1
00:00:36,453 --> 00:00:39,622
{\an8}HAI 15 ANOS

2
00:00:39,622 --> 00:00:40,540
Haller!

3
00:00:42,167 --> 00:00:44,461
- Ola, amor.
- Que fas aquí?

4
00:00:48,006 --> 00:00:49,215
Que sorpresa.

5
00:00:49,215 --> 00:00:51,301
Hoxe entro máis tarde.

6
00:00:51,301 --> 00:00:54,971
Quería verte en acción,
pero cheguei tarde.

7
00:00:55,513 --> 00:00:58,141
- Que tal a terapia de mañá?
- Xenial.

8
00:00:58,141 --> 00:00:59,893
Máis barata que o ioga.

9
00:01:00,393 --> 00:01:02,437
Mentres non acabes no hospital...

10
00:01:03,229 --> 00:01:04,898
Maggie, iso non vai pasar.

11
00:01:04,898 --> 00:01:06,900
Iso espero, non son boa enfermeira.

12
00:01:06,900 --> 00:01:08,401
- Ti?
- Si.

13
00:01:08,401 --> 00:01:09,360
Non.

14
00:01:10,487 --> 00:01:12,572
- Ai, non!
- Que?

15
00:01:12,572 --> 00:01:15,575
Esperanza non pode ir hoxe, ten gripe.

16
00:01:16,076 --> 00:01:18,036
Recolles a Hayley na gardería?

17
00:01:18,036 --> 00:01:19,245
- Hoxe?
- Si.

18
00:01:19,746 --> 00:01:22,207
- É a audiencia preliminar.
- De quen?

19
00:01:22,207 --> 00:01:25,085
De Barnett Woodsen?
Déixao, di que é culpable.

20
00:01:25,085 --> 00:01:27,170
Ah, xa che gustaría.

21
00:01:28,088 --> 00:01:30,465
Podo collela, debería acabar a tempo.

22
00:01:30,465 --> 00:01:32,592
Pero invítasme a algo se o absolven.

23
00:01:32,592 --> 00:01:34,761
Acepto a aposta, Haller.

24
00:01:34,761 --> 00:01:38,181
Eddie pode coidar da nena o venres.
Podemos saír.

25
00:01:38,181 --> 00:01:39,390
Que boa nova.

26
00:01:39,390 --> 00:01:41,434
Hai que probar restaurantes.

27
00:01:41,935 --> 00:01:45,355
Pero Eddie é un cativo.
Hayley podería con el, non cres?

28
00:01:47,273 --> 00:01:49,859
Voume preparar. Grazas por recollela.

29
00:01:49,859 --> 00:01:50,819
De nada.

30
00:01:51,569 --> 00:01:53,321
- Quérote.
- E eu.

31
00:01:54,697 --> 00:01:56,366
- Adeus!
- Ata logo!

32
00:03:06,477 --> 00:03:09,063
<i>Estivo nas probas de balística, inspector.</i>

33
00:03:09,063 --> 00:03:11,357
Pode resumir os resultados?

34
00:03:11,357 --> 00:03:12,525
Claro.

35
00:03:12,525 --> 00:03:15,445
As estrías
das probas balísticas coincidían

36
00:03:15,445 --> 00:03:17,363
coas balas das vítimas,

37
00:03:17,363 --> 00:03:20,575
o que confirma
que a arma do maleteiro do Sr. Woodsen

38
00:03:20,575 --> 00:03:22,619
é a arma usada no asasinato.

39
00:03:22,619 --> 00:03:23,953
Grazas, inspector.

40
00:03:27,248 --> 00:03:28,249
Señor Haller?

41
00:03:29,250 --> 00:03:30,710
Si, señoría.

42
00:03:31,961 --> 00:03:33,796
Bo día, inspector Bishop.

43
00:03:34,297 --> 00:03:38,551
Chámome Michael Haller
e son o avogado defensor.

44
00:03:38,551 --> 00:03:39,886
Sei quen é.

45
00:03:39,886 --> 00:03:43,640
Tamén saberá que o meu cliente
enfróntase a unha pena de morte

46
00:03:43,640 --> 00:03:46,601
e quero asegurarme de que se fai todo ben.

47
00:03:46,601 --> 00:03:49,270
- Abofé.
- A ver se o entendín ben.

48
00:03:49,270 --> 00:03:53,942
Recibiu un sopro sobre o Sr. Woodsen
dunha testemuña descoñecida?

49
00:03:53,942 --> 00:03:55,151
Exacto.

50
00:03:55,151 --> 00:03:58,488
E obtivo unha orde
para rexistrar a casa do Sr. Woodsen

51
00:03:58,488 --> 00:04:00,657
baseándose nesa fonte anónima?

52
00:04:00,657 --> 00:04:03,910
Chámase "informante confidencial".

53
00:04:03,910 --> 00:04:05,662
É o procedemento habitual.

54
00:04:06,246 --> 00:04:09,082
Xa, claro. E no transcurso dese rexistro

55
00:04:09,082 --> 00:04:11,876
descubriron a arma
no coche do señor Woodsen?

56
00:04:11,876 --> 00:04:12,794
Correcto.

57
00:04:12,794 --> 00:04:15,964
Recórdenos, inspector,
onde estaba aparcado o coche?

58
00:04:16,673 --> 00:04:18,424
No garaxe do señor Woodsen.

59
00:04:18,424 --> 00:04:19,842
Non na entrada?

60
00:04:20,343 --> 00:04:21,678
Non había entrada.

61
00:04:21,678 --> 00:04:24,305
- O garaxe dá á rúa.
- Entendo.

62
00:04:24,305 --> 00:04:27,809
E como o coche estaba no garaxe
e non na rúa,

63
00:04:27,809 --> 00:04:29,894
incluíase na orde de rexistro.

64
00:04:29,894 --> 00:04:33,314
A orde era para a vivenda e locais
do Sr. Woodsen, non?

65
00:04:33,314 --> 00:04:34,816
Correcto.

66
00:04:35,984 --> 00:04:38,695
Pode dicirnos que tempo ía esa noite?

67
00:04:39,320 --> 00:04:41,155
- O tempo?
- Si, o tempo.

68
00:04:41,155 --> 00:04:42,949
Había nubes? Chovía?

69
00:04:43,449 --> 00:04:48,413
Estaba nubrado.
E si, nalgún momento empezou a chover.

70
00:04:48,413 --> 00:04:51,040
De feito,
segundo o servizo de meteoroloxía,

71
00:04:51,040 --> 00:04:53,167
comezou a chover sobre as 23:00.

72
00:04:53,167 --> 00:04:54,585
Segundo o seu informe,

73
00:04:54,585 --> 00:04:58,256
presentaron a orde na súa casa ás 22:30,
é correcto?

74
00:04:58,256 --> 00:05:00,174
Se aí o di, si.

75
00:05:00,675 --> 00:05:02,969
Non chovía cando chegaron?

76
00:05:02,969 --> 00:05:04,971
Non, non chovía.

77
00:05:04,971 --> 00:05:07,598
Perdoen. Señoría, ten algún sentido?

78
00:05:07,598 --> 00:05:09,225
Ten, si.

79
00:05:09,934 --> 00:05:13,771
Inspector, é esta a arma
que atoparon no coche do meu cliente?

80
00:05:17,191 --> 00:05:18,568
É, si.

81
00:05:18,568 --> 00:05:21,779
E, segundo di,
o seu coche estaba no garaxe?

82
00:05:21,779 --> 00:05:24,407
Señoría, solicito un breve receso.

83
00:05:24,407 --> 00:05:26,701
Non creo que lle axude, Sr. Vincent.

84
00:05:26,701 --> 00:05:28,870
Xurou que non choveu

85
00:05:28,870 --> 00:05:31,247
cando chegaron á casa do meu cliente

86
00:05:31,247 --> 00:05:34,250
e que o coche estaba aparcado no garaxe.

87
00:05:34,250 --> 00:05:36,169
Díganos, inspector,

88
00:05:36,169 --> 00:05:39,464
se o coche estaba no garaxe
antes de chover,

89
00:05:39,964 --> 00:05:41,883
por que hai choiva no parachoques?

90
00:05:42,717 --> 00:05:45,303
A non ser que o coche
non estivese no garaxe

91
00:05:45,303 --> 00:05:47,221
e estivese aparcado na rúa,

92
00:05:47,221 --> 00:05:50,391
e coa súa orde non puidesen rexistralo.

93
00:05:50,933 --> 00:05:52,560
Algo que dicir, inspector?

94
00:05:55,188 --> 00:05:57,231
Manteño o meu testemuño.

95
00:05:59,484 --> 00:06:01,361
Señoría, solicito a desestimación.

96
00:06:01,361 --> 00:06:03,738
O caso da fiscalía baséase en probas

97
00:06:03,738 --> 00:06:07,283
procedentes dun rexistro ilegal e,
polo tanto, inadmisible.

98
00:06:07,283 --> 00:06:10,745
Señoría, solicito responder
a finais da semana.

99
00:06:10,745 --> 00:06:14,665
Ten ata o final do día, Sr. Vincent,
aínda que tanto ten.

100
00:06:14,665 --> 00:06:18,086
A próxima vez
preste atención a todos os detalles.

101
00:06:33,518 --> 00:06:35,228
Está orgulloso, letrado?

102
00:06:35,937 --> 00:06:39,857
Alégrome de saír a tempo
para recoller a nena. Desculpe.

103
00:06:40,400 --> 00:06:42,819
O seu cliente é un asasino, e sábeo.

