira quen está esperto.

431
00:32:04,339 --> 00:32:05,632
Como estás?

432
00:32:06,799 --> 00:32:07,800
Fatal,

433
00:32:08,635 --> 00:32:09,594
pero feliz.

434
00:32:09,594 --> 00:32:11,554
Grazas polas flores.

435
00:32:11,554 --> 00:32:12,972
De nada.

436
00:32:12,972 --> 00:32:16,059
Teño algo que te poñerá aínda máis feliz.

437
00:32:16,935 --> 00:32:19,395
Retiraron oficialmente todos os cargos.

438
00:32:19,395 --> 00:32:21,022
Es libre, Julian.

439
00:32:25,652 --> 00:32:27,528
Grazas, Mickey.

440
00:32:28,446 --> 00:32:29,781
Déboche a vida.

441
00:32:29,781 --> 00:32:31,950
Débeslla aos médicos.

442
00:32:31,950 --> 00:32:35,703
Podemos recorrer
tras todo o que lle pasou a Julian?

443
00:32:36,329 --> 00:32:38,998
Ofrecerán cartos para que o esquezades,

444
00:32:38,998 --> 00:32:42,418
pero non será suficiente,
a non ser que os forcemos.

445
00:32:43,211 --> 00:32:44,587
Unha demanda?

446
00:32:45,588 --> 00:32:46,839
Se é necesario.

447
00:32:48,925 --> 00:32:50,259
Ai, Mickey.

448
00:32:51,719 --> 00:32:53,388
Non creo que poida.

449
00:32:54,305 --> 00:32:56,516
Non quero volver a un xulgado.

450
00:32:57,100 --> 00:32:58,601
Paso a paso.

451
00:32:59,268 --> 00:33:01,938
Agora descansa, xa me ocupo eu do resto.

452
00:33:01,938 --> 00:33:03,022
Vale.

453
00:33:05,984 --> 00:33:07,235
- Tranquilo.
- Xa.

454
00:33:07,777 --> 00:33:09,529
<i>Estou facendo o traslado.</i>

455
00:33:10,822 --> 00:33:12,573
Si. Vale, fareino.

456
00:33:14,283 --> 00:33:16,536
Grazas, senador, cóidese.

457
00:33:17,620 --> 00:33:18,788
Tes un minuto?

458
00:33:20,999 --> 00:33:22,250
Pois non, Freemann.

459
00:33:23,209 --> 00:33:24,877
Ando ocupado.

460
00:33:24,877 --> 00:33:27,338
Só che roubarei un minuto do teu tempo.

461
00:33:28,172 --> 00:33:29,382
Quero que saibas

462
00:33:29,382 --> 00:33:33,761
que vou acabar a semana de garda,
pero logo marcho.

463
00:33:33,761 --> 00:33:36,139
Se non queres
que o teu primeiro acto oficial

464
00:33:36,139 --> 00:33:39,809
sexa perder o caso de Scott Glass,
vasmo devolver.

465
00:33:40,393 --> 00:33:43,021
- Andrea, xa...
- Adam.

466
00:33:43,938 --> 00:33:46,024
Son a mellor que tes, e sábelo.

467
00:33:46,524 --> 00:33:48,359
Ben, fiscal do distrito,

468
00:33:49,402 --> 00:33:52,989
vai ter que despedirme
ou devolverme o caso,

469
00:33:52,989 --> 00:33:55,241
porque estou farta deste purgatorio.

470
00:33:56,659 --> 00:33:59,245
Ah, parabéns.

471
00:34:15,344 --> 00:34:16,679
Bo día, Izzy.

472
00:34:16,679 --> 00:34:17,722
Bo día.

473
00:34:19,182 --> 00:34:23,352
Estou coas contas deste mes
e hai moitos clientes que non pagaron.

474
00:34:23,352 --> 00:34:26,022
Podemos deixar de pagar os Road Saints?

475
00:34:26,022 --> 00:34:28,733
Ai, xa me afixera a Nick.

476
00:34:28,733 --> 00:34:31,027
Sabe escoller ben a auga con gas.

