1
00:00:06,006 --> 00:00:07,841
Temos unha orde de rexistro.

2
00:00:07,924 --> 00:00:10,927
A orde inclúe a súa oficina
e tamén o almacén.

3
00:00:11,011 --> 00:00:12,137
Temos algo que ocultar?

4
00:00:12,220 --> 00:00:14,806
Breg non montou isto para nada.

5
00:00:14,889 --> 00:00:16,891
Espere a estar diante dun xurado.

6
00:00:16,975 --> 00:00:20,687
Creo que a fiscalía
presentou unha nova imputación.

7
00:00:20,770 --> 00:00:24,941
Asasinato en primeiro grao
con agravante por lucro económico.

8
00:00:25,025 --> 00:00:28,445
Entrégome á xustiza
e estarei listo para defenderme

9
00:00:28,528 --> 00:00:29,904
nas datas previstas.

10
00:00:32,490 --> 00:00:36,703
Cres que Gazarian mandou matar a Sam
porque descubriu que falaba co FBI?

11
00:00:36,786 --> 00:00:39,372
Se sae do estado, non podemos citalo.

12
00:00:39,456 --> 00:00:40,540
Estanse movendo.

13
00:00:40,623 --> 00:00:42,709
Vixíaos. O caso depende desa citación.

14
00:00:42,792 --> 00:00:44,961
- Cisco, onde estás?
- En Palm Springs.

15
00:00:45,045 --> 00:00:49,215
Gazarian e Jeanine movéronse.
Seguinos ata un hotel de por aquí.

16
00:00:49,299 --> 00:00:51,342
Vou ter unha vista preliminar.

17
00:00:51,426 --> 00:00:53,720
Din que matei o meu socio
para quedar co negocio.

18
00:00:53,803 --> 00:00:56,097
Pinta mal. Teñen unha testemuña.

19
00:00:56,181 --> 00:00:57,766
Eu non o fixen.

20
00:01:00,143 --> 00:01:02,145
A onde me levades? Eh!

21
00:01:02,228 --> 00:01:03,563
Eh!

22
00:01:54,656 --> 00:01:56,366
Oe.

23
00:01:56,866 --> 00:02:00,245
Eh! Ata cando me ides ter aquí?

24
00:02:00,328 --> 00:02:02,789
Eh! Sabes que non empecei a pelexa!

25
00:02:12,257 --> 00:02:16,511
Non deixan facer visitas.
Pecharon o cárcere por un motín.

26
00:02:16,594 --> 00:02:19,806
Mickey tampouco chamou.
Non lle farían dano, non?

27
00:02:19,889 --> 00:02:21,641
Se fose serio, saberiámolo.

28
00:02:21,724 --> 00:02:24,519
Estará en illamento,
desde aí non podes chamar.

29
00:02:24,602 --> 00:02:26,354
Por que o ían illar?

30
00:02:26,437 --> 00:02:28,565
Non sei, pero debemos descubrilo.

31
00:02:28,648 --> 00:02:31,860
- Chego en dez minutos.
- Si, xa llelo digo. Grazas.

32
00:02:31,943 --> 00:02:35,196
Vale. Presentei unha moción de urxencia
co xuíz Stone.

33
00:02:35,280 --> 00:02:36,239
Adiantárona.

34
00:02:36,906 --> 00:02:37,949
Como dis, Izzy?

35
00:02:38,032 --> 00:02:40,076
Tiñades que ir ás 9:00

36
00:02:40,160 --> 00:02:42,078
e dixeron que fósedes xa.

37
00:02:43,413 --> 00:02:45,915
Srta. Berg, Srta. Crane, Srta. McPherson.

38
00:02:46,457 --> 00:02:48,084
Este é o shériff Adams,

39
00:02:48,168 --> 00:02:51,296
a cargo das custodias do cárcere.

40
00:02:51,379 --> 00:02:54,424
Eles son os letrados
do Departamento do Shériff.

41
00:02:54,507 --> 00:02:57,177
Xa imos tarde. Shériff Adams,

42
00:02:57,677 --> 00:02:59,387
explique por que está aquí.

43
00:02:59,470 --> 00:03:00,597
Grazas, señoría.

44
00:03:01,848 --> 00:03:05,685
Por desgraza,
temos un problema co Sr. Haller.

45
00:03:06,186 --> 00:03:09,564
Leva desde o venres
na unidade de illamento.

46
00:03:10,565 --> 00:03:11,774
Por que?

47
00:03:11,858 --> 00:03:15,612
Foi o centro dun motín
que obrigou a pechar o cárcere.

48
00:03:15,695 --> 00:03:17,405
Está ben? Está a salvo?

49
00:03:17,488 --> 00:03:22,035
O Sr. Haller está ben,
pero quero comentar a súa seguridade.

50
00:03:22,118 --> 00:03:25,955
O noso departamento cre
que a súa presenza no cárcere

51
00:03:26,039 --> 00:03:29,083
é un perigo para el mesmo
e para outros presos.

52
00:03:29,167 --> 00:03:30,418
Que significa iso?

53
00:03:31,252 --> 00:03:34,130
En poucas palabras, non creo que poidamos…

54
00:03:35,215 --> 00:03:37,050
garantir a súa seguridade.

55
00:03:37,133 --> 00:03:39,802
Alto aí. De que está a falar?

56
00:03:39,886 --> 00:03:43,306
Fala da razón da nosa moción de urxencia.

57
00:03:43,389 --> 00:03:45,016
Hai que sacar a Haller.

58
00:03:45,099 --> 00:03:46,935
- Nin morta.
- Srta. Berg…

59
00:03:47,018 --> 00:03:51,397
Señoría, por lei
debe permanecer baixo custodia.

60
00:03:51,481 --> 00:03:54,359
E o cárcere di que non se pode encargar?

61
00:03:55,276 --> 00:03:59,530
Móvano a outra á ou a outro
dos oito cárceres que supervisan.

62
00:03:59,614 --> 00:04:02,825
Trasladalo non resolverá nada.
Non si, shériff?

63
00:04:02,909 --> 00:04:06,079
O problema non é o cárcere, son os gardas.

64
00:04:06,162 --> 00:04:09,249
O Sr. Haller colleu os gardas
por escoitar ó tapado

65
00:04:09,332 --> 00:04:11,167
e agora queren vingarse.

66
00:04:11,251 --> 00:04:12,710
É certo, shériff?

67
00:04:12,794 --> 00:04:13,628
Hai…

68
00:04:14,379 --> 00:04:16,714
problemas coa seguridade dos presos.

69
00:04:16,798 --> 00:04:19,968
Hai pouco introducín gardas
que me informan a min.

70
00:04:20,051 --> 00:04:22,387
Espías que detectan os problemáticos.

71
00:04:22,470 --> 00:04:24,514
Intentamos resolver o problema.

72
00:04:24,597 --> 00:04:28,351
Xenial. Namentres,
se o acusado está a salvo en illamento,

73
00:04:28,434 --> 00:04:30,853
que siga aí ata acabar o xuízo.

74
00:04:30,937 --> 00:04:34,190
Non fixo nada
que xustifique o confinamento solitario,

75
00:04:34,274 --> 00:04:37,277
que transgride
os seus dereitos constitucionais.

76
00:04:37,360 --> 00:04:39,821
E quen sabe se vai estar seguro aí?

77
00:04:39,904 --> 00:04:42,615
Os gardas controlan todo o cárcere.

78
00:04:42,699 --> 00:04:46,411
En calquera caso,
xa tomara unha decisión, señoría.

79
00:04:46,494 --> 00:04:49,122
Se quería manter o xuízo rápido,

80
00:04:49,205 --> 00:04:51,165
debía renunciar á fianza.

81
00:04:51,249 --> 00:04:53,584
Nós respectamos o trato,

82
00:04:53,668 --> 00:04:55,920
e a defensa quere aproveitarse…

83
00:04:56,004 --> 00:04:58,631
A defensa lamenta discrepar.

84
00:04:58,715 --> 00:05:02,677
Perdemos unha fin de semana
mentres o meu cliente estaba illado.

85
00:05:02,760 --> 00:05:05,513
Se alguén saíu ganando, foi a fiscalía.

86
00:05:05,596 --> 00:05:09,309
Supoño que foi un dos novos gardas
quen o meteu alí,

87
00:05:09,392 --> 00:05:11,769
e iso supúxolle moitas complicacións.

88
00:05:11,853 --> 00:05:13,271
Non me escuso.

89
00:05:13,354 --> 00:05:15,523
Intentan evitar unha demanda,

90
00:05:15,606 --> 00:05:18,901
que é o que vai pasar
se lle pasa algo alí dentro.

91
00:05:19,652 --> 00:05:24,324
Señoría, con respecto, pero firmeza,
a fiscalía solicita a súa liberación

92
00:05:24,407 --> 00:05:27,577
pola súa seguridade
e pola do resto de presos.

93
00:05:27,660 --> 00:05:32,290
E a fiscalía oponse con vehemencia
a esa petición inaceptable

94
00:05:32,373 --> 00:05:35,043
e insiste en que se cumpra a lei.