104
00:06:43,403 --> 00:06:45,738
Debeu pensalo antes de saltar as normas.

105
00:06:45,738 --> 00:06:47,573
É cousa súa, inspector.

106
00:06:48,074 --> 00:06:49,575
E segue as normas?

107
00:06:50,993 --> 00:06:54,622
Os avogados transgredídelas
para conseguir o que queredes.

108
00:06:55,206 --> 00:06:56,999
Ben, pois xa somos dous.

109
00:06:56,999 --> 00:06:58,960
Agora saia do puto medio.

110
00:06:59,752 --> 00:07:01,379
Con estes trucos, Haller,

111
00:07:01,379 --> 00:07:03,923
alguén vai acabar morto por culpa túa.

112
00:07:05,133 --> 00:07:06,717
Deberías pensalo.

113
00:07:31,159 --> 00:07:33,369
Por que non dixeches que era Glory Days?

114
00:07:33,953 --> 00:07:36,372
- Quen?
- O asasinato do que te acusan.

115
00:07:36,372 --> 00:07:39,500
Giselle Dallinger.
Coñecíaa como Glory Days.

116
00:07:39,500 --> 00:07:41,752
Nunca antes oíra ese nome.

117
00:07:41,752 --> 00:07:43,754
Díxome que se chamaba Giselle.

118
00:07:43,754 --> 00:07:45,423
E cando foi iso?

119
00:07:45,423 --> 00:07:46,841
Hai un ano.

120
00:07:46,841 --> 00:07:49,594
Presentounos outra clienta miña, Stacy.

121
00:07:49,594 --> 00:07:51,762
A que te refires con "clienta"?

122
00:07:52,263 --> 00:07:55,933
Son coma o xerente
de xente que traballa coma Giselle.

123
00:07:55,933 --> 00:07:57,685
Es un proxeneta?

124
00:07:57,685 --> 00:07:59,228
Non, para nada.

125
00:07:59,228 --> 00:08:01,981
Son un moderador, dedícome a programar.

126
00:08:01,981 --> 00:08:05,568
Teño unha web moi segura
cun cifrado de extremo a extremo.

127
00:08:05,568 --> 00:08:08,821
As miñas clientas captan clientes,
eu verifícoos antes da cita.

128
00:08:09,322 --> 00:08:10,615
Reduce o perigo.

129
00:08:10,615 --> 00:08:11,616
Ai, si?

130
00:08:12,992 --> 00:08:15,286
Non é a forma máis respectable
de ganar a vida,

131
00:08:15,286 --> 00:08:17,413
pero nunca obriguei a ninguén.

132
00:08:17,413 --> 00:08:19,999
Só traballo con xente que xa está metida.

133
00:08:19,999 --> 00:08:22,001
Axúdolles a que sexa máis seguro.

134
00:08:22,919 --> 00:08:24,128
Ou iso pensaba.

135
00:08:24,128 --> 00:08:27,882
E que parte levas por este servizo?

136
00:08:27,882 --> 00:08:28,925
O 20 %.

137
00:08:29,800 --> 00:08:32,470
Máis que un proxeneta, supoño.

138
00:08:36,390 --> 00:08:40,311
Necesito falar coa Stacy
que che presentou a Glory Days.

139
00:08:40,853 --> 00:08:43,940
O meu compañeiro, David,
pódeche dar a información.

140
00:08:44,482 --> 00:08:45,650
Compañeiro?

141
00:08:45,650 --> 00:08:47,944
De vida, non de negocios.

142
00:08:47,944 --> 00:08:50,321
Non, David non quería saber nada diso.

143
00:08:50,321 --> 00:08:53,241
Pediume que o deixase.

144
00:08:53,241 --> 00:08:55,368
Ía ser o último ano

145
00:08:55,368 --> 00:08:58,287
e xa tería abondo para deixalo e...

146
00:09:02,333 --> 00:09:06,546
Cóntame que pasou
a noite que morreu Glory Days.

147
00:09:07,630 --> 00:09:09,257
Vale, mira...

148
00:09:10,174 --> 00:09:11,968
Estiven na súa casa.

149
00:09:11,968 --> 00:09:14,262
Creo que non me viron, pero estiven.

150
00:09:15,012 --> 00:09:15,846
Por que?

151
00:09:16,681 --> 00:09:18,558
Debíame cartos.

152
00:09:20,142 --> 00:09:23,604
Non é o que cres.
Parezo un home que malla mulleres?

153
00:09:23,604 --> 00:09:25,398
As aparencias enganan.

154
00:09:25,898 --> 00:09:29,402
Eu non fun, vale? Eu non fago esas cousas.

155
00:09:30,111 --> 00:09:31,237
Discutistes?

156
00:09:32,655 --> 00:09:37,118
Si. A ver, Giselle estaba drogada,
un problema bastante habitual.

157
00:09:37,118 --> 00:09:40,454
Parecía unha tola.
Botouse ela a min, non ao revés.

158
00:09:40,454 --> 00:09:42,373
Eu só a apartei.

159
00:09:42,373 --> 00:09:44,625
Ese día ía ter dúas citas,

160
00:09:44,625 --> 00:09:47,962
pero non tiña os cartos
porque o segundo non apareceu.

161
00:09:47,962 --> 00:09:49,505
Crícheslle?

162
00:09:49,505 --> 00:09:52,758
A verdade, non,
pero non podía facer nada e marchei.

163
00:09:53,259 --> 00:09:57,263
Serían sobre as 23:00,
e cando marchei estaba ben, xúroo.

164
00:09:58,681 --> 00:10:02,476
Caíame moi ben Giselle.
Cando estaba limpa, claro.

165
00:10:02,476 --> 00:10:04,687
Por iso te chamei, mandoume ela.

166
00:10:04,687 --> 00:10:06,397
Dixo que eras o mellor.

167
00:10:09,567 --> 00:10:12,236
Non sei, Julian, isto é moi complicado.

168
00:10:12,236 --> 00:10:13,863
Ela importábame.

169
00:10:13,863 --> 00:10:16,282
En serio, non fun eu.

170
00:10:16,282 --> 00:10:17,199
E oínte.

171
00:10:17,199 --> 00:10:20,077
Normalmente non importaría,
pero esta vez si.

172
00:10:21,287 --> 00:10:23,789
Encárgome da lectura de cargos.

173
00:10:23,789 --> 00:10:26,959
Logo necesito tempo para pensalo, vale?

174
00:10:27,627 --> 00:10:29,920
Tamén teño uns honorarios.

175
00:10:29,920 --> 00:10:32,673
Non hai problema.
Terás os cartos pola mañá.

176
00:10:33,382 --> 00:10:34,216
Pero eu...

177
00:10:36,385 --> 00:10:38,346
Non podo quedar no cárcere.

178
00:10:38,888 --> 00:10:41,641
Entendes? Non podo.
Aquí non podo sobrevivir.

179
00:10:41,641 --> 00:10:46,062
Non podo facer nada,
só o que lles digo aos meus clientes.

180
00:10:46,062 --> 00:10:49,523
Mantén os ollos abertos e a boca pechada.
Xa te chamarei.

181
00:11:37,780 --> 00:11:39,448
ALOHA DESDE HAWAI

182
00:12:01,178 --> 00:12:02,596
Miña nai vive en Hawai.

183
00:12:02,596 --> 00:12:07,143
Irei pasar un tempo alí,
talvez unha longa tempada.

184
00:12:11,480 --> 00:12:12,398
Si?

185
00:12:13,149 --> 00:12:14,525
Si, son Mickey Haller.

186
00:12:16,610 --> 00:12:17,695
Espera, está ben?

187
00:12:28,873 --> 00:12:29,707
Legal, estás ben?

188
00:12:29,707 --> 00:12:31,834
Non tiñas que vir, home.

189
00:12:31,834 --> 00:12:33,627
Claro que si, que pasou?

190
00:12:33,627 --> 00:12:37,673
Non lles gustaron os resultados
dunhas probas.

191
00:12:37,673 --> 00:12:39,383
Unha cardiopatía leve.

192
00:12:39,383 --> 00:12:42,052
Legal, non hai cardiopatías leves.

193
00:12:42,052 --> 00:12:45,681
Coa miña idade, se non te mata, é leve.

194
00:12:46,682 --> 00:12:48,058
Non quedes aí.

195
00:12:48,058 --> 00:12:50,978
Dáme algo en que pensar para distraerme.

196
00:12:50,978 --> 00:12:54,023
Tes abondo co teu
como para oír os meus problemas.

197
00:12:54,023 --> 00:12:58,068
Que máis vou facer?
Comer xelatina? Ver a televisión?

198
00:12:58,068 --> 00:13:00,237
Se tes algo, sóltao.

199
00:13:02,364 --> 00:13:03,407
Es incrible.

200
00:13:04,158 --> 00:13:05,075
Moi ben.

201
00:13:05,785 --> 00:13:07,745
Lémbraste de Glory Days?

202
00:13:07,745 --> 00:13:10,790
A prostituta que testificou para ti.

203
00:13:11,290 --> 00:13:12,625
Si, pois...

204
00:13:13,334 --> 00:13:15,544
dixérame que marchaba a Hawai.

205
00:13:15,544 --> 00:13:18,923
Deixaba ese mundo. Ata me mandou isto.

206
00:13:20,633 --> 00:13:21,842
E?

207
00:13:22,343 --> 00:13:23,636
Mira o cuño.

208
00:13:23,636 --> 00:13:27,014
{\an8}Non se enviou desde Hawai,
senón desde Van Nuys.

