1
00:00:28,486 --> 00:00:32,699
O ano pasado nos Ánxeles
procesáronse 750 casos de asasinato.

2
00:00:36,036 --> 00:00:41,750
Foron 750 veces que a fiscalía se escudou
no artigo 187 do Código Penal,

3
00:00:43,126 --> 00:00:46,296
o cargo máis grave do que te poden acusar.

4
00:00:48,882 --> 00:00:52,010
Por moi diferentes
que fosen os feitos en cada caso,

5
00:00:53,803 --> 00:00:55,138
á fin e ao cabo,

6
00:00:56,181 --> 00:00:58,016
eran todos iguais.

7
00:01:00,977 --> 00:01:06,566
Porque á fin e ao cabo, todos os casos
de asasinato son coma unha árbore.

8
00:01:08,109 --> 00:01:10,361
Unha árbore alta que dá sombra.

9
00:01:12,572 --> 00:01:15,950
E a fiscalía é
quen debe fertilizar e regar a árbore.

10
00:01:17,577 --> 00:01:21,206
Usará todo o que teña
para coidar e protexer esa árbore.

11
00:01:23,124 --> 00:01:27,170
Probas directas,
circunstanciais ou forenses.

12
00:01:27,754 --> 00:01:30,715
Móbil, medios e a oportunidade.

13
00:01:31,382 --> 00:01:33,843
Non escatimará gastos para darlle á árbore

14
00:01:33,927 --> 00:01:36,471
todo o que necesite
para ser grande e forte.

15
00:01:42,560 --> 00:01:45,271
Porque canto máis grande e forte sexa,

16
00:01:45,355 --> 00:01:47,607
máis fácil será obter unha condena.

17
00:01:51,236 --> 00:01:52,821
Ese é o obxectivo.

18
00:01:53,655 --> 00:01:56,407
É a regra número un dun caso de asasinato.

19
00:01:59,285 --> 00:02:00,453
Sexa como sexa,

20
00:02:01,663 --> 00:02:04,624
alguén… ten que pagar.

21
00:02:05,375 --> 00:02:09,003
Se te acusan de asasinato,
necesitas unha machada.

22
00:02:09,087 --> 00:02:11,714
Para cortar a árbore e carbonizala.

23
00:02:12,590 --> 00:02:13,633
E…

24
00:02:14,592 --> 00:02:16,261
tes ti a machada?

25
00:02:16,344 --> 00:02:18,930
Ai, non. Edgar, eu non che teño a machada.

26
00:02:19,013 --> 00:02:21,182
Polo que vexo, estás ben fodido.

27
00:02:22,475 --> 00:02:24,269
E ti que saberás, Haller?

28
00:02:25,854 --> 00:02:28,231
Se tan listo es, que fas aquí dentro?

29
00:02:31,234 --> 00:02:35,238
A ver,
é un erro que quero rectificar axiña.

30
00:02:35,321 --> 00:02:37,699
Si, coma todos os pendejos de aquí.

31
00:02:38,408 --> 00:02:40,910
Edgar, teñen a matrícula do coche

32
00:02:40,994 --> 00:02:44,414
e saes nas imaxes de Union Station
deixando o coche.

33
00:02:44,497 --> 00:02:46,958
Non, eu só era o pinche condutor.

34
00:02:47,041 --> 00:02:48,042
Non disparei.

35
00:02:48,126 --> 00:02:50,545
Tanto ten. Colléronte a ti.

36
00:02:50,628 --> 00:02:52,922
Tes dúas condenas previas.

37
00:02:53,423 --> 00:02:56,009
- Con tres xa sabes que pasa.
- Vai rañala!

38
00:03:05,101 --> 00:03:07,645
Na miña opinión, tes unha opción.

39
00:03:07,729 --> 00:03:11,357
Sabes por que estás en máxima seguridade
e non coas bandas?

40
00:03:12,233 --> 00:03:15,945
Vante meter nun cuarto
e facerche a gran pregunta:

41
00:03:16,029 --> 00:03:17,906
se non disparaches ti, quen foi?

42
00:03:20,158 --> 00:03:22,493
Aí non hai nada que te axude, Edgar.

43
00:03:22,994 --> 00:03:25,413
A única forma é…

44
00:03:26,915 --> 00:03:28,458
dar nomes.

45
00:03:28,958 --> 00:03:32,337
O carallo! Estás de broma?
Cres que vou facer eu iso?

46
00:03:32,420 --> 00:03:34,881
Cálmate. Pedíchesme que o revisase.

47
00:03:34,964 --> 00:03:38,051
Se non che gusta o que che digo,
fala co teu avogado.

48
00:03:39,385 --> 00:03:41,221
Non podo falar de nada con el.

49
00:03:42,388 --> 00:03:43,598
Non o captas?

50
00:03:47,727 --> 00:03:51,356
Edgar, se o teu avogado
traballa para a banda,

51
00:03:51,439 --> 00:03:53,274
solicita un de oficio.

52
00:03:57,946 --> 00:04:00,823
A comer, cabróns! En filas!

53
00:04:01,658 --> 00:04:02,492
Veña!

54
00:04:46,577 --> 00:04:47,537
Estás ben?

55
00:04:52,125 --> 00:04:54,711
Cóntalle o do traballo dos microplásticos.

56
00:04:56,129 --> 00:04:58,965
Mamá, quero animalo,
non matalo de aburrimento.

57
00:05:00,049 --> 00:05:04,220
Falas dun home que se divirte
falando de excepcións penais.

58
00:05:04,304 --> 00:05:07,807
Creo que tes futuro
no dereito medioambiental. Faime caso.

59
00:05:07,890 --> 00:05:09,017
Iso animarao.

60
00:05:09,100 --> 00:05:10,935
Canto vai estar alí?

61
00:05:11,019 --> 00:05:14,105
Pasaron seis semanas.
Non ía ter un xuízo rápido?

62
00:05:14,188 --> 00:05:18,484
Non, díxenche que non renunciou
ao dereito de ter un xuízo rápido.

63
00:05:18,985 --> 00:05:21,362
Significa que non poden atrasalo.

64
00:05:21,446 --> 00:05:23,656
Tardaron dúas semanas en presentar cargos.

65
00:05:23,740 --> 00:05:27,744
A partir de aí teñen 60 días hábiles
antes de levalo a xuízo.

66
00:05:28,494 --> 00:05:31,080
Este proceso é de todo menos rápido.

67
00:05:35,460 --> 00:05:37,712
Hayley, se algo sei de teu pai,

68
00:05:37,795 --> 00:05:40,506
é que non querería
que te preocupases por el.

69
00:05:40,590 --> 00:05:43,718
Coñece o sistema coma a palma da man.
Teno controlado.

70
00:06:02,362 --> 00:06:04,405
Artigo 487 do Código Penal.

71
00:06:04,489 --> 00:06:06,824
É o que fala do furto agravado.

72
00:06:06,908 --> 00:06:10,119
O normal é un ano de cárcere.

73
00:06:10,203 --> 00:06:14,374
A non ser que teñas antecedentes,
e, por desgraza, así é.

74
00:06:14,457 --> 00:06:17,126
Xa non me dedico a iso.

75
00:06:17,210 --> 00:06:18,461
Xa.