477
00:34:33,613 --> 00:34:35,865
Ata sabermos onde está De Marco,

478
00:34:35,865 --> 00:34:39,827
é mellor contar cos Road Saints
por se acaso. Quen non pagou?

479
00:34:39,827 --> 00:34:41,120
Sam Scales.

480
00:34:42,080 --> 00:34:43,081
Como non.

481
00:34:44,040 --> 00:34:45,708
Canto leva aí?

482
00:34:46,626 --> 00:34:48,127
Xa estaba cando cheguei.

483
00:34:49,212 --> 00:34:51,130
Está co caso de Julian.

484
00:34:52,632 --> 00:34:55,176
Afectoulle moito o que pasou.

485
00:34:56,177 --> 00:34:58,137
Díxenlle que collese vacacións.

486
00:34:58,137 --> 00:35:00,306
Dixo que se marcha, igual non volve.

487
00:35:00,306 --> 00:35:01,599
Vaia.

488
00:35:02,308 --> 00:35:04,894
Cisco está cunha pista que lle deu Andrea,

489
00:35:04,894 --> 00:35:06,562
pero a saber se abonda.

490
00:35:07,730 --> 00:35:11,275
Había moitísimo tempo
que non o vía tan mal.

491
00:35:12,485 --> 00:35:13,861
Desde o accidente.

492
00:35:15,530 --> 00:35:17,240
Lévoo a unha reunión?

493
00:35:17,907 --> 00:35:18,908
Non sei.

494
00:35:20,201 --> 00:35:22,203
Algo ten que sacalo de aí.

495
00:35:51,691 --> 00:35:52,650
Eh, rapaces.

496
00:36:01,617 --> 00:36:02,577
Ola?

497
00:36:06,706 --> 00:36:07,748
Hai alguén?

498
00:36:18,843 --> 00:36:19,719
Papá?

499
00:36:22,680 --> 00:36:25,558
Hayley? Tranquilos, é a miña filla.

500
00:36:26,309 --> 00:36:28,144
Rula, que fas aquí?

501
00:36:29,937 --> 00:36:31,397
Estrañeite moito.

502
00:36:33,316 --> 00:36:34,525
Eu máis.

503
00:36:38,154 --> 00:36:38,988
Estás ben?

504
00:36:38,988 --> 00:36:40,406
Si, e ti?

505
00:36:40,406 --> 00:36:43,993
Mamá dixo que apuñalaron o teu cliente
e que é inocente.

506
00:36:43,993 --> 00:36:46,120
E lin que buscan un axente da DEA.

507
00:36:46,120 --> 00:36:48,414
É todo unha merda.

508
00:36:50,374 --> 00:36:52,752
Si, é xusto o que é.

509
00:36:55,046 --> 00:36:56,255
Síntoo, papá.

510
00:36:57,131 --> 00:36:58,674
Por como te tratei.

511
00:37:00,009 --> 00:37:02,678
Sigo triste por Eddie,
pero non foi culpa túa.

512
00:37:04,180 --> 00:37:05,139
Ven aquí.

513
00:37:07,058 --> 00:37:08,893
Non tes que desculparte, rula.

514
00:37:10,811 --> 00:37:12,730
Alégrome de que volveses.

515
00:37:16,150 --> 00:37:19,779
E alegrarache saber
que estou pensando en deixalo.

516
00:37:20,488 --> 00:37:21,405
Deixalo?

517
00:37:22,949 --> 00:37:27,245
Si, non sei se podo seguir con isto,
Hayley.

518
00:37:28,162 --> 00:37:30,289
O sistema nunca cambia.

519
00:37:30,873 --> 00:37:33,459
Non sei se teño forzas
para seguir loitando.

520
00:37:33,459 --> 00:37:35,169
Non podes deixalo.

521
00:37:35,169 --> 00:37:36,921
Se odias o meu traballo.

522
00:37:36,921 --> 00:37:39,507
Non, papá, salvaches unha persoa inocente.

523
00:37:39,507 --> 00:37:41,509
Iso é o máis importante.

524
00:37:41,509 --> 00:37:44,136
O sistema non cambia se non o fas cambiar.