209
00:13:28,599 --> 00:13:31,060
Mentiume, nunca marchou dos Ánxeles.

210
00:13:31,060 --> 00:13:33,854
Cambiou de nome e seguiu coa prostitución.

211
00:13:33,854 --> 00:13:36,607
Rapaz, non podes salvar a todo o mundo.

212
00:13:36,607 --> 00:13:38,108
Si, xa, pero...

213
00:13:39,193 --> 00:13:40,569
Legal, morreu.

214
00:13:41,153 --> 00:13:42,530
Matárona

215
00:13:43,781 --> 00:13:47,618
e o tipo que detiveron
chamoume porque lle mandou ela.

216
00:13:47,618 --> 00:13:51,205
Eu pensei que xa o vira todo co teu pai.

217
00:13:52,581 --> 00:13:54,083
E quen é o tipo ese?

218
00:13:54,083 --> 00:13:58,003
Un tipo de xerente,
aínda que non parece do tipo.

219
00:13:58,003 --> 00:13:59,338
Do tipo que mata?

220
00:13:59,338 --> 00:14:01,715
Faime caso, é quen menos o penses.

221
00:14:01,715 --> 00:14:04,718
Glory defendeuse
de Russell Lawson dúas veces.

222
00:14:04,718 --> 00:14:06,929
A este podía comelo con patacas.

223
00:14:06,929 --> 00:14:09,223
E que hai de Russell Lawson?

224
00:14:09,223 --> 00:14:10,349
Está encerrado,

225
00:14:10,349 --> 00:14:12,560
pero non llo mandaría facer a outro?

226
00:14:12,560 --> 00:14:15,980
Non, non creo.
Russell é un lobo solitario.

227
00:14:16,480 --> 00:14:19,024
Gústalle matar a el,
non que o fagan por el.

228
00:14:19,024 --> 00:14:20,734
E hai alguén máis?

229
00:14:20,734 --> 00:14:23,529
Seguro que coñeceu moitos tipos raros.

230
00:14:25,155 --> 00:14:26,574
Se cadra un en especial.

231
00:14:27,533 --> 00:14:30,077
Para coller a Russell, Glory fixo de cebo.

232
00:14:30,077 --> 00:14:32,288
Lémbrome ben. Foi idea miña.

233
00:14:32,288 --> 00:14:33,789
Ela estaba encerrada.

234
00:14:33,789 --> 00:14:37,877
Por cocaína, e conseguiuna
do xefe dun cártel, Hector Moya.

235
00:14:38,794 --> 00:14:40,045
Ofrecinlle un trato.

236
00:14:40,045 --> 00:14:42,548
Delatouno e eu saqueina.

237
00:14:42,548 --> 00:14:44,550
Esa parte non ma contaches.

238
00:14:44,550 --> 00:14:46,802
Supoñía que era unha fonte anónima.

239
00:14:46,802 --> 00:14:49,013
Si, pero e se o descubriu?

240
00:14:49,013 --> 00:14:53,100
O do cártel é un tipo
que ha querer axustar contas.

241
00:14:53,100 --> 00:14:56,854
Fixeches o que faría calquera avogado bo:

242
00:14:56,854 --> 00:14:58,606
sacar a túa clienta.

243
00:14:58,606 --> 00:15:00,482
Non foi culpa túa.

244
00:15:02,109 --> 00:15:03,944
E por que sinto que si?

245
00:15:05,738 --> 00:15:08,741
Non sei que facer. Acepto o caso ou non?

246
00:15:08,741 --> 00:15:10,784
Só ti podes responder.

247
00:15:11,285 --> 00:15:13,621
Pero aínda así, ten coidado.

248
00:15:13,621 --> 00:15:15,664
Os cárteis fan de todo.

249
00:15:15,664 --> 00:15:17,875
Se foi por quen o delatou,

250
00:15:17,875 --> 00:15:21,086
quen che di
que non vai ir polo seu avogado?

251
00:15:25,090 --> 00:15:27,217
Temía que dixeses iso.

252
00:15:32,306 --> 00:15:33,557
Asustáchesme.

253
00:15:34,475 --> 00:15:35,309
Bu.

254
00:15:42,942 --> 00:15:45,736
HECTOR MOYA, HECTOR MORENO,
ASASINATO E TRÁFICO DE DROGAS

255
00:15:45,736 --> 00:15:47,988
ASASINATO, SUBSTANCIAS DE IMPORTACIÓN

256
00:15:56,622 --> 00:15:59,333
COCAÍNA, FENTANILO

257
00:15:59,333 --> 00:16:02,336
CÁRTEL DE TIJUANA
ASASINATOS

258
00:16:14,974 --> 00:16:17,518
<i>Non o vou delatar, Mickey, xa o sabes.</i>

259
00:16:17,518 --> 00:16:19,937
Pode vir por min. Non é traficante?

260
00:16:19,937 --> 00:16:21,146
<i>Queres quedar presa?</i>

261
00:16:37,037 --> 00:16:38,455
{\an8}A COBRA

262
00:17:04,732 --> 00:17:06,984
Boas, Izzy, todo ben?

263
00:17:06,984 --> 00:17:09,570
Eh, creo que si.

264
00:17:09,570 --> 00:17:10,988
Veu un tal David

265
00:17:10,988 --> 00:17:13,699
e dixo que viña pagar por Julian La Cosse.

266
00:17:13,699 --> 00:17:15,075
Está todo?

267
00:17:15,075 --> 00:17:17,619
A ver, dimo ti.

268
00:17:18,579 --> 00:17:19,496
Que?

269
00:17:22,332 --> 00:17:23,417
Pesa.

270
00:17:23,417 --> 00:17:26,503
Téñenme pagado con xoias,
pero con ouro? Que novidade.

271
00:17:26,503 --> 00:17:28,839
Aceptaches un caso na miña lúa de mel?

272
00:17:28,839 --> 00:17:32,217
Que facedes aquí?
Non deberiades estar en Los Cabos?

273
00:17:32,217 --> 00:17:33,177
Chovía.

274
00:17:33,177 --> 00:17:36,805
Iremos un mes a Italia
cando nos deas un mes libre,

275
00:17:36,805 --> 00:17:38,057
que non será nunca.

276
00:17:38,057 --> 00:17:40,267
- É de verdade?
- Hai que mirar.

277
00:17:40,267 --> 00:17:42,603
Marvin Beedleman saberá canto vale.

278
00:17:42,603 --> 00:17:45,856
Antes chama á oficina,
se cadra está durmindo a sesta.

279
00:17:45,856 --> 00:17:48,025
- Que caso é?
- O de Glory Days.

280
00:17:48,025 --> 00:17:49,234
Que lle pasa?

281
00:17:49,860 --> 00:17:52,154
Pois morreu.

282
00:17:52,154 --> 00:17:53,405
Matárona.

283
00:17:53,989 --> 00:17:54,907
- Que?
- Si.

284
00:17:54,907 --> 00:17:56,575
O tipo que detiveron chamoume.

285
00:17:56,575 --> 00:18:00,537
Sinto o da lúa de mel,
pero alégrome de vervos, vouvos necesitar.

286
00:18:00,537 --> 00:18:01,663
Matárona?

287
00:18:02,247 --> 00:18:03,665
Vivía en Hawai.

288
00:18:03,665 --> 00:18:05,084
É unha longa historia.

289
00:18:05,084 --> 00:18:08,337
Debe ser unha historia distinta
á que contan os polis.

290
00:18:08,337 --> 00:18:10,089
Lembrades a Hector Moya?

291
00:18:10,089 --> 00:18:14,051
O do cártel.
Cres que descubriu que ela o delatou?

292
00:18:14,051 --> 00:18:16,428
Teño que considerar esa opción.

293
00:18:16,970 --> 00:18:20,057
Maggie podería dicirche
a onde o enviou o Estado?

294
00:18:20,057 --> 00:18:22,643
Creo que o Estado non o enviou a ningures.

295
00:18:22,643 --> 00:18:24,686
Onte investiguei un pouco.

296
00:18:24,686 --> 00:18:27,147
Busquei o caso na base de datos do Estado.

297
00:18:27,147 --> 00:18:30,359
Non había nada,
penso que se meteron os federais.

298
00:18:30,359 --> 00:18:33,737
Ou saíu
porque delatou a alguén e fixo un trato.

299
00:18:33,737 --> 00:18:35,864
Debo subir a cobertura do seguro.

300
00:18:35,864 --> 00:18:37,282
Se me pasa algo,

301
00:18:37,282 --> 00:18:40,035
quero que coiden de Winston.

302
00:18:41,036 --> 00:18:42,579
Lorna, estarás ben.

303
00:18:42,579 --> 00:18:45,666
Si, e ti que? Estás seguro?

304
00:18:45,666 --> 00:18:49,711
Non o estou, pero debo asegurarme
antes de coller o caso.

305
00:18:49,711 --> 00:18:51,296
Valo aceptar?

306
00:18:52,756 --> 00:18:55,300
Non sei, é persoal.

307
00:18:55,300 --> 00:18:57,052
Porque iso sempre sae ben.

308
00:18:58,428 --> 00:19:00,139
A ver, o importante.

309
00:19:00,139 --> 00:19:02,057
Comproba a escena do crime.

310
00:19:02,057 --> 00:19:03,684
Matárona no seu piso.

311
00:19:03,684 --> 00:19:05,894
Non no de antes, tiña outra identidade.

312
00:19:05,894 --> 00:19:07,688
Aí tes toda a información.

313
00:19:08,313 --> 00:19:10,107
E necesito o informe da autopsia.