95
00:05:42,467 --> 00:05:43,384
Ben,

96
00:05:44,969 --> 00:05:45,928
isto é unha pu…

97
00:05:51,267 --> 00:05:52,101
Vamos.

98
00:06:28,930 --> 00:06:29,972
Estás ben?

99
00:06:32,558 --> 00:06:35,478
- Que está pasando?
- O xuíz deixoute saír.

100
00:06:35,561 --> 00:06:37,980
Berg insistiu no arresto domiciliario.

101
00:06:40,358 --> 00:06:41,734
Ese é o axente Bennett.

102
00:06:41,818 --> 00:06:45,029
Escoltarate da casa
ao xulgado todos os días.

103
00:06:45,113 --> 00:06:47,031
Non podes ir a ningures.

104
00:06:49,367 --> 00:06:50,660
Suba ao coche.

105
00:06:57,375 --> 00:06:58,835
Vémonos na casa, Mick?

106
00:07:25,945 --> 00:07:28,489
PERDÓN.

107
00:07:30,533 --> 00:07:33,369
QUÉROTE.

108
00:07:41,961 --> 00:07:44,797
OLA. QUÉROTE. ESTOU PREOCUPADA.

109
00:07:44,881 --> 00:07:45,882
Lorna.

110
00:07:47,175 --> 00:07:48,468
Ven ver isto.

111
00:07:50,928 --> 00:07:51,888
O que?

112
00:07:51,971 --> 00:07:54,849
O vídeo de seguridade
da licorería de Carter.

113
00:07:55,725 --> 00:07:57,727
Chegou a primeira hora.

114
00:07:57,810 --> 00:08:00,771
Cría que poderías desmentir
a historia de Rashad, pero…

115
00:08:02,648 --> 00:08:03,816
Ese é Rashad.

116
00:08:13,493 --> 00:08:15,703
Volve ao almacén como dixo.

117
00:08:21,000 --> 00:08:22,293
E ao pouco…

118
00:08:28,674 --> 00:08:29,884
Iso é todo.

119
00:08:30,718 --> 00:08:33,638
O tirador sabía
onde estaba a cámara e deulle.

120
00:08:33,721 --> 00:08:34,805
Carter é o dono.

121
00:08:34,889 --> 00:08:37,725
Se alguén sabe onde está a cámara, é el.

122
00:08:38,976 --> 00:08:40,603
A vista é nunhas horas.

123
00:08:40,686 --> 00:08:44,941
Talvez poida anular o testemuño de Rashad,
pero isto empeórao todo.

124
00:08:45,024 --> 00:08:49,111
Mira, non te angusties.
Temos tempo para encontrar algo.

125
00:08:49,612 --> 00:08:51,822
Irei darche apoio moral.

126
00:08:52,782 --> 00:08:53,866
Grazas, Izzy.

127
00:08:55,409 --> 00:08:56,786
Sabes algo de Cisco?

128
00:08:56,869 --> 00:08:58,162
Non.

129
00:08:58,246 --> 00:09:00,581
Chámao, muller.

130
00:09:00,665 --> 00:09:02,458
Ou mándalle unha mensaxe.

131
00:09:06,462 --> 00:09:07,380
Vale.

132
00:09:08,339 --> 00:09:09,799
PERDÓN. QUÉROTE.

133
00:09:14,220 --> 00:09:15,596
- Amor?
- Ola.

134
00:09:15,680 --> 00:09:18,849
Eu tamén te quero. Estaba moi preocupada.

135
00:09:18,933 --> 00:09:20,643
Serás idiota.

136
00:09:20,726 --> 00:09:22,895
Xa, e síntoo moito.

137
00:09:22,979 --> 00:09:26,399
Non quería mentirche
sobre o de seguir a Gazarian.

138
00:09:26,482 --> 00:09:28,693
Xa, facías o teu traballo.

139
00:09:30,069 --> 00:09:32,822
Viches os dous matóns que te mallaron?

140
00:09:32,905 --> 00:09:35,825
Non, e é raro.

141
00:09:35,908 --> 00:09:38,411
Pois eu non me queixo.

142
00:09:38,494 --> 00:09:41,872
Amor, prométoche que é seguro
e non é perigoso.

143
00:09:41,956 --> 00:09:43,916
En todo caso, é algo…

144
00:09:45,293 --> 00:09:46,377
aburrido.

145
00:09:46,460 --> 00:09:47,962
Todo o día no cuarto

146
00:09:48,045 --> 00:09:51,841
mirando como Gazarian e Jeanine
se meten na piscina.

147
00:09:51,924 --> 00:09:54,594
Volve pronto.
Winston mais eu estrañámoste.

148
00:09:54,677 --> 00:09:56,470
Si? Canto me estrañas?

149
00:09:58,389 --> 00:10:00,725
Estráñote moito,

150
00:10:00,808 --> 00:10:03,978
pero non tanto coma o meu Mini.

151
00:10:04,061 --> 00:10:05,730
Odio conducir a camioneta.

152
00:10:05,813 --> 00:10:08,190
Necesito un coxín para ver a estrada.

153
00:10:08,274 --> 00:10:09,233
Amor, escoita.

154
00:10:09,317 --> 00:10:12,278
Necesito o Mini para pasar desapercibido.

155
00:10:12,361 --> 00:10:14,405
- Vale?
- Iso dixeches da camioneta.

156
00:10:14,488 --> 00:10:17,867
Terás o coche e a min moi pronto.

157
00:10:17,950 --> 00:10:19,952
- Prométocho.
- Vale.

158
00:10:21,704 --> 00:10:25,458
Teño unha vista
e dúas horas para prepararme. Marcho.

159
00:10:25,541 --> 00:10:27,960
Dálle duro. Ti podes.

160
00:10:28,044 --> 00:10:30,212
- Quérote.
- E eu a ti, cariño.

161
00:10:30,296 --> 00:10:31,213
Chao.

162
00:10:51,734 --> 00:10:52,985
Ti que cres?

163
00:10:53,486 --> 00:10:55,404
Seguro que empeza por Drucker.

164
00:10:55,488 --> 00:10:58,574
Preparou o terreo con Collins
e Drucker remátao.

165
00:10:58,658 --> 00:11:00,409
- Iso faría eu.
- Si.

166
00:11:01,285 --> 00:11:02,411
En pé.

167
00:11:09,210 --> 00:11:10,419
Poden sentar.

168
00:11:11,796 --> 00:11:15,216
O bo é que temos moito para atacar
se Drucker decide…

169
00:11:15,299 --> 00:11:16,175
Srta. Berg.

170
00:11:17,343 --> 00:11:19,428
- Está preparada?
- Si, señoría.

171
00:11:19,512 --> 00:11:22,640
A acusación chama a Paul Russo ao estrado.

172
00:11:26,143 --> 00:11:27,061
PERITOS

173
00:11:27,144 --> 00:11:29,772
O perito en balística.
Por que empeza por el?

174
00:11:30,648 --> 00:11:34,151
E a bala que atopou no garaxe do acusado

175
00:11:34,235 --> 00:11:37,029
coincide coa bala que atopou na vítima?

176
00:11:37,113 --> 00:11:40,408
Si, eran idénticas
e disparáronse coa mesma pistola,

177
00:11:40,491 --> 00:11:43,369
unha Mossberg MC2sc.

178
00:11:43,452 --> 00:11:45,037
É unha pistola común?

179
00:11:45,621 --> 00:11:47,123
Moi común, si.

180
00:11:47,206 --> 00:11:48,165
Sr. Russo,

181
00:11:48,249 --> 00:11:51,293
expúxose a cuestión
do ruído que fai unha pistola.

182
00:11:51,377 --> 00:11:56,424
Ningún dos veciños do acusado
recorda oír disparos aquela noite.

183
00:11:56,507 --> 00:11:58,759
Pode explicar como é iso posible?

184
00:11:58,843 --> 00:12:01,303
Creo que a explicación máis probable

185
00:12:01,387 --> 00:12:04,557
é que a pistola
tivese un supresor de ruído.

186
00:12:04,640 --> 00:12:06,058
- Un silenciador?
- Si.

187
00:12:06,142 --> 00:12:10,646
Ao contrario do que a xente cre,
non silencia por completo o disparo.

188
00:12:10,730 --> 00:12:14,734
Reduce o nivel de ruído
a 100 ou 110 decibelios.

189
00:12:14,817 --> 00:12:18,988
Para que o comprenda o xurado,
pode poñer un exemplo dese ruído?

190
00:12:19,071 --> 00:12:22,199
Coma un batedor a a máxima potencia

191
00:12:22,283 --> 00:12:27,204
ou o motor dun coche ao arrancar,
pero só por unha fracción de segundo.

192
00:12:27,288 --> 00:12:30,708
Na súa opinión,
sería posible que os veciños do acusado

193
00:12:30,791 --> 00:12:32,460
non escoitasen o ruído?

194
00:12:32,543 --> 00:12:36,297
É probable, sobre todo
se estaban durmindo ou vendo a tele.