525
00:37:44,136 --> 00:37:46,639
Vale, vaia reviravolta.

526
00:37:46,639 --> 00:37:49,517
Estou pensando en seguir os teus pasos.

527
00:37:49,517 --> 00:37:53,479
O meu titor pensa que teño boas notas
para entrar nunha boa uni.

528
00:37:53,479 --> 00:37:56,899
Podo empezar en outono
porque teño moitos créditos.

529
00:37:56,899 --> 00:37:58,317
Xa á universidade?

530
00:37:58,317 --> 00:38:00,736
Si, quedará xenial no expediente.

531
00:38:00,736 --> 00:38:04,198
E se cadra algún día
entro nunha boa facultade de Dereito.

532
00:38:04,198 --> 00:38:06,909
Rula, es brillante.

533
00:38:06,909 --> 00:38:10,329
Seguro que entras
na universidade que queiras.

534
00:38:10,329 --> 00:38:13,749
Pero pode esperar o futuro?
Estrañeite moito.

535
00:38:13,749 --> 00:38:17,503
Quero que me contes o que che pasou.
E teño fame.

536
00:38:17,503 --> 00:38:19,171
Teño comida tailandesa.

537
00:38:19,672 --> 00:38:23,551
Os nosos pratos favoritos.
Podemos falar toda a noite.

538
00:38:24,176 --> 00:38:26,762
- Teño que dicirche algo.
- Que?

539
00:38:27,346 --> 00:38:29,265
Creo que quero ser fiscal.

540
00:38:29,265 --> 00:38:30,683
Oi, ho!

541
00:38:30,683 --> 00:38:32,977
- Imos ter un problema.
- Xa.

542
00:38:33,811 --> 00:38:36,355
Vou coller os pratos, agora veño.

543
00:38:52,747 --> 00:38:55,082
{\an8}CATRO MESES DESPOIS

544
00:39:19,815 --> 00:39:21,567
<i>Con esta información</i>

545
00:39:21,567 --> 00:39:24,570
<i>puiden conectar a cocaína</i>

546
00:39:24,570 --> 00:39:30,117
que Neil Bishop e James De Marco
puxeron na casa de Peter Sterghos

547
00:39:30,117 --> 00:39:33,454
coa cocaína que Amber Dell,

548
00:39:34,205 --> 00:39:39,085
unha coñecida socia das Vegas
do axente De Marco, intentou venderme.

549
00:39:39,085 --> 00:39:44,673
Tamén puiden conectar esa cocaína
coa cocaína mesturada con fentanilo

550
00:39:44,673 --> 00:39:46,967
que encarcerou a Lalo Vasquez.

551
00:39:46,967 --> 00:39:51,180
É o preso
que apuñalou o señor La Cosse no cárcere.

552
00:39:51,180 --> 00:39:53,682
E como puido conectar todo isto?

553
00:39:54,475 --> 00:39:56,685
Nos tres casos

554
00:39:56,685 --> 00:40:01,774
a cocaína viña en bolsiñas
co logotipo dunha estrela azul.

555
00:40:02,316 --> 00:40:03,609
Por que é relevante?

556
00:40:04,276 --> 00:40:05,820
O logotipo da estrela azul

557
00:40:05,820 --> 00:40:10,241
úsano exclusivamente
membros do cártel de Juárez,

558
00:40:10,241 --> 00:40:14,537
o mesmo cártel
responsable do dobre homicidio

559
00:40:14,537 --> 00:40:18,165
polo que De Marco lle pagou a Bishop
para que non resolvese.

560
00:40:19,375 --> 00:40:21,794
Tras investigar un pouco,

561
00:40:22,461 --> 00:40:25,631
resulta que o axente De Marco
tivo moito éxito

562
00:40:25,631 --> 00:40:29,468
procesando casos
relacionados co cártel de Tijuana,

563
00:40:30,511 --> 00:40:33,389
mais non presentou nin un só caso

564
00:40:33,389 --> 00:40:36,559
contra algún membro do cártel de Juárez.

565
00:40:37,977 --> 00:40:39,687
Nin un.