314
00:19:10,607 --> 00:19:12,442
O forense dixo... Un momento.

315
00:19:12,442 --> 00:19:13,569
Hayley?

316
00:19:14,403 --> 00:19:16,613
Vale, espera. Que pasa?

317
00:19:16,613 --> 00:19:18,824
<i>Que detiveron a Eddie.</i>

318
00:19:18,824 --> 00:19:20,075
Que Eddie?

319
00:19:20,075 --> 00:19:23,245
Eddie Rojas. Súa nai era a miña coidadora.

320
00:19:23,245 --> 00:19:24,204
Eddie o cativo?

321
00:19:24,204 --> 00:19:26,915
Seica roubou un coche en Beverly Hills.

322
00:19:26,915 --> 00:19:30,460
Rula, Eddie Rojas é un neno,
non lle chegaba aos pedais.

323
00:19:30,460 --> 00:19:34,006
<i>Súa nai chamou a miña,
pero está en San Diego.</i>

324
00:19:34,006 --> 00:19:36,341
Tes que axudalo, a audiencia é hoxe.

325
00:19:36,341 --> 00:19:38,427
O avogado
díxolle que se declarase culpable.

326
00:19:38,427 --> 00:19:41,805
Se o avogado llo dixo, será o mellor.

327
00:19:41,805 --> 00:19:44,474
Non é un cliente culpable, é Eddie.

328
00:19:44,474 --> 00:19:47,269
<i>Non puido roubar un coche.</i>

329
00:19:47,269 --> 00:19:50,063
<i>Non queres facer algo bo para variar?</i>

330
00:19:52,649 --> 00:19:53,817
Beverly Hills, non?

331
00:20:15,964 --> 00:20:17,174
Eddie?

332
00:20:17,174 --> 00:20:19,843
- Eddie Rojas.
- Señor Haller, que fai aquí?

333
00:20:19,843 --> 00:20:22,679
Vaia, Eddie, si que medraches.

334
00:20:22,679 --> 00:20:25,807
Canseime de que se metesen comigo
e fixen exercicio.

335
00:20:25,807 --> 00:20:28,518
- Moi ben.
- Vai coller o meu caso?

336
00:20:28,518 --> 00:20:30,729
Non quería que miña nai o molestase...

337
00:20:30,729 --> 00:20:34,107
Non é molestia.
Traballaba co avogado de oficio.

338
00:20:34,107 --> 00:20:37,611
E Hayley non me volverá falar
se non o fago. Que pasou?

339
00:20:38,111 --> 00:20:41,573
Mire, nunca roubei coches, non son así.

340
00:20:41,573 --> 00:20:43,158
E como es?

341
00:20:43,659 --> 00:20:47,204
Quedei cun amigo en Beverly Hills,
traballa de camareiro.

342
00:20:47,204 --> 00:20:50,707
Esperábao fóra e chegou un tipo
nun Lambo cunha muller.

343
00:20:50,707 --> 00:20:51,875
Vale, e?

344
00:20:51,875 --> 00:20:53,710
Estaba alí ao meu

345
00:20:53,710 --> 00:20:57,422
e o cabrón tírame as chaves,
dez dólares e di: "Apárcao preto."

346
00:20:57,422 --> 00:20:59,049
Pensou que aparcabas coches.

347
00:20:59,049 --> 00:21:01,927
Si, non é a primeira vez que me pasa.

348
00:21:01,927 --> 00:21:05,222
Que agarrado.
Cun Lamborghini, dez pavos de propina?

349
00:21:05,222 --> 00:21:08,350
Vale, céntrate. Que fixeches?

350
00:21:09,226 --> 00:21:10,102
Vale.

351
00:21:11,728 --> 00:21:13,397
Collín o coche.

352
00:21:13,397 --> 00:21:17,609
Debinlle dicir que non aparcaba coches,
pero non o roubei.

353
00:21:17,609 --> 00:21:20,988
E non lle roubei o coche,
aparqueino noutra rúa.

354
00:21:20,988 --> 00:21:23,240
Só quería ensinarlle unha lección.

355
00:21:23,240 --> 00:21:26,660
Daquela talvez che deu o coche
cun falso pretexto?

356
00:21:26,660 --> 00:21:29,413
Si, creou el o falso pretexto, non eu.

357
00:21:29,413 --> 00:21:32,457
Se cadra
podo argumentar que foi unha falcatruada.

358
00:21:32,457 --> 00:21:35,752
Terás liberdade condicional.
Con sorte, será só un ano.

359
00:21:36,336 --> 00:21:37,713
Un ano con antecedentes?

360
00:21:37,713 --> 00:21:40,257
A ver que podo facer. Antes vou comer.

361
00:21:40,257 --> 00:21:42,384
Non almorcei. Queres algo?

362
00:21:42,384 --> 00:21:45,470
Non, non como comida procesada,
señor Haller.

363
00:21:45,470 --> 00:21:46,888
Quere unha cenoria?

364
00:21:49,766 --> 00:21:52,352
Non, grazas. Ti espera aquí, vale?

365
00:22:01,862 --> 00:22:04,656
Reservamos a lúa de mel en Cabo
para ir á praia,

366
00:22:04,656 --> 00:22:06,616
non para facer crebacabezas no hotel.

367
00:22:06,616 --> 00:22:10,704
Por certo, faltábanlle dúas pezas,
e non eran esquinas.

368
00:22:10,704 --> 00:22:13,790
Si, por iso ninguén contrata
seguros de viaxe.

369
00:22:13,790 --> 00:22:16,460
Se non cobre que chova na praia,

370
00:22:16,460 --> 00:22:18,462
que cobre exactamente?

371
00:22:20,047 --> 00:22:21,882
Acabas de dicir ébola?

372
00:22:23,550 --> 00:22:27,679
Escoita, teño outra chamada,
pero esta conversa non rematou.

373
00:22:27,679 --> 00:22:28,680
Espera.

374
00:22:29,514 --> 00:22:31,933
Izzy, estou discutindo cos do seguro.

375
00:22:31,933 --> 00:22:33,769
Canto che deron polo ouro?

376
00:22:33,769 --> 00:22:36,188
Pois 56 000. Xa os ingresei na conta.

377
00:22:36,188 --> 00:22:38,523
Cincuenta e seis? Mi madriña!

378
00:22:38,523 --> 00:22:41,151
Atende, Mickey está libre á tarde?

379
00:22:41,651 --> 00:22:42,986
<i>Está no xulgado. Por?</i>

380
00:22:42,986 --> 00:22:44,905
Vou comer cunha amiga.

381
00:22:44,905 --> 00:22:48,617
Ofrecéronlle coreografar un programa,
pero quere revisar o contrato.

382
00:22:48,617 --> 00:22:50,243
Podo mirarllo eu.

383
00:22:50,243 --> 00:22:53,080
- Non é molestia?
- Non, así practico.

384
00:22:53,080 --> 00:22:56,249
E non lle vou cobrar
porque aínda non son avogada.

385
00:22:56,249 --> 00:22:59,628
Ai, grazas, Lorna, déboche unha.
Lévoo despois de xantar.

386
00:22:59,628 --> 00:23:01,755
Sen problema. Ata logo.

387
00:23:03,256 --> 00:23:04,466
Por onde iamos?

388
00:23:06,218 --> 00:23:08,428
Dime que non me acabas de colgar.

389
00:23:11,139 --> 00:23:13,266
- Ola, podo axudarte?
- Iso espero.

390
00:23:13,266 --> 00:23:16,228
Son David Lyons, trouxen o pago de Julian.

391
00:23:16,228 --> 00:23:17,396
Si, o ouro.

392
00:23:17,396 --> 00:23:20,816
Son a parella de Julian.
Teño que falar con Mickey, está?

393
00:23:20,816 --> 00:23:26,196
Mickey está no xulgado. Son Lorna Crane,
traballo con Mickey. Podo axudarte?

394
00:23:26,196 --> 00:23:28,448
Necesito que o saquedes do cárcere

395
00:23:28,448 --> 00:23:31,451
porque el...

396
00:23:31,451 --> 00:23:34,996
Queres sentar? Tráioche un té?

397
00:23:34,996 --> 00:23:38,041
Ten que entender
que Julian non é un criminal.

398
00:23:38,041 --> 00:23:43,130
É máis ben... un informático.
Non sobrevirá no cárcere.

399
00:23:45,715 --> 00:23:47,259
Tes que estar preparado.

400
00:23:47,884 --> 00:23:50,011
A Julian acúsano de asasinato.

401
00:23:50,595 --> 00:23:51,513
Sexa quen sexa,

402
00:23:51,513 --> 00:23:54,099
poñerán unha fianza alta, se lla poñen.

403
00:23:54,099 --> 00:23:57,227
Non hai problema, podémola pagar.
Temos máis ouro.

404
00:23:58,353 --> 00:24:01,148
Teño que preguntalo: e todo ese ouro?

405
00:24:01,148 --> 00:24:02,441
Unha longa historia.

406
00:24:02,441 --> 00:24:06,653
Os ingresos de Julian
non se levan moi ben con Facenda.

407
00:24:06,653 --> 00:24:08,822
É máis seguro que telos no banco.

408
00:24:09,698 --> 00:24:13,743
Tiñamos planeado marchar dos Ánxeles
e vivir fóra do mapa.

409
00:24:14,327 --> 00:24:15,412
Coma preparacionistas?

410
00:24:16,079 --> 00:24:18,415
Julian prefire dicir "realistas".