76
00:06:19,837 --> 00:06:22,924
Non. Isto foi un regalo.

77
00:06:23,007 --> 00:06:25,343
Reformeime, Lorna. En serio.

78
00:06:25,426 --> 00:06:27,887
Ben, aínda queda o tema

79
00:06:29,097 --> 00:06:33,351
dos sete cargos pendentes,
que estamos listos para atacar.

80
00:06:33,434 --> 00:06:38,439
Pero Mickey está no cárcere,
que é a onde non quero ir.

81
00:06:38,523 --> 00:06:40,858
Nin ao maleteiro do seu coche.

82
00:06:42,652 --> 00:06:45,488
Xa, iso foi unha pequena fochanca,

83
00:06:45,571 --> 00:06:48,282
pero asegúroche
que estás en moi boas mans.

84
00:06:48,366 --> 00:06:52,078
- Son a socia máis antiga do bufete.
- E a única.

85
00:06:52,161 --> 00:06:54,414
Ocúpome dos clientes de Mickey.

86
00:06:54,497 --> 00:06:58,543
Mentres el se ocupa do seu asuntiño,
firma isto.

87
00:07:00,294 --> 00:07:03,131
Creo que teño que barallar outras opcións.

88
00:07:03,214 --> 00:07:06,968
Agradézoche o esforzo,
pero non podo relacionarme

89
00:07:07,051 --> 00:07:09,429
con… criminais.

90
00:07:11,639 --> 00:07:12,682
Enténdelo, non?

91
00:07:14,934 --> 00:07:16,102
Saúda a Mickey.

92
00:08:02,315 --> 00:08:03,858
Raul Estrada.

93
00:08:06,360 --> 00:08:07,778
Quen pregunta?

94
00:08:07,862 --> 00:08:09,280
Dennis Wojciechowski.

95
00:08:10,406 --> 00:08:13,910
Son investigador do teu exavogado,
Mickey Haller.

96
00:08:15,244 --> 00:08:16,162
Haller.

97
00:08:17,246 --> 00:08:20,082
- Hai tempo que non sei del.
- Nove anos.

98
00:08:20,166 --> 00:08:23,252
Cando te condenaron
por homicidio involuntario

99
00:08:23,336 --> 00:08:25,922
e culpáchelo
por non obter un mellor trato.

100
00:08:26,005 --> 00:08:29,800
Ou iso poñías nas cartas
que lle enviaches desde o caldeiro.

101
00:08:30,384 --> 00:08:32,720
Dentro tes moito tempo libre.

102
00:08:32,803 --> 00:08:34,889
Tiña que buscar entretementos.

103
00:08:35,640 --> 00:08:36,849
Agora que o penso,

104
00:08:38,059 --> 00:08:41,604
oín hai pouco o nome de Haller.
Detivérono por asasinato?

105
00:08:41,687 --> 00:08:43,898
Si, algo así.

106
00:08:44,774 --> 00:08:49,278
Visito antigos clientes
que puidesen ter agarradas con el.

107
00:08:49,987 --> 00:08:52,698
Este sitio é o teu enderezo de traballo.

108
00:08:54,492 --> 00:08:55,785
A ver que o entenda.

109
00:08:56,619 --> 00:09:00,248
Cres que matei un descoñecido
e incriminei a Haller?

110
00:09:00,831 --> 00:09:03,543
Só intento descartar posibilidades, Raul.

111
00:09:03,626 --> 00:09:07,171
Dime onde estabas
a noite do xoves 16 de setembro

112
00:09:07,255 --> 00:09:09,257
e talvez poida descartarte.

113
00:09:16,138 --> 00:09:17,056
Ben,

114
00:09:18,224 --> 00:09:21,394
se foi un xoves,
seguro que estaba dando clase.

115
00:09:22,186 --> 00:09:23,646
Na licorería?

116
00:09:24,939 --> 00:09:26,732
A licorería é de meu primo.

117
00:09:27,316 --> 00:09:29,777
Déixame usar o local do lado.

118
00:09:30,486 --> 00:09:32,697
Temos catequese os xoves á noite.

119
00:09:32,780 --> 00:09:35,324
Como che dixen, cando estás dentro,

120
00:09:35,908 --> 00:09:37,868
tes que buscar un entretemento.

121
00:09:44,625 --> 00:09:46,335
Rezaremos por Mickey.

122
00:09:49,255 --> 00:09:50,089
Oe.

123
00:09:51,132 --> 00:09:52,091
Deus te bendiga.

124
00:10:07,106 --> 00:10:12,987
Temos novas no caso de Michael Haller,
o avogado defensor á espera de xuízo

125
00:10:13,070 --> 00:10:16,657
pola presunta implicación
no asasinato dun excliente.

126
00:10:16,741 --> 00:10:19,493
O gran xurado presentou cargos hai un mes

127
00:10:19,577 --> 00:10:23,914
e a fiscalía garda segredo de sumario
en vez de denunciar formalmente,

128
00:10:23,998 --> 00:10:28,169
o que lle ata as mans á defensa
para a preparación do xuízo.

129
00:10:28,252 --> 00:10:30,004
Hoxe houbo movemento,

130
00:10:30,087 --> 00:10:32,590
asignáronlle un xuízo ao caso.

131
00:10:32,673 --> 00:10:37,261
O xuíz Lionel Stone,
exfiscal coñecido polas duras penas…

132
00:10:37,345 --> 00:10:38,471
Haller e asociados.

133
00:10:38,554 --> 00:10:41,140
…o tribunal reunirase hoxe
para a primeira…

134
00:10:41,223 --> 00:10:44,143
Síntoo, sen comentarios ao respecto.
Grazas.

135
00:10:44,226 --> 00:10:48,064
Manterémolos informados.
Son Kacey Montoya, de KTLA 5 News.

136
00:10:48,731 --> 00:10:50,608
Algo nas cámaras de vixilancia?

137
00:10:51,359 --> 00:10:54,445
Non. Non hai nada onde pararon a Mickey.

138
00:10:54,528 --> 00:10:56,197
Nin cámaras nin nada.

139
00:10:58,407 --> 00:10:59,367
Iso é café?

140
00:10:59,450 --> 00:11:01,410
Teño clase nun par de horas.

141
00:11:01,494 --> 00:11:04,205
- Si, hai máis na neveira.
- É do bo?

142
00:11:04,288 --> 00:11:06,123
Do supermercado máis ben.

143
00:11:06,207 --> 00:11:09,543
Ata que chegue o pago de Julian,
hai que aforrar.

144
00:11:09,627 --> 00:11:11,671
Non estaba firmado ese acordo?

145
00:11:11,754 --> 00:11:13,381
A negociación si.

146
00:11:13,464 --> 00:11:14,882
Podería pasar un ano

147
00:11:14,965 --> 00:11:17,134
entre o papelame e que cobremos.

148
00:11:17,802 --> 00:11:19,095
Avogados.

149
00:11:21,138 --> 00:11:22,515
Ola, houbo sorte?

150
00:11:23,474 --> 00:11:25,810
Depende da túa definición de sorte.

151
00:11:26,727 --> 00:11:27,895
Que…?