566
00:40:43,149 --> 00:40:44,483
Grazas, Wojciechowski.

567
00:40:47,945 --> 00:40:50,781
Deunos moito en que pensar, señor Haller.

568
00:40:52,408 --> 00:40:56,704
Chamarémolo en canto poidamos
dixerilo todo.

569
00:41:04,086 --> 00:41:05,296
Espera fóra.

570
00:41:17,057 --> 00:41:20,019
Por que non deixamos de marear o peixe?

571
00:41:21,645 --> 00:41:25,399
O que lle pasou ao meu cliente
é culpa de todos vostedes.

572
00:41:25,399 --> 00:41:27,318
Un momento, Haller.

573
00:41:28,194 --> 00:41:30,321
É unha acusación moi grave.

574
00:41:30,321 --> 00:41:34,074
Non, Adam, é un feito.
Son moitos, a verdade.

575
00:41:34,867 --> 00:41:35,868
Aquí vai un:

576
00:41:36,619 --> 00:41:39,205
De Marco, un axente da DEA condecorado,

577
00:41:39,205 --> 00:41:42,625
traballaba para o cártel máis perigoso
de todo México.

578
00:41:43,209 --> 00:41:45,127
Por iso meteu a Hector Moya,

579
00:41:45,127 --> 00:41:47,922
o líder do cártel rival, no cárcere.

580
00:41:47,922 --> 00:41:50,257
E para iso usou a Gloria Dayton.

581
00:41:50,257 --> 00:41:53,135
E logo matouna cando ameazou con falar.

582
00:41:53,135 --> 00:41:57,306
Este non foi un incidente de corrupción,
foron décadas.

583
00:41:57,306 --> 00:41:59,683
E tampouco foi só a DEA.

584
00:41:59,683 --> 00:42:02,853
O investigador da Fiscalía
era a marioneta de De Marco,

585
00:42:02,853 --> 00:42:06,232
e todo empezou
cando era policía nos Ánxeles.

586
00:42:06,232 --> 00:42:09,944
E cando todo se derrubou,
intentou asasinar o meu cliente

587
00:42:09,944 --> 00:42:12,071
diante do Departamento do Shériff.

588
00:42:12,071 --> 00:42:14,490
Todo este caso foi unha farsa.

589
00:42:15,407 --> 00:42:16,700
Desde o comezo.

590
00:42:19,286 --> 00:42:22,039
Non creo que vaian atopar
a James De Marco.

591
00:42:22,039 --> 00:42:25,292
Non creo que a DEA queira,
é moi vergoñento.

592
00:42:25,292 --> 00:42:28,420
É mellor varrer todo
para debaixo da alfombra.

593
00:42:29,046 --> 00:42:33,217
{\an8}Polo tanto, ninguén pagará
polo asasinato de Gloria Dayton

594
00:42:33,217 --> 00:42:37,513
nin polo do meu chofer, Eddie Rojas,
ou quen sabe que outros crimes.

595
00:42:40,099 --> 00:42:44,395
Pero todos vostedes van pagar por isto.

596
00:42:45,521 --> 00:42:47,523
Porque vou facer que paguen.

597
00:42:49,358 --> 00:42:50,734
O certo é

598
00:42:51,527 --> 00:42:53,862
que non quería levar isto a xuízo.

599
00:42:54,738 --> 00:42:57,741
Non sabía se aínda era capaz, pero agora?

600
00:42:59,118 --> 00:43:01,161
Agora estou desexando ir a xuízo.

601
00:43:01,912 --> 00:43:05,082
E se cren
que o meu cliente pide moitos cartos,

602
00:43:06,750 --> 00:43:07,668
esperen a ver.

603
00:43:08,377 --> 00:43:11,672
Esperen a ver que opina o xurado.
Xa saben onde estou.

604
00:43:31,400 --> 00:43:32,818
Grazas, Jess.

605
00:43:32,818 --> 00:43:33,986
De nada.

606
00:43:36,405 --> 00:43:38,449
Que pasa coa nova clienta?

607
00:43:39,408 --> 00:43:42,328
Lembras o tipo que pensou
que Eddie aparcaba coches?