411
00:24:21,042 --> 00:24:22,043
Levamos...

412
00:24:23,044 --> 00:24:24,963
Levamos oito anos xuntos.

413
00:24:25,714 --> 00:24:28,550
E non é perfecto, pero quéroo.

414
00:24:29,885 --> 00:24:32,762
E non matou a ninguén, non sería capaz.

415
00:24:33,472 --> 00:24:35,307
Espero que isto non o mate.

416
00:24:38,310 --> 00:24:41,396
E a que hora foi iso aproximadamente, axente?

417
00:24:41,396 --> 00:24:42,314
Ás 22:30.

418
00:24:42,314 --> 00:24:45,275
Houbo un aviso dun roubo dun coche.

419
00:24:45,275 --> 00:24:48,528
Vin o acusado aparcar un coche en Crescent

420
00:24:48,528 --> 00:24:50,739
que coincidía co que roubaran.

421
00:24:50,739 --> 00:24:52,032
E que fixo?

422
00:24:52,032 --> 00:24:53,408
Detiven o acusado.

423
00:24:53,408 --> 00:24:56,495
Cando soubemos
que collera o vehículo ilegalmente,

424
00:24:56,495 --> 00:24:57,871
arresteino.

425
00:24:57,871 --> 00:24:59,372
Grazas, axente Gibbons.

426
00:25:00,707 --> 00:25:02,209
Todo seu, Sr. Haller.

427
00:25:03,752 --> 00:25:05,337
Ben, axente Gibbons,

428
00:25:05,337 --> 00:25:08,632
o lugar onde veu o señor Rojas
aparcar o coche

429
00:25:08,632 --> 00:25:10,050
está moi lonxe

430
00:25:10,050 --> 00:25:12,636
de onde tivo lugar o suposto roubo?

431
00:25:12,636 --> 00:25:14,304
A catro bloques.

432
00:25:14,304 --> 00:25:15,430
Catro bloques.

433
00:25:15,430 --> 00:25:17,724
Vaia, non é moi lonxe.

434
00:25:17,724 --> 00:25:21,770
Na súa experiencia,
é normal que alguén que roube un coche

435
00:25:21,770 --> 00:25:23,855
o deixe a catro bloques?

436
00:25:23,855 --> 00:25:25,440
Non, non o é.

437
00:25:25,440 --> 00:25:28,276
- Pero iso non é todo.
- Perdoe?

438
00:25:28,276 --> 00:25:30,111
Na investigación

439
00:25:30,111 --> 00:25:31,988
descubrimos imaxes de tráfico

440
00:25:31,988 --> 00:25:35,867
nas que o acusado
conduciu o coche durante máis tempo.

441
00:25:35,867 --> 00:25:39,371
Imaxes de tráfico?
Señoría, non mencionan imaxes...

442
00:25:39,371 --> 00:25:42,290
Porque o axente Gibbons descubriunas onte.

443
00:25:42,290 --> 00:25:44,668
Señoría, nin eu puiden revisalas.

444
00:25:44,668 --> 00:25:48,255
É unha audiencia preliminar,
señor Haller, non un xuízo.

445
00:25:48,255 --> 00:25:50,549
Ten 15 minutos para revisalas.

446
00:25:50,549 --> 00:25:53,009
- Grazas, señoría.
- Moi ben.

447
00:25:53,009 --> 00:25:55,762
Facemos un breve receso e logo retomámolo.

448
00:25:58,056 --> 00:26:00,308
Non era que só aparcaras o coche?

449
00:26:00,308 --> 00:26:01,726
Era un Lamborghini.

450
00:26:01,726 --> 00:26:04,729
Primeiro deille unha volta.
Ti non o farías?

451
00:26:20,620 --> 00:26:22,706
Xa llelo dixen aos policías.

452
00:26:22,706 --> 00:26:26,001
Xa, pero temos un cliente
acusado de asasinato,

453
00:26:26,001 --> 00:26:29,045
así que... nunca sabes que podería axudar.

454
00:26:29,963 --> 00:26:32,215
É inocente? O voso cliente?

455
00:26:32,215 --> 00:26:35,760
Ata que se demostre o contrario.
Funciona así.

456
00:26:38,430 --> 00:26:40,056
Queres un?

457
00:26:40,056 --> 00:26:42,309
É Indica. Para relaxarte.

458
00:26:42,309 --> 00:26:47,564
Non, grazas. Queda moito día por diante
e teño que estar centrado.

459
00:26:54,029 --> 00:26:57,657
Ben, podes empezar a falar.

460
00:26:58,992 --> 00:26:59,826
Si.

461
00:27:02,579 --> 00:27:04,623
Acababa de chegar de traballar

462
00:27:04,623 --> 00:27:07,459
e oín a Giselle discutir con alguén.

463
00:27:07,459 --> 00:27:09,127
Impórtache se...?

464
00:27:09,127 --> 00:27:10,045
Non, claro.

465
00:27:10,629 --> 00:27:12,047
Tes paredes finas?

466
00:27:12,047 --> 00:27:12,964
Non.

467
00:27:12,964 --> 00:27:14,424
- Podo?
- Si.

468
00:27:18,637 --> 00:27:22,265
Oes os veciños facer ruído adoito?

469
00:27:22,265 --> 00:27:25,935
Normalmente non,
pero esa vez fixeron moito ruído.

470
00:27:26,436 --> 00:27:30,607
O tipo estaba anoxado. Non paraba
de dicir: "Non me mintas, hostia."

471
00:27:30,607 --> 00:27:32,484
E puideches velo?

472
00:27:33,193 --> 00:27:36,404
Non, pero cando marchou

473
00:27:37,030 --> 00:27:39,449
bateu tan forte a porta
que tremeu a parede.

474
00:27:40,367 --> 00:27:42,077
Despois cheirei o fume.

475
00:27:43,286 --> 00:27:44,120
Fume?

476
00:27:44,120 --> 00:27:46,206
Si, do incendio do lado.

477
00:27:46,206 --> 00:27:47,749
Chamei os bombeiros,

478
00:27:47,749 --> 00:27:51,127
pero cando chegaron
os aspersores xa o apagaran.

479
00:27:51,127 --> 00:27:54,172
Si, fixeron o edificio haberá un ano.

480
00:27:54,673 --> 00:27:56,633
Normativas da cidade.

481
00:27:57,592 --> 00:27:58,468
Xa.

482
00:27:59,469 --> 00:28:01,680
Podo facerche outra pregunta máis?

483
00:28:02,222 --> 00:28:06,059
Por casualidade
tomaches aquela noite eses caramelos?

484
00:28:07,435 --> 00:28:09,729
Non, que va, mentres traballo non.

485
00:28:09,729 --> 00:28:14,526
E dixeches que traballas de repartidora.
De comida a domicilio?

486
00:28:14,526 --> 00:28:17,445
Non, non, de maría. Reparto maría.

487
00:28:19,406 --> 00:28:23,118
Ás veces cogomelos,
pero ese é un choio extra.

488
00:28:24,828 --> 00:28:25,662
Xa.

489
00:28:27,706 --> 00:28:31,543
Sr. Schwartz, estas son as imaxes
que nos ensinou o axente Gibbons

490
00:28:31,543 --> 00:28:33,211
da autovía 405.

491
00:28:33,962 --> 00:28:35,630
Recoñece o vehículo?

492
00:28:35,630 --> 00:28:38,383
Si, é o meu coche,
identifícoo pola matrícula.

493
00:28:38,383 --> 00:28:42,637
E recoñece o home
que conduce o seu vehículo na foto?

494
00:28:42,637 --> 00:28:44,514
É o tipo que mo roubou.

495
00:28:45,348 --> 00:28:47,434
Está ese home na sala?

496
00:28:48,518 --> 00:28:50,812
É el, está aí sentado.

497
00:28:50,812 --> 00:28:54,107
Que conste
que a testemuña identificou o acusado.

498
00:28:54,107 --> 00:28:55,483
Señor Schwartz,

499
00:28:56,151 --> 00:28:58,945
pode dicirnos que pasou aquela noite?

500
00:28:59,779 --> 00:29:01,906
Foi todo moi rápido, pero inténtoo.

501
00:29:01,906 --> 00:29:04,284
Parei nun semáforo mentres ía á casa.

502
00:29:04,284 --> 00:29:06,953
Tiña a capota baixada e cando me dei conta

503
00:29:06,953 --> 00:29:11,458
ese home estábame apuntando
cunha pistola á cara.

504
00:29:12,876 --> 00:29:16,212
Díxome que saíse do coche.
Estaba morto de medo.

505
00:29:16,212 --> 00:29:18,423
Meteuse dentro e marchou co coche.

506
00:29:19,090 --> 00:29:20,759
E a que hora foi?

507
00:29:21,342 --> 00:29:22,594
Sobre as 23:00.

508
00:29:23,094 --> 00:29:28,767
E non o denunciou á policía
ata unha hora despois.

509
00:29:29,851 --> 00:29:31,478
Pode explicar por que?

510
00:29:32,520 --> 00:29:33,855
Quedei pampo.

511
00:29:33,855 --> 00:29:35,982
Vin a vida pasar diante de min.

512
00:29:38,443 --> 00:29:41,154
Só podía pensar na miña preciosa esposa.

513
00:29:42,655 --> 00:29:44,532
Quería volver xunta dela.

514
00:29:44,532 --> 00:29:48,620
Pedín un coche.
Cando cheguei á casa, chamei a policía.

515
00:29:49,245 --> 00:29:53,374
Non é a muller que vin con el.
Era loura e moito máis nova.