152
00:11:30,064 --> 00:11:33,150
Ata agora, todos os clientes descontentos

153
00:11:33,234 --> 00:11:34,985
que non están no cárcere

154
00:11:35,069 --> 00:11:37,905
teñen unha coartada
para a noite do asasinato.

155
00:11:38,406 --> 00:11:40,991
E os clientes actuais déixannos.

156
00:11:42,034 --> 00:11:45,621
É un círculo vicioso.
Ninguén nos quere polo xuízo de Mickey,

157
00:11:45,705 --> 00:11:48,207
pero sen ingresos, como o imos sacar?

158
00:11:48,290 --> 00:11:50,084
E se partimos de Sam Scales?

159
00:11:50,167 --> 00:11:53,295
Tardariamos anos
en investigar todos os seus inimigos.

160
00:11:53,379 --> 00:11:54,588
Busco coincidencias.

161
00:11:54,672 --> 00:11:58,342
Alguén que quixese matar a Sam
e culpar a Mickey.

162
00:11:58,968 --> 00:12:02,388
A fiscalía non vos deu nada
que axude a reducir a lista?

163
00:12:02,471 --> 00:12:05,558
Veña, ho!
Necesitamos unha orde do gobernador

164
00:12:05,641 --> 00:12:07,560
para que entreguen as probas.

165
00:12:08,227 --> 00:12:11,605
Si, creo que vou necesitar un deses cafés.

166
00:12:26,287 --> 00:12:27,246
Bamba.

167
00:12:28,622 --> 00:12:29,915
Que foi, letrado?

168
00:12:30,916 --> 00:12:33,753
Antes anoxaches bastante a Quesada.

169
00:12:33,836 --> 00:12:37,465
Si, onde estabas?
Supoñíase que me tiñas que protexer aquí.

170
00:12:37,548 --> 00:12:39,049
Tranquilo, iso fago.

171
00:12:39,633 --> 00:12:41,260
Estaba vixiando.

172
00:12:41,761 --> 00:12:42,970
Desde aquí arriba?

173
00:12:43,053 --> 00:12:45,765
Non me pagas abondo
para que te siga sempre.

174
00:12:45,848 --> 00:12:48,100
Se houbese un problema, resolveríao.

175
00:12:48,184 --> 00:12:49,935
Todo por querer axudar.

176
00:12:50,436 --> 00:12:52,980
Cando alguén pregunte
se hai algún avogado,

177
00:12:53,063 --> 00:12:54,315
pecharei a boca.

178
00:12:54,398 --> 00:12:55,316
Boa idea.

179
00:12:56,901 --> 00:12:59,528
Sempre atas os expedientes así?

180
00:12:59,612 --> 00:13:02,698
Así sei se alguén remexeu onde non debía.

181
00:13:02,782 --> 00:13:04,784
Non confío nos gardas.

182
00:13:04,867 --> 00:13:06,827
Confío máis en Edgar Quesada.

183
00:13:07,578 --> 00:13:10,414
Hoxe teño a vista.
Quero ver se o teño todo.

184
00:13:10,498 --> 00:13:13,375
Oe, se queres volver practicar
a túa alegación,

185
00:13:13,459 --> 00:13:14,877
vaiche custar máis.

186
00:13:14,960 --> 00:13:16,796
Non fai falta, Bamba. Grazas.

187
00:13:18,130 --> 00:13:20,341
Oe, recorda o que che dixen.

188
00:13:20,424 --> 00:13:23,719
Cando subas no bus,
intenta sentar na parte de diante.

189
00:13:23,803 --> 00:13:26,847
Así, se pasa algo,
os gardas estarán preto.

190
00:13:26,931 --> 00:13:29,183
Vale, e se me poñen na parte de atrás?

191
00:13:32,061 --> 00:13:32,978
Vale.

192
00:13:34,355 --> 00:13:35,189
Boa sorte!

193
00:13:36,774 --> 00:13:38,859
Ensínalle o dedo da miña parte.

194
00:14:09,265 --> 00:14:10,307
Ide rañala!

195
00:14:12,768 --> 00:14:13,894
Que vos fodan!

196
00:14:16,021 --> 00:14:17,189
Fillos de puta!

197
00:14:32,037 --> 00:14:35,916
7211956.

198
00:14:38,502 --> 00:14:42,339
7211956.

199
00:14:42,423 --> 00:14:43,465
Aquí.

200
00:14:50,097 --> 00:14:51,140
Vamos.

201
00:15:05,529 --> 00:15:07,031
- Ola.
- Aquí estás.

202
00:15:07,114 --> 00:15:09,742
Xa pensei que non virías antes da vista.

203
00:15:09,825 --> 00:15:12,161
O Departamento do Shériff vai devagar.

204
00:15:12,244 --> 00:15:15,456
Trouxémosche as mocións e un traxe.

205
00:15:15,539 --> 00:15:19,543
Pensaba nunha garavata vermella
porque transmite poder e confianza.

206
00:15:19,627 --> 00:15:22,004
Non, o vermello é moi agresivo. Mellor…

207
00:15:23,797 --> 00:15:26,967
Mellor a azul, non?
O azul transmite calma.

208
00:15:27,051 --> 00:15:29,678
Necesitas o traxe? Non hai xurado.

209
00:15:29,762 --> 00:15:33,432
Pronto o escolleremos,
e non quero que me vexan de preso.

210
00:15:33,515 --> 00:15:36,685
Nin coma un indixente desaliñado.

211
00:15:37,728 --> 00:15:39,521
Sen ofender. A ti quédache ben.

212
00:15:39,605 --> 00:15:40,522
Ben pensado.

213
00:15:40,606 --> 00:15:42,232
E antes de nada,

214
00:15:42,316 --> 00:15:44,610
come estes tacos que che trouxemos.

215
00:15:45,319 --> 00:15:47,988
Non quererás manchar a camisa limpa.

216
00:15:48,072 --> 00:15:49,198
Grazas.

217
00:15:51,951 --> 00:15:54,078
Mira que está mala a comida alí.

218
00:15:54,161 --> 00:15:57,456
Empezo a facerme unha idea.

219
00:15:57,957 --> 00:16:00,125
Como están todos? Ben?

220
00:16:01,710 --> 00:16:04,922
Ben, dadas as circunstancias, estamos…

221
00:16:05,005 --> 00:16:09,677
Escoitade, como di sempre Legal:
para ganar, actúa coma un ganador.

222
00:16:09,760 --> 00:16:12,179
Imos ganar. Non teño ningunha dúbida.

223
00:16:12,262 --> 00:16:16,266
Falemos da moción de sobresemento.
Hai precedentes ou causa probable?

224
00:16:16,350 --> 00:16:19,478
Si, pero que un xuíz
desestime o achado dun cadáver

225
00:16:19,561 --> 00:16:22,564
nun caso de asasinato é moito pedir.

226
00:16:23,148 --> 00:16:26,276
Si, asignáronche o xuíz Stone.

227
00:16:26,860 --> 00:16:29,196
Ademais de ser exfiscal,

228
00:16:29,279 --> 00:16:31,949
polo visto ten fama de ser duro de roer.

229
00:16:32,032 --> 00:16:34,576
Así que debemos portarnos ben.

230
00:16:34,660 --> 00:16:36,453
Non lle deamos escusas.