195
00:12:36,380 --> 00:12:39,842
Ese é o obxectivo dun supresor de ruído.

196
00:12:39,925 --> 00:12:41,051
Claro.

197
00:12:41,552 --> 00:12:42,678
Nada máis.

198
00:12:45,681 --> 00:12:47,850
Boas tardes, señor Russo.

199
00:12:48,517 --> 00:12:51,103
Non tardarei, só teño un par de preguntas.

200
00:12:51,604 --> 00:12:53,981
Afirmou que un disparo con supresor

201
00:12:54,064 --> 00:12:57,401
faría un ruído de 100 a 110 decibelios.

202
00:12:57,485 --> 00:12:58,652
- Correcto?
- Si.

203
00:12:58,736 --> 00:13:00,571
E que, ao ser tan breve,

204
00:13:00,654 --> 00:13:03,282
é probable que os veciños
non oísen o ruído.

205
00:13:03,365 --> 00:13:04,909
Na miña opinión, si.

206
00:13:13,959 --> 00:13:16,462
Proba B da defensa, señoría.

207
00:13:21,383 --> 00:13:25,805
Sr. Russo, este é un plano
da casa do Sr. Haller.

208
00:13:26,388 --> 00:13:29,308
Como ve, aquí está o garaxe,

209
00:13:29,391 --> 00:13:33,312
e o seu cuarto está aquí atrás.

210
00:13:33,395 --> 00:13:36,816
É unha distancia en diagonal
duns 24 metros.

211
00:13:36,899 --> 00:13:40,319
Afirmou que os veciños,
a unha distancia similar,

212
00:13:40,402 --> 00:13:42,696
non oirían o ruído.

213
00:13:43,197 --> 00:13:45,783
Se o Sr. Haller estaba durmindo aquí,

214
00:13:45,866 --> 00:13:50,246
supoño que tampouco oiría o ruído, non?

215
00:13:50,746 --> 00:13:54,166
A ver,
supoño que é verosímil que non oíse…

216
00:13:54,250 --> 00:13:56,293
Antes dixo que era probable.

217
00:13:56,377 --> 00:13:58,003
Non verosímil.

218
00:13:58,838 --> 00:14:02,049
É o obxectivo dun supresor, non si?

219
00:14:02,675 --> 00:14:06,220
- Non é unha ciencia exacta.
- Conteste a pregunta, Sr. Russo.

220
00:14:06,720 --> 00:14:09,431
Se houbese alguén no seu garaxe

221
00:14:09,515 --> 00:14:12,726
e matase a vítima usando un supresor,
segundo vostede,

222
00:14:12,810 --> 00:14:16,397
o Sr. Haller podería seguir durmindo
sen oílo. Correcto?

223
00:14:19,775 --> 00:14:21,068
Podería, si.

224
00:14:21,819 --> 00:14:22,653
Grazas.

225
00:14:23,612 --> 00:14:24,864
Iso é todo.

226
00:14:27,116 --> 00:14:31,328
- Sr. Johnson, díganos a que se dedica.
- Seguridade privada.

227
00:14:31,412 --> 00:14:35,833
Patrullo por West Adams Boulevard,
desde Vermont a Western.

228
00:14:35,916 --> 00:14:37,626
Sempre traballou en seguridade?

229
00:14:37,710 --> 00:14:41,505
Máis ou menos.
Fun axente de policía en Nova York.

230
00:14:41,589 --> 00:14:43,507
Mudeime aos Ánxeles coa muller.

231
00:14:43,591 --> 00:14:46,302
Temos familia aquí, e o tempo é mellor.

232
00:14:46,385 --> 00:14:47,428
Entendo.

233
00:14:47,511 --> 00:14:50,848
Volvamos ao 20 de decembro do ano pasado.

234
00:14:51,348 --> 00:14:55,269
Pode dicirnos
que lle fixo sospeitar dese delito?

235
00:14:55,352 --> 00:14:57,688
Claro. Eu estaba no coche de patrulla.

236
00:14:57,771 --> 00:15:00,816
Oín o que me pareceron
dous disparos seguidos.

237
00:15:00,900 --> 00:15:02,818
- Que fixo?
- Baixei do vehículo.

238
00:15:02,902 --> 00:15:04,862
Estaba en Kenwood, ó sur de Adams.

239
00:15:04,945 --> 00:15:06,906
Escoitei outro disparo e corrín.

240
00:15:06,989 --> 00:15:09,199
Non sabía de onde viñan os disparos,

241
00:15:09,283 --> 00:15:13,203
pero vin a porta da licorería entreaberta.

242
00:15:13,287 --> 00:15:16,790
Entrei e atopei a Gary tirado no chan.

243
00:15:16,874 --> 00:15:19,001
Gary Cartwright, a vítima?

244
00:15:19,585 --> 00:15:20,461
Si.

245
00:15:20,961 --> 00:15:23,339
E en que estado se atopaba?

246
00:15:24,214 --> 00:15:25,215
Non moi bo.

247
00:15:26,759 --> 00:15:27,843
Estaba…

248
00:15:30,095 --> 00:15:31,388
Estaba…

249
00:15:32,431 --> 00:15:33,849
Perdón.

250
00:15:37,186 --> 00:15:39,188
Disparáranlle no abdome.

251
00:15:39,980 --> 00:15:41,273
Había moito sangue.

252
00:15:42,274 --> 00:15:43,817
Intentei deter o sangrado.

253
00:15:44,985 --> 00:15:45,945
Era grave.

254
00:15:46,946 --> 00:15:50,407
O repoñedor, Rashad,
xa chamara a emerxencias.

255
00:15:50,491 --> 00:15:53,369
Intentei reanimalo, pero…

256
00:15:53,452 --> 00:15:55,162
Estaba consciente?

257
00:15:55,245 --> 00:15:58,082
Apenas. Eu dicíalle que aguantase,

258
00:15:58,165 --> 00:16:01,961
- que a ambulancia estaba a chegar.
- Puido dicirlle algo?

259
00:16:05,297 --> 00:16:06,382
Sr. Johnson?

260
00:16:08,384 --> 00:16:12,262
Como dixen, estaba en choque.
Non sei se sabía que pasaba.

261
00:16:12,346 --> 00:16:14,014
Repetirei a pregunta.

262
00:16:14,932 --> 00:16:16,266
Que dixo o Sr. Cartwright?

263
00:16:18,602 --> 00:16:19,603
Dixo…

264
00:16:23,190 --> 00:16:26,235
"Carter." Ou iso lle entendín eu.

265
00:16:26,318 --> 00:16:28,904
- Protesto. Infundado.
- Declarouno moribundo.

266
00:16:28,988 --> 00:16:31,156
Pero segundo o informe médico,

267
00:16:31,240 --> 00:16:33,575
certificaron a súa morte
40 minutos despois.

268
00:16:33,659 --> 00:16:37,413
É unha declaración espontánea,
outra excepción ao infundado.

269
00:16:37,496 --> 00:16:40,290
Recibir un disparo é un evento traumático.

270
00:16:40,374 --> 00:16:42,918
É irrelevante
e máis prexudicial que probatorio.

271
00:16:43,002 --> 00:16:47,881
Non debatemos que o meu cliente discutise
coa vítima antes dos disparos,

272
00:16:47,965 --> 00:16:51,760
pero que dixese o nome do meu cliente
non debería ser relevante…

273
00:16:51,844 --> 00:16:54,972
Bo intento, Srta. Crane,
pero acéptase o testemuño.

274
00:17:03,856 --> 00:17:06,859
Cada vez é peor. Creo que me enganou.

275
00:17:06,942 --> 00:17:10,446
Dábame pena Carter, pero creo que o fixo.

276
00:17:10,529 --> 00:17:12,656
Aínda o tes que representar, non?

277
00:17:14,116 --> 00:17:15,868
Se quero cobrar, si.

278
00:17:19,538 --> 00:17:23,292
L, isto é do caso de Mickey
e teño que encargarme,

279
00:17:23,792 --> 00:17:26,420
pero non te desanimes, vale?

280
00:17:47,483 --> 00:17:49,151
Drucker está aquí.

281
00:17:50,194 --> 00:17:51,403
Será o seguinte.

282
00:17:54,823 --> 00:17:57,701
- Está lista a testemuña?
- Está.

283
00:18:04,041 --> 00:18:05,125
Srta. Berg?

284
00:18:06,210 --> 00:18:07,169
Si, señoría.

285
00:18:07,252 --> 00:18:10,130
A fiscalía chama
a Jessica Westfeldt ao estrado.

286
00:18:11,965 --> 00:18:13,550
Quen é Jessica Westfeldt?

287
00:18:13,634 --> 00:18:15,219
Foi unha bolseira.

288
00:18:15,302 --> 00:18:17,513
Estivo uns meses. Contratouna Lorna.

289
00:18:17,596 --> 00:18:18,931
Debo preocuparme?

290
00:18:20,349 --> 00:18:22,184
Creo que nunca falei con ela.