608
00:43:42,328 --> 00:43:43,370
O cabrón?

609
00:43:43,370 --> 00:43:46,790
Non sabes nin a metade.
A muller pediulle o divorcio.

610
00:43:46,790 --> 00:43:49,293
El visitou todos os avogados de divorcios

611
00:43:49,293 --> 00:43:50,461
para sabotala.

612
00:43:50,461 --> 00:43:55,090
Non pode contratalos
por conflitos de intereses, e veu aquí.

613
00:43:55,090 --> 00:43:56,967
Tamén levamos divorcios?

614
00:43:57,968 --> 00:44:01,513
Non te preocupes,
porque vas quedar ti coa casa da praia.

615
00:44:01,513 --> 00:44:03,432
Que quede co Lamborghini.

616
00:44:03,432 --> 00:44:06,977
Espero que bata o coche
mentres eu bebo margaritas en Malibú.

617
00:44:06,977 --> 00:44:08,937
Fas ben. Xa te chamarei.

618
00:44:08,937 --> 00:44:09,897
Moi ben.

619
00:44:12,107 --> 00:44:15,027
O marido está forrado
e vouno deixar sen branca.

620
00:44:16,445 --> 00:44:18,656
Esa mirada asústame.

621
00:44:20,199 --> 00:44:21,408
Bo día a todos.

622
00:44:21,408 --> 00:44:23,327
Ei, boas, Mick.

623
00:44:26,538 --> 00:44:27,748
Que pasa, Izzy?

624
00:44:36,632 --> 00:44:37,633
Que pasa?

625
00:44:40,969 --> 00:44:41,804
Estás ben?

626
00:44:45,516 --> 00:44:47,101
OCULTO

627
00:44:47,101 --> 00:44:48,394
Diga?

628
00:44:50,020 --> 00:44:51,021
Señor Haller.

629
00:44:51,980 --> 00:44:53,649
Recibiches o meu regalo?

630
00:44:55,234 --> 00:44:56,110
Si.

631
00:44:56,110 --> 00:44:58,362
<i>De Marco xa non será un problema.</i>

632
00:44:58,362 --> 00:44:59,613
Para ningún.

633
00:44:59,613 --> 00:45:02,157
Entendo, pero vou ter problemas

634
00:45:02,157 --> 00:45:04,493
cos teus rivais de Juárez?

635
00:45:05,411 --> 00:45:06,620
Ocúpome eu.

636
00:45:06,620 --> 00:45:07,913
Confía en min.

637
00:45:08,914 --> 00:45:12,751
Dareilles choio abondo
que non terán tempo de preocuparse por ti.

638
00:45:14,253 --> 00:45:15,838
Espero non verte.

639
00:45:15,838 --> 00:45:18,257
Grazas pola axuda, señor Haller.

640
00:45:19,383 --> 00:45:20,384
Cóidese.

641
00:45:26,432 --> 00:45:27,349
Quen era?

642
00:45:29,017 --> 00:45:32,646
Creo que xa podemos
deixar de pagarlles aos Road Saints.

643
00:45:35,399 --> 00:45:36,608
Perdoade.

644
00:45:37,484 --> 00:45:39,069
- E ben?
- Mira o correo.

645
00:45:39,695 --> 00:45:42,656
Creo que vos vai gustar a cifra.

646
00:45:43,949 --> 00:45:45,409
Tes o que querías.

647
00:45:45,909 --> 00:45:47,703
De verdade foi así?

648
00:45:47,703 --> 00:45:49,747
<i>O sistema ten que seguir.</i>

649
00:45:50,748 --> 00:45:51,957
Vémonos.

650
00:45:54,251 --> 00:45:56,962
NEGOCIACIÓN DO ACORDO DE JULIAN LA COSSE

651
00:46:02,760 --> 00:46:05,721
Mickey, vasnos dicir que está a pasar?

652
00:46:12,019 --> 00:46:14,271
O que pasa é que ganamos.

653
00:46:16,315 --> 00:46:17,149
Hostia!