231
00:16:36,537 --> 00:16:39,790
Non o coñezo,
pero ás veces os exfiscais son bos.

232
00:16:39,873 --> 00:16:44,586
Non queren parecer parciais e pronúncianse
a favor da defensa cando poden.

233
00:16:45,629 --> 00:16:48,298
Ademais, o fiscal asignado, Richard…

234
00:16:48,382 --> 00:16:50,926
É novo. Non saberá defenderse.

235
00:16:51,760 --> 00:16:54,888
Interrogarei o axente Collins.
Non creo a súa versión.

236
00:16:54,972 --> 00:16:59,977
Que interrogues o axente que te parou
pode parecer vingativo. Mellor fágoo eu.

237
00:17:00,060 --> 00:17:02,771
Pide que entreguen as probas.
Debería ser fácil.

238
00:17:02,855 --> 00:17:06,775
Aínda non nos deron nada.
Ah, e para a fianza…

239
00:17:06,859 --> 00:17:08,736
Hoxe non é a prioridade.

240
00:17:08,819 --> 00:17:11,280
- Que?
- Non sei canto tempo teremos.

241
00:17:11,363 --> 00:17:14,742
Hai que centrarse no importante.
Se hai tempo, imos coa fianza.

242
00:17:14,825 --> 00:17:16,827
Se non, queda para outro día.

243
00:17:18,495 --> 00:17:21,457
Mick, non queres saír do cárcere?

244
00:17:21,540 --> 00:17:24,501
Claro que si, pero non a calquera prezo.

245
00:17:24,585 --> 00:17:26,253
A fianza é de cinco millóns.

246
00:17:26,336 --> 00:17:29,548
Serían 500 000
para o axente de fianzas que non temos

247
00:17:29,631 --> 00:17:31,133
e non recuperaremos.

248
00:17:31,216 --> 00:17:33,385
Por iso intentaremos reducila.

249
00:17:33,469 --> 00:17:36,764
Aínda así, serían
os cartos da universidade de Hayley.

250
00:17:36,847 --> 00:17:38,390
E da facultade de Dereito.

251
00:17:38,974 --> 00:17:40,934
Podemos aprazar os nosos soldos.

252
00:17:41,018 --> 00:17:43,270
Non quero que ninguén faga iso.

253
00:17:43,353 --> 00:17:46,482
Estamos a medio camiño
co prazo do xuízo rápido.

254
00:17:46,565 --> 00:17:49,735
Teñen dous meses para acusarme ou calar.

255
00:17:49,818 --> 00:17:51,779
Podo aguantar dous meses máis.

256
00:17:52,613 --> 00:17:55,824
Mickey, voucho preguntar unha última vez.

257
00:17:55,908 --> 00:17:58,702
Chamo a Andrea Freemann?
Se cadra pode axudar.

258
00:17:58,786 --> 00:18:00,913
Non, non vou meter a Andy nisto.

259
00:18:00,996 --> 00:18:03,373
Xa ten problemas abondos na fiscalía.

260
00:18:04,750 --> 00:18:08,170
Nós podemos, facédeme caso.
Veña, vamos ganar.

261
00:18:17,888 --> 00:18:20,140
Tedes os exercicios na web.

262
00:18:20,224 --> 00:18:23,936
Buscade a xurisprudencia
e dicídeme se é válida ou non.

263
00:18:24,019 --> 00:18:25,854
Bos días a todos.

264
00:18:31,777 --> 00:18:32,694
Estás ben?

265
00:18:33,237 --> 00:18:34,113
Que?

266
00:18:36,031 --> 00:18:38,158
Si, esperaba novas do traballo.

267
00:18:38,659 --> 00:18:39,868
Que aplicada es.

268
00:18:39,952 --> 00:18:43,497
A maioría evitamos ter novas do traballo.

269
00:18:44,581 --> 00:18:46,250
- Izzy, non?
- A mesma.

270
00:18:46,333 --> 00:18:49,086
A experta no Código Penal de California.

271
00:18:49,169 --> 00:18:52,589
Non sei eu.
Non se fala doutra cousa no meu traballo.

272
00:18:52,673 --> 00:18:55,342
E ti es… Non mo digas. Empeza por G?

273
00:18:55,843 --> 00:18:56,844
Grace.

274
00:18:56,927 --> 00:18:58,929
Iso, Grace.

275
00:18:59,012 --> 00:19:01,014
Aínda estou aprendendo os nomes.

276
00:19:01,098 --> 00:19:03,976
Non son experta na lista de contactos.

277
00:19:04,059 --> 00:19:06,186
Se queres espelirte un pouco,

278
00:19:06,270 --> 00:19:09,231
algúns imos ir a Tabletop
en Echo Park logo.

279
00:19:09,940 --> 00:19:12,067
É a sala de xogos recreativos?

280
00:19:12,151 --> 00:19:14,653
Si, e teñen unhas ás deliciosas.

281
00:19:15,154 --> 00:19:18,198
Vaia, ás e Pac-Man.
Unha combinación insuperable.

282
00:19:18,282 --> 00:19:21,785
Grazas. Iso digo eu. Ven, será divertido.

283
00:19:23,871 --> 00:19:25,122
Non sei…

284
00:19:25,622 --> 00:19:28,125
Gustaríame, pero estamos a cen no bufete.

285
00:19:29,209 --> 00:19:32,379
Xa, vale. Teño que confesarche algo.

286
00:19:33,172 --> 00:19:36,300
O meu xefe coñece un pouco o teu.

287
00:19:37,384 --> 00:19:40,012
Tamén é avogado defensor,

288
00:19:40,095 --> 00:19:42,055
pero di cousas boas del.

289
00:19:42,139 --> 00:19:44,224
Sinto polo que estades pasando.

290
00:19:44,725 --> 00:19:48,604
Grazas. Esta clase valeume
para distraerme un pouco.

291
00:19:48,687 --> 00:19:51,315
Por iso deberías vir á noite.

292
00:19:51,398 --> 00:19:54,193
Tes o meu número na lista que non liches.

293
00:19:55,277 --> 00:19:57,613
Ou podes aparecer por alí e fóra.

294
00:19:57,696 --> 00:20:00,115
Creo que imos quedar sobre as seis.

295
00:20:02,451 --> 00:20:03,660
Vale, intentareino.

296
00:20:03,744 --> 00:20:04,620
Si?

297
00:20:05,120 --> 00:20:07,206
Podo tomar iso coma un "se cadra"?

298
00:20:08,165 --> 00:20:10,167
Podes tomalo coma un se cadra.

299
00:20:10,250 --> 00:20:11,710
Moi ben. Xenial.

300
00:20:11,793 --> 00:20:15,756
Vale, pois se cadra véxote logo, Izzy.

301
00:20:28,101 --> 00:20:29,269
En pé.

302
00:20:30,312 --> 00:20:34,149
Caso número BA59972,

303
00:20:34,733 --> 00:20:36,235
o pobo contra Michel Haller.

304
00:20:36,860 --> 00:20:39,196
Preside o honorable xuíz Lionel Stone.

305
00:20:39,279 --> 00:20:41,240
Viches quen non está?

306
00:20:41,323 --> 00:20:44,034
O axente Collins. Seguen con xoguiños.