516
00:29:54,167 --> 00:29:55,502
Grazas, Sr. Schwartz.

517
00:29:58,296 --> 00:29:59,380
Señor Haller?

518
00:30:00,048 --> 00:30:03,676
Necesito un momento para deliberar
co meu cliente, señoría.

519
00:30:05,595 --> 00:30:10,141
A chave que che deu o tipo
estaba nun chaveiro ou era só a do coche?

520
00:30:10,141 --> 00:30:11,601
Só a do coche. Por que?

521
00:30:14,354 --> 00:30:16,815
- Gústache apostar?
- Nada.

522
00:30:16,815 --> 00:30:18,483
Pois estás apañado.

523
00:30:18,483 --> 00:30:20,568
Boa tarde, señor Schwartz.

524
00:30:20,568 --> 00:30:24,531
Declarou que foi á casa
despois que lle roubasen o coche, non?

525
00:30:24,531 --> 00:30:25,490
Si.

526
00:30:26,115 --> 00:30:29,410
Era tarde. Estaba a súa muller esperta
para abrirlle?

527
00:30:29,410 --> 00:30:32,455
Non quixen espertala, así que non chamei.

528
00:30:32,455 --> 00:30:35,083
E ten pechadura automática na porta?

529
00:30:35,083 --> 00:30:37,335
Protesto, que relevancia ten?

530
00:30:37,919 --> 00:30:42,715
Señoría, estou a tres preguntas
de demostralo, se mo permite.

531
00:30:42,715 --> 00:30:46,469
Tres, señor Haller, non máis.
Responda, señor Schwartz.

532
00:30:47,804 --> 00:30:50,014
Non, non teño pechadura automática.

533
00:30:50,014 --> 00:30:52,517
E usa a chave da casa para abrila?

534
00:30:52,517 --> 00:30:54,894
- Que hostia vou usar?
- Sr. Schwartz.

535
00:30:54,894 --> 00:30:57,063
Desculpe, señoría.

536
00:30:57,689 --> 00:31:00,024
Si, usei a miña chave da casa.

537
00:31:00,650 --> 00:31:03,611
Ben, ten a chave aí? Pode ensinala?

538
00:31:11,870 --> 00:31:13,997
- Aí tes. Contento?
- Vale...

539
00:31:13,997 --> 00:31:17,166
Señoría, xa leva tres preguntas.

540
00:31:18,001 --> 00:31:19,711
Agora vou ao caso.

541
00:31:19,711 --> 00:31:21,004
Demostramos

542
00:31:21,004 --> 00:31:24,966
que ten as chaves da casa e do coche
no mesmo chaveiro, coma min.

543
00:31:24,966 --> 00:31:26,593
Coma todo o mundo.

544
00:31:26,593 --> 00:31:29,512
Xa, daquela
seguro que entende a miña confusión.

545
00:31:29,512 --> 00:31:32,348
Se tiña as chaves da casa no chaveiro

546
00:31:32,348 --> 00:31:35,143
e o meu cliente
lle levou as chaves no roubo,

547
00:31:35,143 --> 00:31:38,438
como puido abrir a porta da casa?

548
00:31:43,818 --> 00:31:45,778
A non ser que non llas roubara.

549
00:31:45,778 --> 00:31:48,740
Deulle as de reposto
cando foi ao restaurante...

550
00:31:48,740 --> 00:31:50,199
Quero retractarme.

551
00:31:50,199 --> 00:31:53,244
Non falaba das chaves da casa do chaveiro,

552
00:31:53,244 --> 00:31:56,789
senón das que temos agochadas
baixo unha pedra...

553
00:31:56,789 --> 00:31:58,249
Mentireiro de merda!

554
00:31:58,249 --> 00:31:59,292
Sra. Schwartz, orde!

555
00:31:59,292 --> 00:32:01,085
Movín a chave o mes pasado!

556
00:32:01,669 --> 00:32:03,588
Estabas con ela outra vez, non?

557
00:32:03,588 --> 00:32:06,090
Inventaches a historia para ocultalo.

558
00:32:06,090 --> 00:32:08,301
Sente e cale ou farei que a boten!

559
00:32:08,301 --> 00:32:09,677
Non é o que pensas.

560
00:32:09,677 --> 00:32:12,263
Pensaches que el era o aparcacoches?

561
00:32:12,263 --> 00:32:15,433
Non es un fillo de puta,
es un fillo de puta racista!

562
00:32:15,433 --> 00:32:17,268
Alguacil, sáquea de aquí!

563
00:32:17,268 --> 00:32:21,272
Letrados, receso de dez minutos.
Resólvano antes de retomalo.

564
00:32:21,856 --> 00:32:24,817
Deulle a chave do coche,
deulle consentimento.

565
00:32:24,817 --> 00:32:28,321
Para aparcalo, talvez,
non para dar unha volta.

566
00:32:29,113 --> 00:32:32,408
Falta leve. Un ano no cárcere
e multa de 5000 dólares.

567
00:32:33,952 --> 00:32:37,705
Estou sendo boa.
Podería acusalo dun delito.

568
00:32:37,705 --> 00:32:39,415
Pois acúsao.

569
00:32:39,415 --> 00:32:42,460
Queres que un xurado oia
que un marido infiel

570
00:32:42,460 --> 00:32:44,379
foi racista co meu cliente

571
00:32:44,379 --> 00:32:47,882
e o acusou dun crime que non cometeu
para ocultalo?

572
00:32:47,882 --> 00:32:51,135
Non cres que prexudicará o teu historial?

573
00:32:51,135 --> 00:32:54,597
Sen multa, sen cárcere

574
00:32:54,597 --> 00:32:58,267
e firmas os papeis
para que non vaia ao cárcere.

575
00:32:58,893 --> 00:33:01,229
E se queres acusar o Sr. Schwartz

576
00:33:01,229 --> 00:33:04,107
por presentar unha denuncia falsa,

577
00:33:04,107 --> 00:33:06,776
o meu cliente
estará encantado de testificar.

578
00:33:10,488 --> 00:33:11,614
Vale.

579
00:33:14,951 --> 00:33:18,496
Non podo crer que atopases
todas esas trampas no contrato.

580
00:33:18,496 --> 00:33:22,083
Ía firmalo, pero unha voceciña detívome.

581
00:33:22,083 --> 00:33:23,918
Faille sempre caso a esa voz,

582
00:33:23,918 --> 00:33:25,962
menos se é para casar nas Vegas.

583
00:33:26,838 --> 00:33:29,882
Voullo enviar coas correccións
e logo mirámolo.

584
00:33:29,882 --> 00:33:31,801
Moitas grazas de novo.

585
00:33:31,801 --> 00:33:34,679
De nada. Boa sorte e moita merda.

586
00:33:34,679 --> 00:33:36,389
Non, moita merda non.

587
00:33:38,766 --> 00:33:40,893
- Déboche unha, grazas.
- Tranquila.

588
00:33:40,893 --> 00:33:43,312
Non te esquezas de min
cando saias na tele.

589
00:33:43,312 --> 00:33:44,772
Non, prométoo.

590
00:33:56,576 --> 00:33:57,410
Eh, estás ben?

591
00:33:59,912 --> 00:34:01,789
Son mala se estou celosa?

592
00:34:01,789 --> 00:34:02,957
De Cat?

593
00:34:02,957 --> 00:34:04,375
Empezamos á vez.

594
00:34:04,375 --> 00:34:05,710
Vai saír na tele

595
00:34:05,710 --> 00:34:08,463
e eu non podo nin arranxar
o chan do estudio.

596
00:34:10,089 --> 00:34:12,550
Ás veces creo que vou desencamiñada.

597
00:34:12,550 --> 00:34:14,218
Hai distintos camiños.

598
00:34:14,218 --> 00:34:16,929
Eu deixei a carreira
e agora voume graduar.

599
00:34:16,929 --> 00:34:19,682
Foi un desvío, coma o teu.

600
00:34:21,392 --> 00:34:24,896
Si, tes razón,
ás veces son un pouco catastrófica.

601
00:34:24,896 --> 00:34:28,858
Lin que se te centras demasiado no futuro
acabas tendo ansiedade.

602
00:34:28,858 --> 00:34:31,944
Pero se quedas no pasado,
podes deprimirte.

603
00:34:31,944 --> 00:34:33,571
É mellor vivir o momento.

604
00:34:34,280 --> 00:34:35,490
Iso é do budismo?

605
00:34:36,199 --> 00:34:37,033
Ai, si?

606
00:34:37,825 --> 00:34:40,369
- Son a próxima Dalai Lama?
- Pode ser.

607
00:34:40,369 --> 00:34:42,121
- Ola!
- Anda!

608
00:34:42,121 --> 00:34:44,040
- Hayley, que fas aquí?
- Ola!

609
00:34:44,040 --> 00:34:45,917
Fun apoiar a Eddie no xulgado.

610
00:34:45,917 --> 00:34:48,753
Papá conseguiu que retirasen os cargos.

611
00:34:48,753 --> 00:34:51,214
Colleu o outro tipo nunha mentira.

612
00:34:51,214 --> 00:34:53,091
Teu pai é un mago.

613
00:34:53,091 --> 00:34:55,676
Ou dáselle ben atopar tecnicismos.

614
00:34:55,676 --> 00:34:57,720
É un traballo, sexa quen sexa o cliente.

615
00:34:57,720 --> 00:34:59,806
- Grazas, Sr. Haller.
- De nada.

616
00:34:59,806 --> 00:35:03,810
Buscarei como pagarlle.
Antes necesito atopar un traballo.