291
00:18:26,647 --> 00:18:30,692
Srta. Westfeldt, pode explicarnos
a súa relación co acusado?

292
00:18:30,776 --> 00:18:34,154
Fun bolseira no bufete do Sr. Haller
durante tres meses.

293
00:18:34,238 --> 00:18:35,322
Durante ese tempo,

294
00:18:35,405 --> 00:18:39,576
representou o bufete do Sr. Haller
a vítima deste caso, o Sr. Scales?

295
00:18:39,660 --> 00:18:41,578
Si, por un caso de fraude.

296
00:18:41,662 --> 00:18:44,540
Protesto. Podemos achegarnos?

297
00:18:50,379 --> 00:18:53,423
Quebranta
a confidencialidade avogado-cliente.

298
00:18:53,507 --> 00:18:54,883
Aínda que falecese,

299
00:18:54,967 --> 00:18:58,387
os detalles da súa defensa
son confidenciais.

300
00:18:58,470 --> 00:19:00,222
Iso non é aplicable aquí.

301
00:19:00,305 --> 00:19:03,851
A Srta. Westfeldt
non revelará detalles confidenciais

302
00:19:03,934 --> 00:19:06,186
da representación do Sr. Scales.

303
00:19:06,270 --> 00:19:10,524
O seu testemuño é unha declaración
contraria aos intereses do acusado.

304
00:19:11,108 --> 00:19:14,027
Permitireino,
pero cortareina inmediatamente

305
00:19:14,111 --> 00:19:16,363
se se mete en algo confidencial.

306
00:19:16,446 --> 00:19:17,531
Por suposto.

307
00:19:28,125 --> 00:19:30,169
Grazas por vir, Dr. Schultz.

308
00:19:30,252 --> 00:19:33,046
De nada. Entroume a curiosidade
ó chamarme Keith

309
00:19:33,130 --> 00:19:36,175
do LA Times sobre a túa tese do mestrado.

310
00:19:36,258 --> 00:19:38,760
A canta xente lle importa
o biocombustible?

311
00:19:38,844 --> 00:19:42,639
A eólica e a solar son as estrelas
das enerxías renovables.

312
00:19:43,473 --> 00:19:49,271
O biocombustible é…
o primo raro que non cheira moi ben.

313
00:19:50,606 --> 00:19:53,442
Unha vez fun nun coche
que ía con biodiésel.

314
00:19:53,525 --> 00:19:57,821
- Cheiraba a roliños de ovo, nin tan mal.
- Logo tiveches sorte.

315
00:19:58,322 --> 00:19:59,448
Podo axudarche?

316
00:19:59,531 --> 00:20:03,994
Alégrame axudar a causa da ciencia
ou das políticas sensatas.

317
00:20:05,662 --> 00:20:08,582
Dr. Schultz, teño que ser sincera.

318
00:20:09,791 --> 00:20:11,418
Non fago un posgrao.

319
00:20:12,502 --> 00:20:13,921
Nin vou á UCLA.

320
00:20:14,004 --> 00:20:15,047
Que?

321
00:20:15,130 --> 00:20:17,883
Mentinlle ao xornalista
para ter información.

322
00:20:18,550 --> 00:20:20,010
Traballo para un avogado.

323
00:20:21,053 --> 00:20:21,887
Avogado?

324
00:20:21,970 --> 00:20:24,640
Non o culpo se non quere falar, pero…

325
00:20:28,644 --> 00:20:30,062
Necesito a súa axuda.

326
00:20:31,271 --> 00:20:33,815
Por que estaba aquel día no xulgado?

327
00:20:34,399 --> 00:20:36,235
Lorna pediume que fose.

328
00:20:36,318 --> 00:20:40,656
Rompera un tacón,
e tiña un par de reposto na oficina.

329
00:20:41,240 --> 00:20:44,576
Cando cheguei,
estaba co Sr. Haller e co Sr. Scales.

330
00:20:44,660 --> 00:20:47,871
- Por que estaba o Sr. Scales?
- Saía dunha vista.

331
00:20:47,955 --> 00:20:50,374
O caso de fraude que comentei.

332
00:20:50,457 --> 00:20:53,877
Acusárono de defraudar cartos dunha ONG.

333
00:20:53,961 --> 00:20:56,004
Lembra como acabou o caso?

334
00:20:57,589 --> 00:20:58,632
Pois…

335
00:20:58,715 --> 00:21:02,010
Terá liberdade vixiada,
só ten que devolver os cartos.

336
00:21:02,094 --> 00:21:05,931
- Que non vai pasar en breve.
- Que dis?

337
00:21:06,014 --> 00:21:09,559
Teño que pagarlle ao meu inversor.
Se non lle pago, mátame.

338
00:21:09,643 --> 00:21:11,561
Se non nos pagas, mátote eu.

339
00:21:13,313 --> 00:21:16,316
Ameazou a Sam Scales?

340
00:21:17,109 --> 00:21:19,361
- Si.
- E dixo esas palabras.

341
00:21:20,487 --> 00:21:22,906
"Se non nos pagas, mátote eu"?

342
00:21:22,990 --> 00:21:27,869
Si, lémbroo porque o Sr. Haller
estaba moi anoxado, e asusteime.

343
00:21:28,453 --> 00:21:30,330
Tomou a ameaza en serio?

344
00:21:30,414 --> 00:21:34,167
Si. De feito,
deixei de traballar alí pouco despois.

345
00:21:34,251 --> 00:21:35,544
Seguro.

346
00:21:36,336 --> 00:21:39,381
Grazas, Srta. Westfeldt.
Iso é todo, señoría.

347
00:21:40,799 --> 00:21:44,177
Encárgome eu.
E non poñas esa cara, non axuda.

348
00:21:46,179 --> 00:21:47,097
Grazas.

349
00:21:55,897 --> 00:21:58,066
Boas tardes, Srta. Westfeldt.

350
00:21:58,775 --> 00:22:02,529
Se non lle importa,
quero preguntarlle polo que oíu,

351
00:22:02,612 --> 00:22:04,448
a frase "mátote eu".

352
00:22:05,198 --> 00:22:08,618
Algunha vez oíu iso
como unha expresión coloquial?

353
00:22:08,702 --> 00:22:11,705
Unha irmá dillo a outra
cando lle usa a súa roupa.

354
00:22:11,788 --> 00:22:13,707
"Como a volvas tocar, mátote."

355
00:22:13,790 --> 00:22:16,543
Si, claro, xa o oíra antes.

356
00:22:16,626 --> 00:22:19,171
Pero desta vez parecía máis…

357
00:22:19,755 --> 00:22:21,965
non sei, real, supoño.

358
00:22:22,049 --> 00:22:26,845
Xa, porque o Sr. Haller estaba…
Como dixo? Anoxado?

359
00:22:26,928 --> 00:22:27,763
Si.

360
00:22:27,846 --> 00:22:30,515
Ou iso me pareceu a min.

361
00:22:30,599 --> 00:22:34,019
E como describiría o seu paso
polo bufete do Sr. Haller?

362
00:22:34,686 --> 00:22:36,355
Estivo ben.

363
00:22:36,438 --> 00:22:37,856
Só ben?

364
00:22:38,398 --> 00:22:39,483
Tratárona ben?

365
00:22:39,566 --> 00:22:43,737
Levábame ben con Lorna
e co resto do persoal.

366
00:22:43,820 --> 00:22:45,447
Pero non co Sr. Haller?

367
00:22:46,198 --> 00:22:48,283
Non o coñecía moi ben.

368
00:22:48,367 --> 00:22:50,994
Interesouse por vostede?
Intentou orientala?

369
00:22:51,078 --> 00:22:54,373
Non. Sempre estaba moi ocupado.

370
00:22:54,456 --> 00:22:57,667
Ás veces esquecía o meu nome.
Case sempre, a verdade.

371
00:22:59,544 --> 00:23:02,672
Vaia, iso debeu molestarlle, non?

372
00:23:03,423 --> 00:23:05,384
Foi de bolseira a un bufete

373
00:23:05,467 --> 00:23:07,761
para aprender dun gran avogado.

374
00:23:07,844 --> 00:23:09,805
Protesto. Relevancia?

375
00:23:09,888 --> 00:23:12,391
Non ha lugar.
Vaia ó gran, Srta. McPherson.

376
00:23:12,474 --> 00:23:16,228
Xa case estou. Srta. Westfeldt,
cal é a súa situación laboral?

377
00:23:16,311 --> 00:23:20,732
Aprobei o exame de avogacía
e estou avaliando opcións.

378
00:23:20,816 --> 00:23:22,192
Desempregada.

379
00:23:22,275 --> 00:23:25,654
Axudáronlle as prácticas co Sr. Haller
a obter traballo?

380
00:23:26,238 --> 00:23:30,283
Non. Acúsano de asasinato,
non é a mellor referencia.

381
00:23:30,367 --> 00:23:33,286
Dixo que marchou do bufete non hai moito.

382
00:23:33,370 --> 00:23:36,498
Deixa implícito que escolleu marchar,

383
00:23:36,581 --> 00:23:41,086
pero díganos, Srta. Westfeldt,
foi voluntaria a súa partida?