307
00:20:45,285 --> 00:20:46,703
Poden sentar.

308
00:20:47,537 --> 00:20:50,457
- Antes de nada, hai…?
- Ola? Estou nun xuízo.

309
00:20:51,708 --> 00:20:54,836
Desculpe, señor Richards, molestámolo?

310
00:20:54,920 --> 00:20:56,421
Non, señoría.

311
00:20:59,049 --> 00:20:59,967
É que…

312
00:21:01,301 --> 00:21:02,886
Perdón. Oe, estou…

313
00:21:03,971 --> 00:21:04,805
Como?

314
00:21:05,389 --> 00:21:07,182
Pero que dis? Espera.

315
00:21:07,683 --> 00:21:09,768
Lévome preparando…

316
00:21:10,769 --> 00:21:12,938
Señoría, concédeme dous minutos?

317
00:21:13,021 --> 00:21:14,690
Pídolle desculpas.

318
00:21:16,858 --> 00:21:17,943
Fóra, por favor.

319
00:21:20,153 --> 00:21:23,156
- Non o podo crer.
- O nunca visto.

320
00:21:23,240 --> 00:21:26,994
Deixei tres casos por este.
Un era un asasinato dunha banda…

321
00:21:28,620 --> 00:21:31,331
Dana Berg pola acusación, señoría.

322
00:21:31,832 --> 00:21:34,584
A fiscalía pídelle desculpas,

323
00:21:34,668 --> 00:21:36,920
pero houbo un cambio de persoal

324
00:21:37,004 --> 00:21:40,090
e a partir de agora
fareime eu cargo deste caso.

325
00:21:40,173 --> 00:21:41,550
Quen é esa?

326
00:21:41,633 --> 00:21:42,884
Dana, a Degoladora.

327
00:21:42,968 --> 00:21:45,012
Chámanlle Dana, a Degoladora?

328
00:21:45,095 --> 00:21:46,763
- Ben, Srta. Berg.
- Si.

329
00:21:47,389 --> 00:21:49,516
Unha entrada ben irregular.

330
00:21:50,600 --> 00:21:53,478
Podemos continuar? Hoxe teño máis vistas.

331
00:21:55,981 --> 00:21:57,149
Abofé, señoría.

332
00:21:57,232 --> 00:22:00,360
Lorna Crane pola defensa,
xunto con Michel Haller.

333
00:22:00,944 --> 00:22:02,779
Temos varias peticións.

334
00:22:02,863 --> 00:22:05,365
Primeira: a nulidade das probas obtidas

335
00:22:05,449 --> 00:22:07,492
ó parar ilegalmente o meu cliente.

336
00:22:07,576 --> 00:22:11,038
Ao Sr. Haller
tendéronlle unha trampa e incriminárono

337
00:22:11,121 --> 00:22:13,457
e todo empezou con ese rexistro ilegal.

338
00:22:13,540 --> 00:22:14,583
Unha trampa?

339
00:22:15,250 --> 00:22:16,126
Quen?

340
00:22:16,960 --> 00:22:18,086
Desculpe?

341
00:22:18,170 --> 00:22:22,174
Dixo que lle tenderon unha trampa
e o incriminaron. Quen, Srta. Crane?

342
00:22:24,051 --> 00:22:27,512
Señoría, é irrelevante
para o obxectivo desta vista.

343
00:22:27,596 --> 00:22:29,264
Irrelevante? Si?

344
00:22:29,348 --> 00:22:31,683
- Non, desculpe…
- Señoría, coa venia.

345
00:22:32,184 --> 00:22:35,645
Grazas de novo
por permitirme representarme

346
00:22:35,729 --> 00:22:37,814
coa miña coavogada, a Srta. Crane.

347
00:22:38,857 --> 00:22:39,858
Adiante.

348
00:22:41,026 --> 00:22:44,613
Con respecto á relevancia,
coincidimos que, no xuízo,

349
00:22:44,696 --> 00:22:47,491
a identidade desa persoa
será moi relevante.

350
00:22:47,574 --> 00:22:51,370
Pero agora, con todo respecto,
cremos que sería moi inxusto

351
00:22:51,453 --> 00:22:54,790
ter que revelar
todos os detalles do caso á acusación.

352
00:22:54,873 --> 00:22:58,085
Só cuestionamos a validez
de que me parasen, máis nada.

353
00:22:59,753 --> 00:23:00,629
De acordo.

354
00:23:01,213 --> 00:23:02,631
Prosigamos.

355
00:23:02,714 --> 00:23:07,636
Grazas, señoría. Como dixo a Srta. Crane,
cuestionamos esa parada

356
00:23:07,719 --> 00:23:10,639
e o rexistro do maleteiro
por parte do axente Collins.

357
00:23:10,722 --> 00:23:12,432
É o obxectivo desta vista

358
00:23:12,516 --> 00:23:14,851
e o axente Collins non está presente.

359
00:23:14,935 --> 00:23:17,854
O meu investigador
leva seis semanas intentando localizalo

360
00:23:17,938 --> 00:23:19,773
e non o conseguiu.

361
00:23:19,856 --> 00:23:22,484
Parece que ocultando o axente Collins

362
00:23:22,567 --> 00:23:25,695
a fiscalía fai o posible
para evitar un xuízo xusto.

363
00:23:26,405 --> 00:23:29,491
Señoría, como vostede e o acusado saben,

364
00:23:29,574 --> 00:23:32,411
son nova no caso,
pero non vexo a posibilidade

365
00:23:32,494 --> 00:23:34,913
de estarmos ocultando algo,

366
00:23:34,996 --> 00:23:37,541
e menos evitar un xuízo xusto.

367
00:23:37,624 --> 00:23:39,668
Ao contrario, é o que queremos.

368
00:23:39,751 --> 00:23:42,003
- Que…?
- Señoría, coa venia.

369
00:23:42,087 --> 00:23:43,964
Decídanse, por favor.

370
00:23:44,464 --> 00:23:45,715
Adiante, Srta. Crane.

371
00:23:46,216 --> 00:23:50,011
A fiscalía non quere que falemos
do axente Collins antes do xuízo.

372
00:23:50,095 --> 00:23:52,973
Por iso decidiron recorrer ao gran xurado

373
00:23:53,056 --> 00:23:54,891
e declarou en secreto,

374
00:23:54,975 --> 00:23:57,811
en lugar de interrogalo
nunha vista preliminar.

375
00:23:57,894 --> 00:24:01,314
Unha opción perfectamente válida
para a fiscalía.

376
00:24:01,398 --> 00:24:04,359
Que impediu que o Sr. Haller
acarease o seu acusador

377
00:24:04,443 --> 00:24:06,319
e vise as imaxes que faltan.

378
00:24:06,903 --> 00:24:07,946
Hai imaxes?

379
00:24:08,029 --> 00:24:11,450
Si, señoría. O axente Collins
levaba unha cámara corporal

380
00:24:11,533 --> 00:24:14,035
e había outra no coche de policía.

381
00:24:14,119 --> 00:24:16,037
Non recibimos esas gravacións.

382
00:24:16,121 --> 00:24:18,290
Estou confusa, señoría.

383
00:24:18,373 --> 00:24:23,670
É unha moción para desestimar probas
ou para solicitalas?