617
00:35:03,810 --> 00:35:06,020
Non eras adestrador persoal?

618
00:35:06,020 --> 00:35:09,732
Descubriron que me detiveran
e despedíronme.

619
00:35:09,732 --> 00:35:11,943
Que? Que mal.

620
00:35:11,943 --> 00:35:15,071
Esquéceo, Eddie,
es coma da familia. Invita a casa.

621
00:35:15,071 --> 00:35:18,533
Non, saldo as miñas débedas,
por moito que tarde.

622
00:35:19,117 --> 00:35:22,745
Pode que haxa unha forma
para que lle poidas pagar.

623
00:35:23,371 --> 00:35:24,622
Tes carné de conducir?

624
00:35:24,622 --> 00:35:25,998
Veña, Izzy.

625
00:35:25,998 --> 00:35:29,669
Alguén ten que substituírme,
e el pode protexerte.

626
00:35:29,669 --> 00:35:31,879
Si, que boa idea!

627
00:35:31,879 --> 00:35:35,967
Paréceme ben o de que teñas seguridade,
sobre todo agora.

628
00:35:35,967 --> 00:35:38,469
Tes formación en defensa persoal?

629
00:35:39,053 --> 00:35:41,347
Son cinto negro en judo.

630
00:35:44,767 --> 00:35:46,644
Perdoade, de que vai isto?

631
00:35:49,438 --> 00:35:51,816
Eddie, queres ser o meu novo chofer?

632
00:35:51,816 --> 00:35:53,151
En serio?

633
00:35:53,151 --> 00:35:56,654
Se queres saldar a débeda,
descóntoche algo do soldo.

634
00:35:56,654 --> 00:36:00,074
Eu xa o fixen e a min foime ben.

635
00:36:00,074 --> 00:36:01,534
Fala en serio?

636
00:36:01,534 --> 00:36:03,119
Probemos antes.

637
00:36:03,119 --> 00:36:05,955
E non conduzas o Lincoln
coma o Lamborghini.

638
00:36:05,955 --> 00:36:09,876
Conduzo con moito coidado.
Nin unha rascadura lle fixen.

639
00:36:09,876 --> 00:36:14,338
Nin pasei da velocidade máxima,
e iso que conducía un Lamborghini.

640
00:36:20,720 --> 00:36:21,721
Vale.

641
00:36:24,557 --> 00:36:25,558
Grazas.

642
00:36:26,475 --> 00:36:29,937
Non se arrepentirá, señor Haller.

643
00:36:29,937 --> 00:36:32,106
Se me chamas así seguro que si.

644
00:36:32,106 --> 00:36:36,652
É xusto o que necesito
para facer unha lista de clientes.

645
00:36:36,652 --> 00:36:38,279
Fareino pola miña conta.

646
00:36:38,279 --> 00:36:41,032
Pode ser o meu primeiro cliente.
Fai deporte?

647
00:36:43,784 --> 00:36:46,495
De que rides? Xogo ao tenis e fago surf.

648
00:36:47,205 --> 00:36:51,334
Vale, hai que empezar
con adestramento con pesos e unha dieta.

649
00:36:52,251 --> 00:36:55,129
- Vai saír de marabilla.
- Será divertido.

650
00:36:56,297 --> 00:36:58,507
A autopsia preliminar.

651
00:36:58,507 --> 00:37:02,261
Gloria tiña roto
o óso hioide por dous sitios,

652
00:37:02,261 --> 00:37:06,724
polo que seguramente a causa da morte
foi un estrangulamento.

653
00:37:06,724 --> 00:37:11,103
O forense sitúa a hora da morte
entre as 23:00 e as 3:00.

654
00:37:11,896 --> 00:37:14,273
Julian estivo na súa casa sobre as 23:00.

655
00:37:14,273 --> 00:37:18,361
Si, pero tamén houbo un incendio
no seu piso esa noite.

656
00:37:18,361 --> 00:37:21,364
Os bombeiros chegaron ás 23:43.

657
00:37:21,364 --> 00:37:22,573
Que incendio?

658
00:37:22,573 --> 00:37:26,702
O primeiro que pensaron foi que Glory
quedou a durmir mentres fumaba,

659
00:37:26,702 --> 00:37:30,539
pero o óso hioide roto
descarta esa posibilidade.

660
00:37:30,539 --> 00:37:36,045
ÁS 23:43, 43 minutos desde que Julian
marchou ata que chegaron os bombeiros.

661
00:37:36,712 --> 00:37:38,881
Tempo para que un dos homes de Moya

662
00:37:38,881 --> 00:37:40,299
entrase e a matase.

663
00:37:40,299 --> 00:37:42,593
Si, pero e o incendio que?

664
00:37:42,593 --> 00:37:44,804
Non teño o informe policial,

665
00:37:44,804 --> 00:37:47,848
pero o incendio
debeu ser para encubrir o asasinato

666
00:37:47,848 --> 00:37:51,644
e non sabían que o edificio
tiña un novo sistema de aspersores.

667
00:37:51,644 --> 00:37:54,981
Por que ía querer
un tipo do cártel encubrilo?

668
00:37:54,981 --> 00:37:56,857
Alardean de matar xente.

669
00:37:56,857 --> 00:37:59,110
Os EUA non son coma México.

670
00:37:59,110 --> 00:38:01,737
Non poden subornar todos os policías.

671
00:38:01,737 --> 00:38:04,156
Bo traballo, seguide investigando.

672
00:38:04,156 --> 00:38:08,160
Hai que atopar a conexión
entre Glory Days e Hector Moya.

673
00:38:16,794 --> 00:38:18,254
Bo día, señor Haller.

674
00:38:19,839 --> 00:38:20,881
Bo día, Eddie.

675
00:38:20,881 --> 00:38:23,175
Outro fermoso día nos Ánxeles.

676
00:38:23,968 --> 00:38:26,887
Non tes que abrir a porta, grazas.

677
00:38:33,060 --> 00:38:33,894
E isto?

678
00:38:33,894 --> 00:38:35,438
Un estimulante matutino.

679
00:38:35,980 --> 00:38:38,774
Col rizada, herba dos amores e estrugas,
próbeo.

680
00:38:42,695 --> 00:38:43,529
Está bo?

681
00:38:43,529 --> 00:38:46,073
É coma beber un campo de herba fresca.

682
00:38:46,073 --> 00:38:48,451
Sabe xusto a iso, si.

683
00:38:53,164 --> 00:38:54,415
Pasa algo?

684
00:38:54,999 --> 00:38:56,459
Seguridade, Sr. Haller.

685
00:38:57,543 --> 00:38:59,337
Si, claro.

686
00:39:14,352 --> 00:39:16,979
Necesito saber que pasou esa noite,
Julian.

687
00:39:16,979 --> 00:39:18,731
Xa cho contei todo.

688
00:39:24,236 --> 00:39:25,863
Tiña o colo fracturado.

689
00:39:25,863 --> 00:39:27,573
Estrangulárona.

690
00:39:27,573 --> 00:39:31,035
Se non fuches ti,
teño que contar a historia de quen foi.

691
00:39:31,035 --> 00:39:32,578
Enténdelo?

692
00:39:32,578 --> 00:39:35,539
Dixeches que tivera dúas citas, con quen?

693
00:39:37,625 --> 00:39:39,251
Clientes novos.

694
00:39:39,251 --> 00:39:43,297
Un deles foi Brad Nelson ou Nielsen, creo.

695
00:39:43,297 --> 00:39:46,300
O outro foi Price, Daniel Price.

696
00:39:46,300 --> 00:39:49,553
Reservaron pola web
e ían pagar en efectivo, o normal.

697
00:39:49,553 --> 00:39:52,306
Non queren deixar rastro
e non acepto criptomoedas.

698
00:39:54,225 --> 00:39:58,396
O primeiro tiña un cuarto no Peninsula
e o segundo no Roosevelt.

699
00:39:58,396 --> 00:40:00,106
E os números dos cuartos?

700
00:40:00,106 --> 00:40:01,607
Están no servidor.

701
00:40:03,442 --> 00:40:06,320
No souben dela durante horas e chameina.

702
00:40:06,320 --> 00:40:10,616
Dixo que a primeira cita foi ben,
pero que o segundo non apareceu.

703
00:40:10,616 --> 00:40:12,535
Por que cres que mentía?

704
00:40:12,535 --> 00:40:14,161
Xa mentira antes.

705
00:40:14,161 --> 00:40:17,164
Chamei o hotel
e falei co tipo e confirmoumo.

706
00:40:17,164 --> 00:40:20,126
Así confirmo que a cita non é unha estafa.

707
00:40:20,709 --> 00:40:23,254
- E daquela fúchela ver?
- Si.

708
00:40:23,254 --> 00:40:26,048
Quería cobrar
antes de que o gastase en drogas.

709
00:40:26,632 --> 00:40:30,177
Cando se botou a ti só a apartaches, non?

710
00:40:30,177 --> 00:40:31,846
Non, a ver...

711
00:40:32,430 --> 00:40:37,935
Si, se cadra agarreina para que parase, sabes?

712
00:40:39,895 --> 00:40:41,272
Onde a agarraches?

713
00:40:43,190 --> 00:40:45,109
Agarráchela polo pescozo?

714
00:40:45,109 --> 00:40:49,697
- Agarráchela polo pescozo?
- Si, pero só para defenderme.

715
00:40:49,697 --> 00:40:52,283
- Mentíchesme.
- Espera, non, por favor.