384
00:23:41,169 --> 00:23:45,424
Tiñan problemas económicos, así que…

385
00:23:45,507 --> 00:23:47,759
É dicir, despedírona, non?

386
00:23:51,721 --> 00:23:52,556
Si.

387
00:23:52,639 --> 00:23:56,560
Dado que a despediu
e a prexudicou coa busca de emprego,

388
00:23:56,643 --> 00:23:59,813
non é certo
que lle garda rancor ao Sr. Haller?

389
00:23:59,896 --> 00:24:01,022
Non, para nada.

390
00:24:01,106 --> 00:24:05,694
Mesmo terxiversou unha expresión coloquial
porque está molesta con el.

391
00:24:05,777 --> 00:24:07,446
Diso nada! Eu nunca…

392
00:24:07,529 --> 00:24:09,781
Testifica en represalia?

393
00:24:09,865 --> 00:24:11,658
Protesto.

394
00:24:16,079 --> 00:24:17,497
Retiro a pregunta.

395
00:24:18,707 --> 00:24:21,251
Boa sorte buscando traballo.

396
00:24:21,835 --> 00:24:22,669
Iso é todo.

397
00:24:42,397 --> 00:24:43,899
Espero que fixese abondo.

398
00:24:43,982 --> 00:24:47,611
Vai de aí! Seguro que non queres ser
avogada defensora?

399
00:24:49,529 --> 00:24:52,240
Incrible que Berg
non puxese antes a Drucker.

400
00:24:52,991 --> 00:24:55,076
O atraso de hoxe descolocouna.

401
00:24:55,160 --> 00:24:58,371
Dana non cometería un erro así.
Debeu ser premeditado.

402
00:24:58,997 --> 00:25:00,874
Gardaría a Drucker por algo?

403
00:25:02,334 --> 00:25:06,213
- Preocúpache que garde un ás na manga?
- É o que ten sentido.

404
00:25:06,755 --> 00:25:10,967
Se intenta ir co do lucro económico,
destruímola na réplica.

405
00:25:11,051 --> 00:25:12,177
É débil.

406
00:25:12,260 --> 00:25:13,470
E Dana sábeo.

407
00:25:13,553 --> 00:25:14,930
Por iso me preocupa.

408
00:25:16,056 --> 00:25:19,017
Algunha cousa máis que deba saber?

409
00:25:19,518 --> 00:25:23,438
Exempregados insatisfeitos
ou clientes que ameazaches?

410
00:25:23,522 --> 00:25:26,441
Mags, tivera un mal día
e pagueino con Sam.

411
00:25:26,525 --> 00:25:28,693
Non vou por aí ameazando clientes.

412
00:25:28,777 --> 00:25:31,154
Admite que ás veces perdes os papeis.

413
00:25:31,238 --> 00:25:35,200
Xa. Non é a miña mellor calidade,
pero non son un asasino.

414
00:25:35,951 --> 00:25:38,662
Temos que conseguir que o xurado o vexa.

415
00:25:40,580 --> 00:25:43,833
Oxalá a xente te xulgase
polos teus gustos.

416
00:25:43,917 --> 00:25:45,585
Onde atopas estes sitios?

417
00:25:45,669 --> 00:25:48,672
Cando traballas no coche,
comes por toda a cidade.

418
00:25:48,755 --> 00:25:51,424
Este polo está incrible.

419
00:25:51,508 --> 00:25:54,177
Dásme un pouco antes de que o acabes?

420
00:25:57,556 --> 00:25:59,849
Un bocado só, nada máis.

421
00:26:00,934 --> 00:26:02,686
Só este anaquiño.

422
00:26:02,769 --> 00:26:03,728
Agarrada.

423
00:26:05,814 --> 00:26:06,731
Ala.

424
00:26:08,441 --> 00:26:09,693
Grazas.

425
00:26:09,776 --> 00:26:14,531
Non son unha sibarita coma Hayley e ti,
pero estraño os sitios aos que iamos.

426
00:26:15,865 --> 00:26:19,244
Estrañas a comida
ou a miña encantadora compañía?

427
00:26:24,082 --> 00:26:27,043
Hayley mándache fotos de comida de México?

428
00:26:27,127 --> 00:26:30,380
Miña nai conséntea moito.
Se cadra non quere volver.

429
00:26:30,463 --> 00:26:31,506
Quere.

430
00:26:32,173 --> 00:26:34,509
Quere verte saír deste pesadelo.

431
00:26:38,471 --> 00:26:41,308
Non sei como faría isto sen ti, Mag.

432
00:26:43,893 --> 00:26:45,979
Xa non sei como agradecercho.

433
00:27:01,244 --> 00:27:02,954
Deberías collelo.

434
00:27:05,957 --> 00:27:07,000
Si.

435
00:27:11,004 --> 00:27:12,964
Aínda que Dana garde un ás,

436
00:27:13,048 --> 00:27:15,592
creo que mañá concluirá o caso.

437
00:27:16,217 --> 00:27:18,219
É hora de citar a Alex Gazarian.

438
00:27:18,303 --> 00:27:19,888
Si, aviso a Cisco.

439
00:27:19,971 --> 00:27:20,889
Vale.

440
00:28:13,692 --> 00:28:15,276
Servizo de habitacións.

441
00:28:20,115 --> 00:28:21,533
Creo que está libre.

442
00:29:00,905 --> 00:29:02,115
Vale, podes saír.

443
00:29:33,229 --> 00:29:34,606
Fillo de…

444
00:29:35,607 --> 00:29:38,860
Canto leva en Roubos e Homicidios,
inspector?

445
00:29:38,943 --> 00:29:40,653
Uns 14 anos.

446
00:29:40,737 --> 00:29:43,615
Catorce anos é moito tempo.

447
00:29:44,532 --> 00:29:47,535
E cantos asasinatos
investigou durante ese tempo?

448
00:29:47,619 --> 00:29:48,578
Moitos.

449
00:29:49,162 --> 00:29:50,246
Case cen.

450
00:29:50,330 --> 00:29:54,793
E na súa grande experiencia,
nalgún caso o asasino

451
00:29:54,876 --> 00:29:57,378
usou o vehículo
para desfacerse do cadáver?

452
00:29:57,462 --> 00:29:59,380
Protesto. Relevancia.

453
00:29:59,464 --> 00:30:03,301
É para xustificar o foco policial
sobre o acusado, señoría.

454
00:30:03,384 --> 00:30:04,219
Non ha lugar.

455
00:30:04,886 --> 00:30:06,054
Inspector?

456
00:30:06,137 --> 00:30:08,056
Si, varias veces.

457
00:30:08,139 --> 00:30:11,643
Non é raro,
sobre todo se o asasinato é premeditado.

458
00:30:11,726 --> 00:30:13,102
Por que importa?

459
00:30:13,186 --> 00:30:16,815
Nun crime pasional, o asasino non o pensa.

460
00:30:16,898 --> 00:30:20,485
Se alguén planea matar,
por cartos, por exemplo,

461
00:30:20,568 --> 00:30:23,988
o normal
é que intente borrar o seu rastro.

462
00:30:25,323 --> 00:30:26,991
Falemos diso.

463
00:30:27,075 --> 00:30:29,953
Mencionou os cartos coma un móbil.

464
00:30:30,036 --> 00:30:31,996
Sospeitou nalgún momento

465
00:30:32,080 --> 00:30:34,582
que puidese ser ese
o móbil deste asasinato?

466
00:30:34,666 --> 00:30:36,793
Si, exploramos esa teoría.

467
00:30:36,876 --> 00:30:38,795
Tiñamos testemuñas que afirmaban

468
00:30:38,878 --> 00:30:42,465
que había tensión co acusado
por unhas facturas sen pagar.

469
00:30:42,549 --> 00:30:44,050
E investigouno?

470
00:30:44,133 --> 00:30:48,847
Si. Para empezar, rexistramos
a casa e a oficina do Sr. Haller,

471
00:30:48,930 --> 00:30:53,852
e tamén un almacén
onde gardaba arquivos antigos.

472
00:30:53,935 --> 00:30:55,061
Que atoparon?

473
00:30:55,144 --> 00:30:59,774
Como esperabamos,
atopamos facturas por 200 000 dólares

474
00:30:59,858 --> 00:31:04,195
en honorarios pendentes da vítima,
e copias de cheques sen fondos

475
00:31:04,279 --> 00:31:08,074
que indicaban que a vítima
intentara evitar o pagamento.

476
00:31:08,157 --> 00:31:12,620
Tamén atopamos unha carta ameazándoo
se non lle aboaba esas facturas.

477
00:31:12,704 --> 00:31:14,831
Proba número cinco, señoría.

478
00:31:15,665 --> 00:31:19,002
Inspector, pode ler
a parte marcada en amarelo?

479
00:31:19,085 --> 00:31:20,003
Claro.