384
00:24:23,753 --> 00:24:24,838
- Ambas.
- Ambas.

385
00:24:25,380 --> 00:24:27,632
Por iso presentamos dúas mocións.

386
00:24:27,716 --> 00:24:30,302
A fiscalía debe xustificar o rexistro.

387
00:24:30,385 --> 00:24:32,888
De momento, non xustificaron nada.

388
00:24:32,971 --> 00:24:35,056
Só ocultaron as probas.

389
00:24:35,640 --> 00:24:38,518
Srta. Berg, onde están esas gravacións?

390
00:24:38,602 --> 00:24:39,769
Desculpas, señoría.

391
00:24:39,853 --> 00:24:44,065
- Houbo problemas técnicos ao pasalas…
- Problemas técnicos?

392
00:24:44,649 --> 00:24:48,570
A miña liberdade está en xogo
e veñen con problemas técnicos?

393
00:24:48,653 --> 00:24:52,991
Se o acusado deixa de interromper,
señoría, podo explicalo.

394
00:24:53,074 --> 00:24:55,744
Un momento, Sr. Haller.
Adiante, Srta. Berg.

395
00:24:55,827 --> 00:24:58,830
Grazas. Como dicía, son nova no caso,

396
00:24:58,914 --> 00:25:02,042
así que descoñecía
o atraso na revelación de probas.

397
00:25:02,125 --> 00:25:06,630
Dito isto,
podo citar o axente Collins cando desexen.

398
00:25:06,713 --> 00:25:09,341
E en canto ás gravacións, si.

399
00:25:09,424 --> 00:25:11,927
Tivemos problemas técnicos.

400
00:25:12,010 --> 00:25:13,595
E insisto en "tivemos".

401
00:25:13,678 --> 00:25:15,639
Xa solucionamos a situación

402
00:25:15,722 --> 00:25:18,725
e entregarémoslle os vídeos
ó acusado inmediatamente

403
00:25:18,808 --> 00:25:21,645
xunto co resto de probas que solicitou.

404
00:25:22,145 --> 00:25:24,856
Está conforme, Sr. Haller?

405
00:25:25,815 --> 00:25:28,693
Si, señoría,
pero cuestión de orde, por favor.

406
00:25:29,986 --> 00:25:31,112
Que pasa agora?

407
00:25:31,613 --> 00:25:36,618
Señoría, a Srta. Berg referiuse a min
como o acusado tres veces.

408
00:25:37,202 --> 00:25:38,578
E si, é certo.

409
00:25:38,662 --> 00:25:43,625
Son o acusado neste caso,
pero cando fale ante o tribunal,

410
00:25:43,708 --> 00:25:46,044
son o avogado defensor.

411
00:25:48,088 --> 00:25:51,091
Pídalle á Srta. Berg
que se refira a min como tal.

412
00:25:51,174 --> 00:25:53,843
É pura semántica. É o acusado.

413
00:25:53,927 --> 00:25:57,222
E tamén o avogado defensor.
É o mesmo neste caso.

414
00:25:57,764 --> 00:25:59,891
O xurado podería disentir.

415
00:26:00,642 --> 00:26:03,687
Non se moleste, Srta. Berg.
Petición denegada.

416
00:26:04,187 --> 00:26:06,565
Mellor non tente a sorte, Sr. Haller.

417
00:26:08,567 --> 00:26:09,484
Ben,

418
00:26:10,694 --> 00:26:13,154
seguiremos coa vista mañá pola mañá.

419
00:26:13,238 --> 00:26:17,158
Espero ver o axente Collins
nesta sala listo para declarar.

420
00:26:17,242 --> 00:26:20,161
Mañá abordaremos os asuntos pendentes.

421
00:26:20,787 --> 00:26:23,665
Primeiro, quero falar con ambos
sobre as probas.

422
00:26:24,332 --> 00:26:25,584
Serei moi claro.

423
00:26:26,418 --> 00:26:29,129
Aquí, a revelación de probas é recíproca.

424
00:26:29,212 --> 00:26:32,924
Compartirán o que teñan.
Sen revisións nin discusións.

425
00:26:33,508 --> 00:26:36,845
A fiscalía colaborará coa defensa,
e viceversa.

426
00:26:36,928 --> 00:26:40,515
A sanción por unha infracción
é a nulidade das probas.

427
00:26:40,599 --> 00:26:43,518
Srta. Berg,
se o axente Collins non se presenta,

428
00:26:43,602 --> 00:26:46,396
aprobarei a moción de nulidade, entendido?

429
00:26:46,479 --> 00:26:47,897
Si, señoría.

430
00:26:47,981 --> 00:26:48,982
Moi ben.

431
00:26:49,482 --> 00:26:51,901
Nese caso, verei a fiscal e o acusado

432
00:26:51,985 --> 00:26:53,445
mañá ás dez.

433
00:26:53,945 --> 00:26:55,155
Levántase a sesión.

434
00:27:05,248 --> 00:27:07,709
Ben, sequera temos as probas.

435
00:27:07,792 --> 00:27:09,586
Levareichas cando as teña.

436
00:27:09,669 --> 00:27:10,879
En canto poidas.

437
00:27:10,962 --> 00:27:14,633
Maggie e Hayley veñen visitarme.
Non podo faltar.

438
00:27:14,716 --> 00:27:15,967
Eu marcho xa.

439
00:27:16,635 --> 00:27:17,510
A onde?

440
00:27:17,594 --> 00:27:20,055
Quedei con outra clienta.

441
00:27:20,138 --> 00:27:22,641
Estou ocupada. Vémonos mañá

442
00:27:22,724 --> 00:27:25,685
e falamos das probas
cando volva ao bufete.

443
00:27:50,669 --> 00:27:51,711
Maggie.

444
00:27:51,795 --> 00:27:53,004
- Ola.
- Ola.

445
00:27:53,505 --> 00:27:56,591
Mi ma, que sitio máis bonito.

446
00:27:56,675 --> 00:28:01,346
Cando traballas aquí desde hai tanto,
tes sitios segredos. O teu latte.

447
00:28:01,429 --> 00:28:03,264
Miña nai, grazas.

448
00:28:05,225 --> 00:28:08,353
Nunca necesitei tanto un café como agora.

449
00:28:08,436 --> 00:28:11,439
Se mo metesen por vía intravenosa,
xa estaba.

450
00:28:11,940 --> 00:28:13,900
Ocúpaste de moitas cousas.

451
00:28:14,401 --> 00:28:16,569
Normalmente mándoche mensaxes,

452
00:28:16,653 --> 00:28:19,864
pero Hayley quería ver unha amiga,
así que tiña tempo.

453
00:28:20,365 --> 00:28:22,409
- Grazas por vir.
- Faltaría máis.

454
00:28:22,992 --> 00:28:26,204
Créalo ou non,
falar contigo mantívome corda.

455
00:28:26,287 --> 00:28:28,998
Non é que me sorprenda, só que…

456
00:28:29,082 --> 00:28:30,250
Tranquila, Lorna.

457
00:28:30,333 --> 00:28:32,961
A verdade, a min tamén.

458
00:28:34,337 --> 00:28:36,756
Mickey dixo que irás velo con Hayley.