654
00:46:17,149 --> 00:46:19,610
- Cara...
- Que chea de ceros!

655
00:46:20,944 --> 00:46:23,864
Mirade, imos coller o resto do día libre.

656
00:46:29,411 --> 00:46:30,412
É certo.

657
00:46:32,748 --> 00:46:34,583
Que che dixo Julian?

658
00:46:34,583 --> 00:46:36,502
Tirou o móbil

659
00:46:36,502 --> 00:46:40,964
e dixo que David mais el
van ir comprar unha autocaravana.

660
00:46:40,964 --> 00:46:42,841
Todos temos soños.

661
00:46:42,841 --> 00:46:45,719
O meu inclúe hidromasaxes e cloro.

662
00:46:45,719 --> 00:46:49,890
Se cadra é todo posible,
porque ides recibir todos unha prima.

663
00:46:50,724 --> 00:46:52,351
Toma!

664
00:46:52,351 --> 00:46:55,062
Vaia. Grazas, Mick, que xeneroso.

665
00:46:55,062 --> 00:46:57,231
Claro, merecédelo.

666
00:46:58,023 --> 00:47:00,776
E dareille algo a Esperanza,
a nai de Eddie.

667
00:47:00,776 --> 00:47:01,777
Viralle ben.

668
00:47:01,777 --> 00:47:03,445
Sigo o teu consello.

669
00:47:03,445 --> 00:47:05,447
Vas cambiar toda a túa vida?

670
00:47:05,948 --> 00:47:07,699
Non, vou coller vacacións.

671
00:47:07,699 --> 00:47:11,411
Vou a Palm Springs
ver un partido de tenis a fin de semana.

672
00:47:11,411 --> 00:47:15,749
E despois non sei,
se cadrou vou a Baja un tempiño.

673
00:47:15,749 --> 00:47:17,793
Xa non pensas en deixalo?

674
00:47:17,793 --> 00:47:19,253
Claro que non.

675
00:47:19,253 --> 00:47:21,880
Necesito tempo para cargar as pilas.

676
00:47:21,880 --> 00:47:25,342
Terás que ocuparte do bufete
ata que eu volva.

677
00:47:25,342 --> 00:47:27,636
Non hai problema.

678
00:47:27,636 --> 00:47:30,514
Teño audiencias, casos de alcoholemia

679
00:47:30,514 --> 00:47:33,600
e o divorcio dos Schwartz
vai vento en popa.

680
00:47:33,600 --> 00:47:35,602
É malo que me gusten os divorcios?

681
00:47:35,602 --> 00:47:37,563
Tranquilo, só os frustrados.

682
00:47:37,563 --> 00:47:41,108
Colle os casos que queiras.
Non fagas o que eu non faría.

683
00:47:41,108 --> 00:47:43,026
Logo podo facer de todo?

684
00:47:45,195 --> 00:47:47,114
Vale, en serio. Por Julian.

685
00:47:47,614 --> 00:47:48,949
- Por Julian.
- Por el.

686
00:47:50,450 --> 00:47:52,119
E polos deuses da culpa.

687
00:47:52,828 --> 00:47:54,413
O xurado non.

688
00:47:55,038 --> 00:47:56,999
Os que levamos connosco.

689
00:47:59,084 --> 00:48:00,586
Os deuses da culpa.

690
00:48:01,169 --> 00:48:02,170
Deuses da culpa.

691
00:48:02,838 --> 00:48:04,381
Veña, a comer.

692
00:48:04,381 --> 00:48:05,674
Que rico!

693
00:48:21,940 --> 00:48:23,400
É confuso.

694
00:48:23,400 --> 00:48:24,693
É froita da paixón?

695
00:48:24,693 --> 00:48:25,861
Iso é, Lorna.

696
00:48:26,612 --> 00:48:28,280
Ben, teño que marchar.

697
00:48:28,280 --> 00:48:31,283
Quedade o que queirades
e cargádeo na miña conta.

698
00:48:31,283 --> 00:48:34,244
- Vereivos nunha semana ou así.
- Vale.

699
00:48:34,244 --> 00:48:36,246
- Divertídevos, quérovos.
- Abur.