480
00:31:21,504 --> 00:31:23,631
"Por ocasións anteriores,

481
00:31:23,715 --> 00:31:27,260
sei que tes un fondo legal
para pagarlles aos teus avogados

482
00:31:27,343 --> 00:31:31,097
e espero que me pagues
con ese fondo inmediatamente.

483
00:31:31,180 --> 00:31:34,726
Do contrario,
terei que tomar medidas máis drásticas

484
00:31:34,809 --> 00:31:37,312
usando todos os medios á miña disposición.

485
00:31:37,395 --> 00:31:39,647
É o último aviso."

486
00:31:40,148 --> 00:31:44,319
Non hai firma,
pero ao final está o nome do acusado.

487
00:31:44,986 --> 00:31:46,905
E que conclúe?

488
00:31:46,988 --> 00:31:51,117
Que o Sr. Haller cría
que o Sr. Scales tiña cartos agochados

489
00:31:51,200 --> 00:31:52,452
e el queríaos.

490
00:31:52,535 --> 00:31:54,704
Rexistramos os arquivos xudiciais

491
00:31:54,787 --> 00:31:59,334
e vimos que o Sr. Haller
presentara unha demanda civil

492
00:31:59,417 --> 00:32:02,211
e impuxo un gravame contra o Sr. Scales.

493
00:32:02,295 --> 00:32:06,382
Intentou presentar unha demanda
para obrigar o Sr. Scales a pagar?

494
00:32:06,466 --> 00:32:07,425
Máis ca iso.

495
00:32:08,009 --> 00:32:10,720
Tamén reclamaba
o patrimonio do Sr. Scales.

496
00:32:10,803 --> 00:32:12,347
O seu patrimonio?

497
00:32:12,430 --> 00:32:13,389
Si.

498
00:32:13,473 --> 00:32:17,143
É dicir, se o Sr. Scales morrese,

499
00:32:17,226 --> 00:32:20,688
a débeda que non pagase,

500
00:32:20,772 --> 00:32:23,691
o acusado cobraríaa ao morrer.

501
00:32:42,961 --> 00:32:44,087
Non me colles ben.

502
00:32:44,170 --> 00:32:47,465
- Dime que citaches a Gazarian.
- Tiven un problemiña.

503
00:32:48,841 --> 00:32:50,969
Nada que non poida arranxar.

504
00:32:51,052 --> 00:32:53,680
Estas aí para vixialos.

505
00:32:53,763 --> 00:32:56,933
Pois deberon cheirarme,
porque cambiaron o Mercedes

506
00:32:57,016 --> 00:32:59,352
- por un coche de alugueiro.
- A onde van?

507
00:33:00,687 --> 00:33:03,064
Creo que queren ir a México.

508
00:33:03,147 --> 00:33:05,274
Que? Non pode cruzar a fronteira.

509
00:33:05,358 --> 00:33:09,153
Prométoche que non vai pasar.
Antes bótoos da estrada.

510
00:33:09,237 --> 00:33:14,826
Teño agora a vista, pero Iceberg fai
que o do lucro soe cada vez mellor.

511
00:33:14,909 --> 00:33:17,662
- Necesitámolo, Cisco.
- Vale, vou colgar.

512
00:33:21,457 --> 00:33:24,127
Grazas, inspector. Máis nada, señoría.

513
00:33:24,627 --> 00:33:25,837
Contrainterrogatorio?

514
00:33:26,546 --> 00:33:29,257
Non, collereino co do rexistro.
Estaba alí.

515
00:33:29,340 --> 00:33:32,301
Vale, pero cínguete aos feitos.
Que non te enrede.

516
00:33:32,385 --> 00:33:34,804
Si. Grazas, señoría.

517
00:33:34,887 --> 00:33:39,350
Inspector, esta carta do meu bufete
ao Sr. Scales esixindo o pago…

518
00:33:39,434 --> 00:33:41,519
Dixo que non a firmei, non si?

519
00:33:41,602 --> 00:33:44,814
Si. Polo visto,
redactouna a súa administrativa.

520
00:33:44,897 --> 00:33:48,860
E tamén redactou as demandas civís
que mencionou antes?

521
00:33:49,652 --> 00:33:50,862
Non estou seguro.

522
00:33:50,945 --> 00:33:52,905
Non ten probas de que o soubese.

523
00:33:52,989 --> 00:33:55,825
Á parte de que a atopamos
nos seus arquivos, non.

524
00:33:55,908 --> 00:33:59,078
Non ten probas
de que lla enviasen ao Sr. Scales.

525
00:33:59,162 --> 00:34:02,040
- É correcto?
- Si, é correcto.

526
00:34:02,123 --> 00:34:04,292
É unha carta estándar solicitando un pago.

527
00:34:04,375 --> 00:34:07,211
Protesto. A testemuña
non ten coñecemento diso.

528
00:34:07,295 --> 00:34:10,256
A carta fala por si mesma, Sr. Haller.
Ha lugar.

529
00:34:10,923 --> 00:34:13,176
Falemos de como atopou a carta.

530
00:34:13,259 --> 00:34:15,178
Como accedeu ao meu almacén?

531
00:34:15,261 --> 00:34:17,305
Como dixen, tiña unha orden.

532
00:34:17,388 --> 00:34:19,390
Si, pero como chegou fisicamente?

533
00:34:21,184 --> 00:34:22,769
Non o entendo.

534
00:34:22,852 --> 00:34:24,437
Non o levei eu ata alí?

535
00:34:24,520 --> 00:34:26,105
Ofrecinme a escoltalo,

536
00:34:26,189 --> 00:34:29,817
aínda que non estaba obrigado a facelo.
Non é así?

537
00:34:29,901 --> 00:34:31,611
Seguímolo, si.

538
00:34:31,694 --> 00:34:34,238
Foi máis ca iso. Non se lembra?

539
00:34:34,322 --> 00:34:36,908
Incluso detiven o coche para esperalo

540
00:34:36,991 --> 00:34:39,077
para que non se perdese.

541
00:34:39,160 --> 00:34:43,206
Acompañounos durante o rexistro
do seu almacén, si.

542
00:34:44,332 --> 00:34:46,959
E como accedeu? Porque estaba pechado.

543
00:34:47,043 --> 00:34:49,670
Veu a súa socia coas chaves e abriuno.

544
00:34:49,754 --> 00:34:53,841
E guiouno ata os arquivadores
e abriunos, non?

545
00:34:54,801 --> 00:34:55,635
Si.

546
00:34:55,718 --> 00:34:58,054
Parece que fomos moi colaboradores

547
00:34:58,137 --> 00:35:00,014
co seu rexistro, non cre?

548
00:35:00,598 --> 00:35:01,974
Non nos obstruíron.

549
00:35:02,058 --> 00:35:03,810
Non tiñamos nada que ocultar.

550
00:35:03,893 --> 00:35:06,562
Protesto. O letrado está testificando.

551
00:35:06,646 --> 00:35:09,941
Desculpe, señoría.
É a primeira vez que me represento.

552
00:35:10,024 --> 00:35:13,236
Retiro a afirmación.
Dígame unha cousa, inspector.

553
00:35:13,820 --> 00:35:16,072
Na súa ampla experiencia,

554
00:35:16,739 --> 00:35:19,200
é raro que un avogado
presente unha demanda

555
00:35:19,283 --> 00:35:21,828
para cobrar honorarios pendentes?

556
00:35:21,911 --> 00:35:23,538
- Non sei.
- Non?

557
00:35:23,621 --> 00:35:27,041
Coma calquera empresario,
como faría un mecánico.

558
00:35:27,125 --> 00:35:28,292
Non o investigou?

559
00:35:29,377 --> 00:35:30,211
Non.

560
00:35:31,087 --> 00:35:34,465
- Cre que é raro?
- Protesto. Especulación.

561
00:35:34,549 --> 00:35:35,842
Desculpe, señoría.

562
00:35:35,925 --> 00:35:38,469
Intento entender ese suposto móbil.

563
00:35:38,553 --> 00:35:40,847
Cando rexistraba os meus arquivos,

564
00:35:40,930 --> 00:35:43,766
molestouse en mirar a declaración da renda

565
00:35:43,850 --> 00:35:46,269
por se declarei esas facturas como perda?

566
00:35:46,352 --> 00:35:48,020
Non, non mirei os impostos.

567
00:35:48,104 --> 00:35:48,938
Non?

568
00:35:49,438 --> 00:35:51,691
¿Está dicindo que pasou horas

569
00:35:51,774 --> 00:35:54,735
rexistrando a miña casa,
a oficina e o almacén,

570
00:35:54,819 --> 00:35:58,447
revisou arquivos xudiciais
e todo o que se lle ocorreu

571
00:35:58,531 --> 00:36:02,160
e o único que atopou
foi unha carta que non firmei

572
00:36:02,243 --> 00:36:04,704
e unha demanda
que calquera pode presentar?

573
00:36:05,788 --> 00:36:06,622
Non.

574
00:36:08,833 --> 00:36:10,835
Non é todo o que atopamos.

575
00:36:13,588 --> 00:36:16,924
Pois é todo o que presentou, inspector.