459
00:28:36,840 --> 00:28:38,758
É xenial. Vaille gustar.

460
00:28:38,842 --> 00:28:40,719
Por iso quería verte.

461
00:28:40,802 --> 00:28:43,596
Necesito saber que vou encontrar.

462
00:28:43,680 --> 00:28:45,056
Que tal está hoxe?

463
00:28:45,140 --> 00:28:48,977
Hoxe? Tan optimista
que tiña ganas de esganalo.

464
00:28:49,060 --> 00:28:51,354
Ah, iso sóame.

465
00:28:51,438 --> 00:28:53,857
E tamén cando está de baixón,

466
00:28:53,940 --> 00:28:57,068
así que moito mellor así.

467
00:28:59,988 --> 00:29:02,073
Está no cárcere, Maggie.

468
00:29:02,657 --> 00:29:04,325
Afecta o bufete

469
00:29:04,409 --> 00:29:06,953
e tamén afecta a nosa reputación.

470
00:29:07,537 --> 00:29:10,206
Traballo día e noite

471
00:29:10,290 --> 00:29:12,083
para mantelo á tona.

472
00:29:12,167 --> 00:29:13,710
Pero, a verdade,

473
00:29:14,335 --> 00:29:16,713
o caso non pinta moi ben.

474
00:29:17,213 --> 00:29:19,674
Asignaron outra fiscal, Dana Berg.

475
00:29:19,758 --> 00:29:21,009
Iceberg?

476
00:29:21,092 --> 00:29:23,219
En serio? Ten dous alcumes?

477
00:29:23,303 --> 00:29:25,013
Ai, ten moitos máis.

478
00:29:27,223 --> 00:29:29,976
Non vou mentir, é moi dura.

479
00:29:30,685 --> 00:29:33,688
Se lle asignaron o caso,
é que van moi en serio.

480
00:29:35,148 --> 00:29:36,733
Mickey xa lle ganou.

481
00:29:36,816 --> 00:29:40,737
Xenial, engadimos vinganza
á lista de motivacións.

482
00:29:43,490 --> 00:29:45,241
Tivestes problemas coas probas?

483
00:29:45,825 --> 00:29:48,536
É coma sacarlle un dente
a unha morsa rabiosa,

484
00:29:49,204 --> 00:29:53,541
pero o xuíz díxolle catro palabras,
así que se cadra vai todo ben.

485
00:29:54,125 --> 00:29:55,502
Se vos dá problemas,

486
00:29:55,585 --> 00:29:58,797
dille que non quererá
outro caso Rodriguez.

487
00:29:58,880 --> 00:30:00,089
Xa ela sabe.

488
00:30:02,759 --> 00:30:03,718
Vale.

489
00:30:04,594 --> 00:30:05,595
Grazas.

490
00:30:06,763 --> 00:30:09,933
Dáme que iso non llo dirías a Mickey, non?

491
00:30:10,558 --> 00:30:12,560
A Mickey nunca o xulgaron.

492
00:30:13,269 --> 00:30:14,479
Niso tes razón.

493
00:30:17,774 --> 00:30:19,651
Lorna, xa a venceu antes.

494
00:30:20,193 --> 00:30:21,528
Pode volvelo facer.

495
00:30:22,195 --> 00:30:23,321
Os dous podedes.

496
00:30:24,447 --> 00:30:25,532
Espero que si.

497
00:30:33,206 --> 00:30:35,917
Mamá, é coma outra fiscal. Podo con ela.

498
00:30:36,000 --> 00:30:39,379
Non poden xogar así co meu fillo.
Estás perdendo a vida.

499
00:30:39,462 --> 00:30:41,422
Estás perdendo a túa filla

500
00:30:41,506 --> 00:30:44,551
e a posibilidade de atopar
unha futura esposa.

501
00:30:44,634 --> 00:30:45,927
Non sexas tan dramática.

502
00:30:46,010 --> 00:30:50,431
O que ten que ser máis dramático
coa súa situación es ti.

503
00:30:50,515 --> 00:30:55,144
- Que che dan de comer?
- Si, estou comendo ben, mamá.

504
00:30:55,687 --> 00:30:57,355
Ramen da tendiña.

505
00:30:57,438 --> 00:31:00,233
Vas ter o sodio polas nubes.

506
00:31:00,316 --> 00:31:02,735
Lembras a nosa veciña, a señora Ramirez?

507
00:31:03,653 --> 00:31:07,198
Deulle un derrame cerebral
por ter a tensión alta.

508
00:31:07,282 --> 00:31:09,075
- Non me vai dar…
- Xa abonda.

509
00:31:09,158 --> 00:31:11,286
Ten que ter movemento.

510
00:31:11,369 --> 00:31:12,620
Non é un casco.

511
00:31:12,704 --> 00:31:15,039
Estaste peiteando mentres falas comigo?

512
00:31:15,123 --> 00:31:17,333
Estou facendo un anuncio.

513
00:31:17,417 --> 00:31:20,378
Escoita, tes que saír de aí.

514
00:31:20,461 --> 00:31:22,547
Que fago se non chegas á miña voda?

515
00:31:22,630 --> 00:31:24,299
Quen entregará a noiva?

516
00:31:24,382 --> 00:31:25,884
Vas casar?

517
00:31:26,384 --> 00:31:28,469
Outra vez? Con quen?

518
00:31:28,553 --> 00:31:30,096
Con Rick, naturalmente.

519
00:31:30,889 --> 00:31:32,348
Rick, o teu novo axente?

520
00:31:32,432 --> 00:31:34,893
Sei que pode ser un conflito de intereses,

521
00:31:34,976 --> 00:31:36,728
pero veume visitar a Calgary.

522
00:31:36,811 --> 00:31:41,190
Namorámonos
durante unha excursión de pesca en xeo.

523
00:31:41,858 --> 00:31:43,151
Foi moi romántico

524
00:31:43,234 --> 00:31:45,945
e moi… frío.

525
00:31:46,029 --> 00:31:48,698
Mamá, se ti es feliz, eu son feliz.

526
00:31:49,198 --> 00:31:51,284
Teño que falar con Cisco.

527
00:31:51,367 --> 00:31:54,287
- Chámote mañá.
- Si, pero cóidate, por favor.

528
00:31:54,370 --> 00:31:57,373
E recorda
que me tes que acompañar ao altar.

529
00:31:57,457 --> 00:31:58,875
Quérote, fillo.

530
00:31:58,958 --> 00:32:00,585
Eu tamén te quero moito.

531
00:32:00,668 --> 00:32:02,045
Vale, chao.

532
00:32:37,080 --> 00:32:38,623
Espera, párao.

533
00:32:39,791 --> 00:32:41,250
Non enviaron nada máis?

534
00:32:41,793 --> 00:32:42,627
Como?

535
00:32:42,710 --> 00:32:46,464
O vídeo empeza cando Collins
sae do coche para falar comigo.

536
00:32:46,965 --> 00:32:51,844
Enviaron a cámara do coche,
pero empeza e acaba no mesmo sitio.

537
00:32:52,345 --> 00:32:53,429
Que merda.

538
00:32:53,513 --> 00:32:54,973
Dana Berg sábeo.

539
00:32:55,056 --> 00:32:58,518
Quero saber
que deu pé a que Collins me parase.