700
00:48:36,246 --> 00:48:37,331
Ata logo, Mick.

701
00:50:34,573 --> 00:50:37,284
Carné, permiso e seguro, por favor.

702
00:50:37,284 --> 00:50:41,329
Claro, axente Collins,
pero por que me mandou parar?

703
00:50:41,329 --> 00:50:45,083
Non ía rápido
e todos os semáforos estaban en verde.

704
00:50:45,709 --> 00:50:47,586
Carné, permiso e seguro.

705
00:50:49,254 --> 00:50:50,130
Claro.

706
00:50:54,009 --> 00:50:55,886
Vaime dicir por que?

707
00:51:01,058 --> 00:51:02,726
Baixe do vehículo, señor.

708
00:51:02,726 --> 00:51:04,394
Anda, en serio?

709
00:51:04,394 --> 00:51:06,146
Baixe do coche, por favor.

710
00:51:08,982 --> 00:51:09,900
Moi ben.

711
00:51:10,692 --> 00:51:13,570
Que saiba que levo tres anos sen beber.

712
00:51:13,570 --> 00:51:15,947
Pode mandarme soprar se quere.

713
00:51:16,615 --> 00:51:19,785
Moi ben, alégrome. Póñase detrás do coche.

714
00:51:19,785 --> 00:51:22,496
Quere que camiñe recto
ou conte cara a atrás?

715
00:51:22,496 --> 00:51:24,623
Son avogado, coñezo os trucos.

716
00:51:24,623 --> 00:51:25,791
Aí.

717
00:51:27,250 --> 00:51:30,879
Ve por que lle mandei parar?
Non ten matrícula.

718
00:51:30,879 --> 00:51:32,380
Ai, merda.

719
00:51:34,341 --> 00:51:38,762
Aparquei no centro e debéronma roubar.

720
00:51:39,971 --> 00:51:44,893
Síntoo, axente, vale?
Póñame unha multa pola matrícula.

721
00:51:46,520 --> 00:51:48,146
Eh, señor, pare aí.

722
00:51:49,022 --> 00:51:49,856
Que?

723
00:51:50,899 --> 00:51:52,818
- É sangue?
- Que?

724
00:51:52,818 --> 00:51:53,819
Veña aquí.

725
00:51:53,819 --> 00:51:55,987
- Sangue? De que fala?
- Veña aquí.

726
00:52:06,123 --> 00:52:07,749
Señor, abra o maleteiro.

727
00:52:12,337 --> 00:52:13,547
Abra o maleteiro.

728
00:52:16,341 --> 00:52:17,175
Non.

729
00:52:17,843 --> 00:52:20,220
Póñame a multa pola matrícula.

730
00:52:20,220 --> 00:52:22,931
Non o vou abrir, non ten causa probable.

731
00:52:22,931 --> 00:52:25,308
- Queda detido.
- Por que?

732
00:52:25,308 --> 00:52:28,687
- Quede aí, xunte as mans.
- Non pode... Que fai?

733
00:52:28,687 --> 00:52:31,815
Non oíu que son avogado ou que?

734
00:52:33,066 --> 00:52:35,443
Veña aquí, pola seguridade dos dous.

735
00:52:35,443 --> 00:52:39,072
Vai sentar aquí, ao lado do meu coche.

736
00:52:40,782 --> 00:52:42,617
Quede aí, non se mova.

737
00:52:42,617 --> 00:52:44,786
Non pode abrir o maleteiro.

738
00:52:45,829 --> 00:52:48,915
Non sabe se é sangue nin se vén do coche.

739
00:52:48,915 --> 00:52:53,587
Se cadra atropelei algunha cousa.
Eh, non pode facer iso!

740
00:53:02,929 --> 00:53:04,681
- Veña, arriba.
- Contento?

741
00:53:05,640 --> 00:53:08,226
Xa lle dixen que non había nada, só...

742
00:53:30,582 --> 00:53:32,626
BASEADO NAS NOVELAS DE MICHAEL CONNELLY

743
00:55:10,890 --> 00:55:16,396
Subtítulos: María Suárez Seijas