716
00:40:52,283 --> 00:40:53,909
- Necesitas outro avogado.
- Non.

717
00:40:53,909 --> 00:40:57,455
Sei que ten mala pinta,
pero non son un asasino.

718
00:40:57,455 --> 00:40:59,915
Tes que crerme.
Se non é por min, por Giselle.

719
00:40:59,915 --> 00:41:03,836
Ou Glory, como se chamase.
Por iso me mandou falar contigo.

720
00:41:05,629 --> 00:41:06,922
A que te refires?

721
00:41:06,922 --> 00:41:10,342
Dixo: "Se me pasa algo,
dillo a Mickey, saberá que facer."

722
00:41:10,342 --> 00:41:13,387
E de súpeto estaba morta e acúsanme a min.

723
00:41:13,971 --> 00:41:15,389
Por iso te chamei.

724
00:41:30,237 --> 00:41:31,906
Que é isto?

725
00:41:31,906 --> 00:41:33,991
Unha renuncia ao conflito de intereses.

726
00:41:33,991 --> 00:41:36,827
Glory era a miña clienta, tes que firmalo.

727
00:41:38,704 --> 00:41:40,539
Vou coller o teu caso.

728
00:41:44,376 --> 00:41:45,377
Vale.

729
00:41:46,337 --> 00:41:47,379
Vale.

730
00:41:52,301 --> 00:41:53,135
Acabouse.

731
00:41:56,222 --> 00:41:57,056
Vale.

732
00:42:14,573 --> 00:42:17,743
Dixo iso?
"Dillo a Mickey, saberá que facer."?

733
00:42:17,743 --> 00:42:18,869
Polo visto si.

734
00:42:19,620 --> 00:42:23,374
Ai, Mickey,
parece que fala contigo desde a tumba.

735
00:42:23,374 --> 00:42:25,084
Julian é inocente?

736
00:42:25,084 --> 00:42:26,418
Non estou seguro.

737
00:42:26,418 --> 00:42:29,672
Só vou conseguir respostas se o investigo.

738
00:42:29,672 --> 00:42:33,175
Primeiro a lectura de cargos.
Sabes quen é o fiscal?

739
00:42:33,175 --> 00:42:35,761
Si, teño o seu nome por aquí.

740
00:42:35,761 --> 00:42:36,804
É novo.

741
00:42:36,804 --> 00:42:39,932
Trasladárono de Riverside aos Ánxeles.

742
00:42:39,932 --> 00:42:42,893
Téñoo por aquí. Onde o puxen?

743
00:42:42,893 --> 00:42:44,687
- Dáme un momento.
- Vale.

744
00:42:49,692 --> 00:42:51,902
- Haller.
- Ola, inspector.

745
00:42:51,902 --> 00:42:53,195
Xa non.

746
00:42:53,779 --> 00:42:55,114
Retireime antes.

747
00:42:55,698 --> 00:42:57,241
Iso oín.

748
00:42:57,241 --> 00:42:58,659
Non tiña opción.

749
00:42:58,659 --> 00:43:00,869
Tras a artimaña do caso Woodsen,

750
00:43:00,869 --> 00:43:02,663
a miña carreira foi a pique.

751
00:43:02,663 --> 00:43:03,581
Non pasa nada.

752
00:43:04,164 --> 00:43:05,374
Xa me recuperei.

753
00:43:06,083 --> 00:43:08,919
Agora son investigador da Fiscalía.

754
00:43:09,670 --> 00:43:11,589
Estás no caso La Cosse?

755
00:43:11,589 --> 00:43:14,008
Ímonos ver moi a miúdo.

756
00:43:14,800 --> 00:43:17,511
Será divertido. Coma nos vellos tempos.

757
00:43:17,511 --> 00:43:18,637
Que gana.

758
00:43:23,267 --> 00:43:24,351
Quen é ese?

759
00:43:24,351 --> 00:43:26,437
Un expoli que me odia.

760
00:43:26,437 --> 00:43:27,730
Levan a conta?

761
00:43:28,314 --> 00:43:30,190
Lorna!

762
00:43:30,691 --> 00:43:32,735
David, vai todo ben?

763
00:43:32,735 --> 00:43:35,154
Non, acaban de chamarme do cárcere.

764
00:43:35,154 --> 00:43:36,280
Julian...

765
00:43:37,615 --> 00:43:39,283
Julian está no hospital.

766
00:43:39,283 --> 00:43:40,284
Do cárcere?

767
00:43:40,284 --> 00:43:44,079
Esposaron a todos xuntos no bus,
pero Julian é claustrofóbico.

768
00:43:44,079 --> 00:43:46,248
Deulle un ataque de pánico.

769
00:43:46,248 --> 00:43:48,459
Desmaiouse. Pensaron que era do corazón.

770
00:43:48,459 --> 00:43:49,376
Mi ma.

771
00:43:49,376 --> 00:43:53,047
Está en observación.
Poden facer a lectura de cargos sen el?

772
00:43:53,047 --> 00:43:55,007
Non, hai que aprazala.

773
00:43:55,007 --> 00:43:58,344
Non podemos perder máis tempo,
hai que sacalo xa.

774
00:43:59,178 --> 00:44:01,096
Non pode aguantar máis!

775
00:44:05,351 --> 00:44:06,852
David, síntoo moito.

776
00:44:46,016 --> 00:44:47,726
<i>Hayley xa está durmida.</i>

777
00:44:47,726 --> 00:44:50,104
Xa sei o libro de memoria.

778
00:44:52,940 --> 00:44:55,984
Xa sei que pasou na audiencia de Woodsen.

779
00:44:55,984 --> 00:44:58,278
Si, débesme unhas copas.

780
00:44:58,278 --> 00:45:02,908
Non, falo de que humillaches a Bishop
no estrado.

781
00:45:02,908 --> 00:45:06,286
Non, foi el só. Deshonrou a súa placa.

782
00:45:06,912 --> 00:45:10,958
Se cadra si,
pero tes que ter coidado, Mickey.

783
00:45:11,458 --> 00:45:15,671
A xente coma el ten moita memoria
e a ti gústache forzas as cousas.

784
00:45:15,671 --> 00:45:20,259
Non, Maggie. Gústame defender
o meu cliente, pero tomo nota.

785
00:45:21,093 --> 00:45:22,052
Grazas.

786
00:45:23,137 --> 00:45:26,473
Por certo,
a casa ten xornada de portas abertas,

787
00:45:26,473 --> 00:45:28,434
a do xardín para Hayley.

788
00:45:29,143 --> 00:45:32,396
- A que non podemos pagar?
- Xa, é cara, pero...

789
00:45:33,605 --> 00:45:35,899
esta xa é pequena, Haller.

790
00:45:35,899 --> 00:45:36,900
Xa.

791
00:45:39,486 --> 00:45:40,738
Podo arranxalo.

792
00:45:41,655 --> 00:45:42,573
Si?

793
00:45:43,574 --> 00:45:44,491
O caso de Woodsen.

794
00:45:45,075 --> 00:45:47,786
Sabes que Jerry Vincent era o fiscal, non?

795
00:45:47,786 --> 00:45:50,748
Ao acabar díxome que vai montar un bufete.

796
00:45:50,748 --> 00:45:52,666
Víase vir ás leguas.

797
00:45:52,666 --> 00:45:55,419
Estiven pensando que eu tamén podería.

798
00:45:55,419 --> 00:45:58,255
Un avogado de oficio cobra unha miseria.

799
00:45:58,255 --> 00:46:00,716
Gano experiencia e todo, pero...

800
00:46:02,259 --> 00:46:03,302
A ver, que?

801
00:46:03,844 --> 00:46:05,971
Queres ser coma teu pai?

802
00:46:05,971 --> 00:46:08,640
Quero que poidamos comprar esa casa.

803
00:46:09,600 --> 00:46:12,144
Non podes estar casada
cun avogado defensor?

804
00:46:12,770 --> 00:46:14,646
Cun de oficio xa abonda.

805
00:46:14,646 --> 00:46:18,108
Se montas un bufete,
acabarán comigo na oficina.

806
00:46:18,108 --> 00:46:20,110
Será difícil,

807
00:46:20,986 --> 00:46:22,362
pero funcionará.

808
00:46:22,905 --> 00:46:24,114
Creo en nós.

809
00:46:26,533 --> 00:46:27,367
Cres?

810
00:46:27,367 --> 00:46:28,535
Creo.

811
00:46:33,081 --> 00:46:33,999
Vale.

812
00:46:35,167 --> 00:46:36,794
Prométeme algo.

813
00:46:37,836 --> 00:46:38,754
O que sexa.

814
00:46:39,338 --> 00:46:41,882
Ten coidado, Mickey.

815
00:46:42,883 --> 00:46:44,051
En serio.

816
00:46:44,968 --> 00:46:46,011
Prométoo.

817
00:47:13,872 --> 00:47:16,041
Mañá podería vir antes.

818
00:47:16,041 --> 00:47:19,670
Podo traer pesos e bandas
e así fai exercicio.

819
00:47:19,670 --> 00:47:22,464
Viralle ben para liberar estrés.

820
00:47:22,464 --> 00:47:25,342
Outro día, Eddie. Véxote mañá, si?

821
00:47:28,262 --> 00:47:29,179
Eddie!

822
00:48:09,970 --> 00:48:11,346
Veña, ho!

823
00:48:36,496 --> 00:48:38,540
BASEADO NAS NOVELAS DE MICHAEL CONNELLY

824
00:50:17,305 --> 00:50:22,310
Subtítulos: María Suárez Seijas