576
00:36:17,008 --> 00:36:21,262
Iso é todo, pero reservo o dereito
a chamar esta testemuña máis adiante.

577
00:36:21,762 --> 00:36:22,930
Réplica, señoría.

578
00:36:27,143 --> 00:36:28,936
Ben, inspector,

579
00:36:29,020 --> 00:36:32,815
mencionou que atopou
algo máis no rexistro.

580
00:36:32,899 --> 00:36:34,400
Pode falarnos diso?

581
00:36:34,483 --> 00:36:37,778
Si. Non limitamos a busca
a arquivos impresos.

582
00:36:37,862 --> 00:36:39,614
No servidor do acusado

583
00:36:39,697 --> 00:36:44,327
atopamos un correo dunha ONG fraudulenta
creada polo Sr. Scales.

584
00:36:44,410 --> 00:36:46,537
- Un correo?
- Si.

585
00:36:46,621 --> 00:36:50,499
O Sr. Scales montou
unha falsa colecta de fondos

586
00:36:50,583 --> 00:36:52,793
para axudar migrantes de Latinoamérica.

587
00:36:52,877 --> 00:36:55,504
Era a clase de estafa que el facía, pero…

588
00:36:55,588 --> 00:36:56,839
Protesto, señoría.

589
00:36:56,923 --> 00:36:59,884
Non recibimos copia ningunha dese correo.

590
00:36:59,967 --> 00:37:04,180
Porque a análise do ordenador do acusado
acaba de finalizar.

591
00:37:04,263 --> 00:37:07,725
Por iso non presentamos a proba
no primeiro interrogatorio,

592
00:37:07,808 --> 00:37:11,145
pero a pregunta do acusado abriu a porta

593
00:37:11,229 --> 00:37:15,608
e teño aquí a copia do correo
para a letrada da defensa.

594
00:37:17,610 --> 00:37:18,819
Permítese,

595
00:37:20,321 --> 00:37:22,949
pero serei moi estrito, Srta. Berg.

596
00:37:23,032 --> 00:37:24,700
Entendido, señoría.

597
00:37:24,784 --> 00:37:26,953
Nunca antes vira isto.

598
00:37:27,036 --> 00:37:30,414
Ben, inspector, o correo que atopou,

599
00:37:30,498 --> 00:37:32,583
por que parecía importante?

600
00:37:33,584 --> 00:37:36,879
Foi enviado
a unha lista de correo dunha ONG lexítima

601
00:37:36,963 --> 00:37:38,881
chamada Fuertes Unidos.

602
00:37:38,965 --> 00:37:41,425
Ofrecen axuda legal
a traballadores migrantes.

603
00:37:41,509 --> 00:37:45,513
De feito, no pasado o Sr. Haller
colaborou coa organización.

604
00:37:45,596 --> 00:37:49,225
E o Sr. Scales
usaba o nome desta organización

605
00:37:49,308 --> 00:37:52,019
para estafar a xente
e que lle enviase cartos?

606
00:37:52,103 --> 00:37:53,229
Peor.

607
00:37:53,312 --> 00:37:56,232
Usaba tamén o nome e a imaxe do acusado.

608
00:37:57,692 --> 00:38:01,320
Está dicindo
que intentou que parecese que o Sr. Haller

609
00:38:01,404 --> 00:38:04,073
apoiaba esta colecta fraudulenta
de fondos?

610
00:38:04,156 --> 00:38:05,491
Exacto.

611
00:38:05,574 --> 00:38:08,619
Isto podería danar a reputación do acusado

612
00:38:08,703 --> 00:38:10,788
ou provocar unha demanda.

613
00:38:10,871 --> 00:38:12,164
Pareceume evidente

614
00:38:12,248 --> 00:38:16,043
que se o acusado estivese ao tanto disto,
poríase furioso e…

615
00:38:16,127 --> 00:38:18,546
Protesto! Especulación!

616
00:38:18,629 --> 00:38:19,505
Ha lugar.

617
00:38:19,588 --> 00:38:23,634
A testemuña só testificará
con feitos probados. Queda claro?

618
00:38:23,718 --> 00:38:25,094
Si, señoría.

619
00:38:25,177 --> 00:38:26,846
Reformulareino.

620
00:38:26,929 --> 00:38:30,433
Inspector, atopou probas

621
00:38:30,516 --> 00:38:32,893
de que o acusado soubese dese correo?

622
00:38:32,977 --> 00:38:37,481
Como dixen, atopamos o correo
no servidor do acusado.

623
00:38:37,565 --> 00:38:39,233
Estaba na lista de correo.

624
00:38:39,317 --> 00:38:41,027
Estaba na carpeta de spam,

625
00:38:41,110 --> 00:38:44,447
pero non hai forma de saber
se foi aí directamente

626
00:38:44,530 --> 00:38:47,950
ou se o leu e o enviou aí el mesmo.

627
00:38:48,034 --> 00:38:54,123
Inspector, testificou que podería haber
un móbil económico neste asasinato.

628
00:38:54,206 --> 00:38:56,167
Ese correo xustifica ese móbil?

629
00:38:56,792 --> 00:39:00,338
É imposible sabelo,
pero, pola miña experiencia,

630
00:39:01,756 --> 00:39:04,467
os asasinatos poden ter múltiples motivos.

631
00:39:04,550 --> 00:39:06,719
Por exemplo, un home odia a muller

632
00:39:06,802 --> 00:39:10,598
e quere cobrar
o seguro de vida se ela morre.

633
00:39:10,681 --> 00:39:13,225
A xente mata por máis dunha razón.

634
00:39:47,802 --> 00:39:49,387
Viu quen disparou?

635
00:39:50,054 --> 00:39:52,515
Si, un segundo antes de volver ó almacén.

636
00:39:52,598 --> 00:39:54,934
- E que pasou?
- Oín o disparo.

637
00:39:55,017 --> 00:39:56,769
Creo que lle deu á cámara.

638
00:39:56,852 --> 00:39:58,604
E dixo: "Dáme os putos cartos!"

639
00:39:58,687 --> 00:40:02,942
Creo que Gary lle disparou
e soou como unha pistola trabada.

640
00:40:03,692 --> 00:40:06,112
Houbo outro disparo e nada máis.

641
00:40:06,195 --> 00:40:08,572
- Escapou o tirador?
- Si.

642
00:40:09,156 --> 00:40:11,325
Fun correndo e vin a Gary no chan.

643
00:40:13,119 --> 00:40:15,663
Había moito sangue. Chamei a emerxencias.

644
00:40:15,746 --> 00:40:17,665
Para que quede claro,

645
00:40:17,748 --> 00:40:22,086
está seguro de que o home coa pistola
era Carter Gates?

646
00:40:25,923 --> 00:40:28,092
Era el. Si.

647
00:40:30,094 --> 00:40:32,138
Grazas. Non teño máis preguntas.

648
00:40:32,847 --> 00:40:33,973
Srta. Crane.

649
00:40:34,056 --> 00:40:35,683
Grazas, señoría.

650
00:40:38,936 --> 00:40:43,607
Vale, quero asegurarme
de que o entendo ben, Sr. Harrison.

651
00:40:43,691 --> 00:40:47,153
- Carter e Gary discutiron, verdade?
- Si.

652
00:40:47,236 --> 00:40:49,947
Carter marchou e, uns minutos despois,

653
00:40:50,030 --> 00:40:52,491
volveu á súa licorería

654
00:40:52,575 --> 00:40:54,368
cunha máscara e unha pistola

655
00:40:54,452 --> 00:40:57,455
e esixiu os seus propios cartos.

656
00:40:58,581 --> 00:41:00,082
Non lle parece raro?

657
00:41:00,166 --> 00:41:02,877
Supoño que quería que parecese un roubo.

658
00:41:02,960 --> 00:41:06,547
- Pois iso lle disparou á cámara.
- Seguro que era Carter?

659
00:41:07,673 --> 00:41:10,009
- Bastante seguro.
- Bastante seguro?

660
00:41:10,092 --> 00:41:12,219
Estou seguro. Sei o que vin.

661
00:41:12,303 --> 00:41:15,306
Aínda que tiña unha media negra na cabeza

662
00:41:15,389 --> 00:41:17,725
e admite que só o viu un segundo?

663
00:41:17,808 --> 00:41:20,603
Sei o que oín. Era a súa voz.

664
00:41:21,812 --> 00:41:26,108
Sr. Harrison,
sabe o que é o nesgo de confirmación?

665
00:41:27,193 --> 00:41:28,861
Non.

666
00:41:28,944 --> 00:41:32,281
Significa que ás veces
o que espera que pase

667
00:41:32,364 --> 00:41:34,366
afecta a súa impresión do que pasou.

668
00:41:34,450 --> 00:41:35,784
Neste caso,

669
00:41:35,868 --> 00:41:39,955
talvez o que cre que oíu
é en realidade o que esperaba oír.

670
00:41:40,039 --> 00:41:41,582
Protesto. Especulativo.

671
00:41:41,665 --> 00:41:44,919
Pregúntolle á testemuña
polas súas impresións.

672
00:41:46,337 --> 00:41:48,923
Non ha lugar. Debe responder.

673
00:41:49,423 --> 00:41:51,509
Vaia con coidado, Srta. Crane.

674
00:41:53,302 --> 00:41:54,595
Non entendo.

675
00:41:54,678 --> 00:41:56,305
Gary e Carter discutiron.

676
00:41:56,388 --> 00:41:58,224
Temía que se puxesen violentos.

677
00:41:58,307 --> 00:42:02,520
Cando entrou ese home armado,
deu por feito que era Carter.

678
00:42:02,603 --> 00:42:06,065
- Non. Eu non vin iso.
- Non? Non lle viu a cara ó tirador.

679
00:42:06,148 --> 00:42:08,734
Sabe se levaba a mesma roupa que Carter?

680
00:42:08,817 --> 00:42:10,945
Non sei que levaba posto Carter, pero…

681
00:42:11,028 --> 00:42:13,822
Porque estaba no almacén cando discutían.

682
00:42:14,782 --> 00:42:16,033
Era a súa voz.

683
00:42:16,116 --> 00:42:18,661
Sabía que Carter tiña antecedentes?

684
00:42:19,161 --> 00:42:22,164
Mencionouno unha vez.
Non intentaba ocultalo.

685
00:42:22,248 --> 00:42:23,290
Asustábao?

686
00:42:23,374 --> 00:42:26,669
Non sei.
Supuxen que tería un pasado complicado.

687
00:42:26,752 --> 00:42:30,297
E talvez pensou que podería ser violento?

688
00:42:30,381 --> 00:42:31,215
A ver…

689
00:42:31,298 --> 00:42:34,760
Sabía que tiña antecedentes,
que estaba moi anoxado

690
00:42:34,843 --> 00:42:36,303
e temía a violencia.

691
00:42:36,387 --> 00:42:39,723
Non é posible
que xuntase todo iso na súa cabeza

692
00:42:39,807 --> 00:42:42,351
e o seu cerebro lle dixese:
"É Carter armado"?

693
00:42:42,434 --> 00:42:43,811
- Non sei.
- Non o sabe?

694
00:42:43,894 --> 00:42:47,481
Non sei. A ver, si. É todo posible, non?

695
00:42:48,274 --> 00:42:49,441
Claro.

696
00:42:49,525 --> 00:42:50,943
Grazas, Sr. Harrison.

697
00:44:12,858 --> 00:44:15,694
- Vémonos abaixo?
- Si, un minuto.

698
00:44:51,063 --> 00:44:52,314
Alex Gazarian.

699
00:44:57,611 --> 00:44:58,862
Sen violencia.

700
00:45:00,114 --> 00:45:01,907
Déchesme un susto de morte.

701
00:45:04,785 --> 00:45:05,786
Quen carallo…?

702
00:45:06,954 --> 00:45:08,122
Espera, coñézote.

703
00:45:08,205 --> 00:45:09,832
Coñecémonos, si.

704
00:45:10,666 --> 00:45:13,293
É para ti. Unha citación.

705
00:45:15,045 --> 00:45:17,131
Non podes escapar sempre de min.

706
00:45:18,590 --> 00:45:20,801
Cres que me importa a puta citación?

707
00:45:25,597 --> 00:45:27,307
Case me dá un infarto.

708
00:45:53,542 --> 00:45:54,460
Grazas.

709
00:45:55,419 --> 00:45:58,672
Ola, ía chamarte. Creo que tivemos sorte.

710
00:45:58,756 --> 00:46:00,507
- Con que?
- Co de Mickey.

711
00:46:00,591 --> 00:46:02,509
Lembras o científico aquel?

712
00:46:02,593 --> 00:46:05,179
O experto do artigo do LA Times?

713
00:46:05,679 --> 00:46:07,139
Onte falei con el.

714
00:46:07,222 --> 00:46:11,226
Chamoume e dixo que está disposto
a testificar polo de Biogreen.

715
00:46:11,727 --> 00:46:13,061
Que boa nova.

716
00:46:13,771 --> 00:46:14,646
Que pasa?

717
00:46:15,230 --> 00:46:17,608
Deches anulado o testemuño de Rashad?

718
00:46:17,691 --> 00:46:20,068
Creo que si, pero non abondará.

719
00:46:20,152 --> 00:46:21,153
Xa o viches.

720
00:46:21,236 --> 00:46:24,490
O garda dixo que a vítima
dixo o seu nome antes de morrer.

721
00:46:25,574 --> 00:46:26,492
Síntoo, L.

722
00:46:28,368 --> 00:46:30,078
Carter ten mala sorte.

723
00:46:30,162 --> 00:46:32,790
O morto vive o xusto para identificalo?

724
00:46:33,373 --> 00:46:34,792
Que casualidade.

725
00:46:42,716 --> 00:46:43,842
Exacto.

726
00:46:45,135 --> 00:46:46,720
Que casualidade.

727
00:46:47,471 --> 00:46:48,305
De…?

728
00:46:49,681 --> 00:46:51,683
Creo que si que tivemos sorte.

729
00:46:52,559 --> 00:46:54,353
O que eu dixen.

730
00:46:56,939 --> 00:46:59,358
Ola. Son Lorna.

731
00:46:59,858 --> 00:47:02,194
Si, eu tamén me alegro de oírte.

732
00:47:02,277 --> 00:47:05,531
Mira, preguntábame
se me podías axudar cunha cousiña.

733
00:47:05,614 --> 00:47:07,449
É rapidiño, prométoo.

734
00:47:15,207 --> 00:47:17,960
Agora xa sabemos cal era o ás que gardaba.

735
00:47:18,043 --> 00:47:20,420
Parvadas, e o xurado creunas.

736
00:47:20,504 --> 00:47:23,257
- Non é culpa túa.
- Si que é culpa miña.

737
00:47:23,340 --> 00:47:26,385
Tendeume unha trampa e eu caín de cheo.

738
00:47:26,468 --> 00:47:29,972
- O que me dixeches que non fixese.
- Non podes facer nada.

739
00:47:30,055 --> 00:47:33,809
Fixéchelo moi ben invalidando
o móbil do lucro económico.

740
00:47:34,309 --> 00:47:37,479
Non sabía que podías desgravar
facturas sen cobrar.

741
00:47:37,563 --> 00:47:39,106
Porque non podes.

742
00:47:39,940 --> 00:47:40,816
Que?

743
00:47:40,899 --> 00:47:42,860
Es funcionaria, non o sabes.

744
00:47:42,943 --> 00:47:46,780
Se un cliente non che paga,
tes que achantar.

745
00:47:47,281 --> 00:47:50,993
Non dixen que puideses.
Preguntei se mirara as rendas.

746
00:47:51,076 --> 00:47:52,119
Era un farol.

747
00:47:53,161 --> 00:47:55,414
Xa. Benvida á defensa.

748
00:48:00,252 --> 00:48:02,546
Por fin boas novas.

749
00:48:02,629 --> 00:48:04,590
MISIÓN CUMPRIDA.

750
00:48:05,674 --> 00:48:06,508
Moi ben.

751
00:48:31,283 --> 00:48:32,868
Vale, xenial.

752
00:48:32,951 --> 00:48:35,454
Xa me dirás que atopas.

753
00:48:35,537 --> 00:48:36,830
Abur!

754
00:48:39,541 --> 00:48:42,544
- Cres que funcionará?
- Por intentalo…

755
00:48:43,462 --> 00:48:44,463
Xa.

756
00:48:47,090 --> 00:48:50,510
- Amor, xa está?
- Si, pero non sei.

757
00:48:50,594 --> 00:48:51,428
Que?

758
00:48:52,054 --> 00:48:53,931
Algo non cadra.

759
00:48:54,514 --> 00:48:56,683
Perseguino por todos os sitios.

760
00:48:56,767 --> 00:49:00,395
Cando lle entrego a citación,
case nin se inmuta.

761
00:49:00,479 --> 00:49:03,565
E? Se cadra relaxouse
desde a última citación.

762
00:49:03,649 --> 00:49:06,109
Non está preocupado por nós.

763
00:49:06,610 --> 00:49:09,988
- Hai algo máis.
- Como evitaches os matóns?

764
00:49:10,072 --> 00:49:11,073
Ese é o caso.

765
00:49:11,156 --> 00:49:14,117
Non os vin en todo este tempo.

766
00:49:14,785 --> 00:49:16,411
Ata agora, que…

767
00:49:18,413 --> 00:49:21,333
Hostia. Non lle preocupabamos nós.

768
00:49:21,917 --> 00:49:23,710
Preocupábanlle eles.

769
00:49:36,473 --> 00:49:38,225
Cisco, que pasou?

770
00:49:40,185 --> 00:49:41,561
Temos un problema.

771
00:49:48,026 --> 00:49:50,070
BASEADO NAS NOVELAS DE MICHAEL CONNELLY

772
00:51:30,128 --> 00:51:33,840
Subtítulos: María Suárez Seijas