540
00:32:58,601 --> 00:33:01,437
Quero saber que facía
antes de decidir seguirme.

541
00:33:01,521 --> 00:33:03,940
- Presentamos outra moción?
- Se é necesario.

542
00:33:04,023 --> 00:33:06,818
Quero unha hora
de imaxes da cámara corporal

543
00:33:06,901 --> 00:33:09,737
anteriores ás que temos. E do coche tamén.

544
00:33:09,821 --> 00:33:13,825
Mick, Lorna estivo saturada
intentando facer malabarismos.

545
00:33:13,908 --> 00:33:16,786
Xa. Izzy logo poderá facer
trámites legais.

546
00:33:16,869 --> 00:33:19,163
Poderá quitarlle traballo a Lorna.

547
00:33:19,872 --> 00:33:21,082
Veña, pon o vídeo.

548
00:33:24,627 --> 00:33:26,921
Carné, permiso e seguro, por favor.

549
00:33:27,005 --> 00:33:31,092
Claro, axente Collins,
pero por que me mandou parar?

550
00:33:31,843 --> 00:33:35,304
Non ía rápido
e todos os semáforos estaban en verde.

551
00:33:35,805 --> 00:33:37,306
Carné, permiso e seguro.

552
00:33:37,390 --> 00:33:40,226
Pasa a cando me di que non teño matrícula.

553
00:33:44,564 --> 00:33:46,065
Ve por que o mandei parar?

554
00:33:46,816 --> 00:33:48,359
Non ten matrícula.

555
00:33:48,443 --> 00:33:49,944
Ai, merda.

556
00:33:51,112 --> 00:33:55,950
Aparquei no centro e debéronma roubar.

557
00:33:56,034 --> 00:33:59,537
Esa é a cuestión.
Non creo que ma roubasen.

558
00:33:59,620 --> 00:34:00,788
Para que?

559
00:34:01,748 --> 00:34:04,917
Creo que alguén meteu a Sam no meu coche
e colleu a matrícula

560
00:34:05,001 --> 00:34:07,503
para que un poli puidese pararme.

561
00:34:08,254 --> 00:34:10,548
Pois o plan funcionou.

562
00:34:10,631 --> 00:34:12,925
Non pode abrir o maleteiro.

563
00:34:13,676 --> 00:34:16,679
Non sabe se é sangue nin se vén do coche.

564
00:34:16,763 --> 00:34:19,515
Se cadra atropelei algunha cousa.

565
00:34:19,599 --> 00:34:21,726
Eh, non pode facer iso!

566
00:34:28,149 --> 00:34:29,025
Veña, arriba.

567
00:34:35,073 --> 00:34:36,074
Estás ben, Mick?

568
00:34:39,535 --> 00:34:42,330
Sam era un estafador e un moinante,

569
00:34:43,164 --> 00:34:44,665
pero non o merecía.

570
00:34:47,418 --> 00:34:49,587
¿Quen lle fixo isto

571
00:34:50,797 --> 00:34:52,465
e por que culparme a min?

572
00:34:58,346 --> 00:35:00,640
Vale, que máis probas temos?

573
00:35:01,808 --> 00:35:04,685
O informe policial
e o preliminar do forense.

574
00:35:04,769 --> 00:35:09,982
Os forenses estiman que mataron a Sam
a noite antes da túa detención.

575
00:35:10,858 --> 00:35:13,528
Falta o informe de toxicoloxía.

576
00:35:14,320 --> 00:35:17,406
Podería tardar meses.
Sabes que levan moito atraso.

577
00:35:17,490 --> 00:35:19,158
Se cadra podo aceleralo.

578
00:35:19,242 --> 00:35:22,328
Tamén hai unha declaración
dunha veciña túa,

579
00:35:22,411 --> 00:35:24,997
Margaret Shogren,
que di que oíu dous homes

580
00:35:25,081 --> 00:35:26,916
discutir esa noite na túa casa.

581
00:35:27,416 --> 00:35:28,793
Non se sosterá.

582
00:35:28,876 --> 00:35:32,004
Ten case 90 anos. Non creo que oia nada.

583
00:35:33,464 --> 00:35:34,632
Tamén…

584
00:35:36,175 --> 00:35:39,929
temos o informe balístico, Mick,
e non é boa cousa.

585
00:35:41,722 --> 00:35:46,185
A bala que atravesou a Sam
apareceu no chan do teu garaxe.

586
00:35:47,854 --> 00:35:51,149
Daquela quen fixo isto
matou a Sam no meu garaxe?

587
00:35:52,859 --> 00:35:55,361
Como? Teño cámaras de seguridade.

588
00:35:55,444 --> 00:35:58,656
Si, instalamos cámaras
tras o incidente da cobra,

589
00:35:58,739 --> 00:36:01,450
pero as dúas de diante non funcionaban.

590
00:36:01,534 --> 00:36:03,369
Alguén cortou a conexión.

591
00:36:03,870 --> 00:36:04,954
Cortaron…

592
00:36:05,788 --> 00:36:08,833
Eu estaba na casa.
Por que non oín os disparos?

593
00:36:09,458 --> 00:36:10,918
Usarían un silenciador.

594
00:36:16,674 --> 00:36:18,509
Cal é a teoría da fiscalía?

595
00:36:18,593 --> 00:36:21,888
¿Que secuestrei a Sam,
lle disparei no garaxe

596
00:36:21,971 --> 00:36:24,682
e deixei o seu corpo no meu coche 24 horas

597
00:36:24,765 --> 00:36:26,767
ata marchar a Palm Springs?

598
00:36:26,851 --> 00:36:27,935
Non ten sentido.

599
00:36:28,019 --> 00:36:30,188
Estou de acordo contigo, Mick.

600
00:36:30,813 --> 00:36:35,193
Eu creo que dirán que levabas
o cadáver ao deserto para desfacerte del

601
00:36:35,693 --> 00:36:39,530
e que desconectaches as cámaras
para evitar ser gravado.

602
00:36:39,614 --> 00:36:42,116
E, por se non abondase, teñen a bala.

603
00:36:45,995 --> 00:36:47,246
Tes visita.

604
00:36:47,330 --> 00:36:49,373
Son Maggie e Hayley. Marcho.

605
00:36:49,957 --> 00:36:52,460
Temos que conseguir o resto dos vídeos.

606
00:36:52,543 --> 00:36:54,587
Xa me poño. E Mick…

607
00:36:55,379 --> 00:36:56,464
non te preocupes.

608
00:36:56,964 --> 00:36:58,341
Resolverémolo.

609
00:37:08,184 --> 00:37:09,268
Sra. Chugani.

610
00:37:09,894 --> 00:37:13,439
Sei que perder o seu avogado
a poucos días do xuízo

611
00:37:15,024 --> 00:37:17,443
por malversación é un bocado amargo,

612
00:37:17,526 --> 00:37:22,323
pero asegúrolle que traballaremos
sen descanso na súa defensa.

613
00:37:22,406 --> 00:37:26,494
Resulta que os casos de narcóticos
son a miña especialidade, Sr. Rhedus.

614
00:37:26,577 --> 00:37:29,664
Mickey formoume. Aprendín do mellor.

615
00:37:29,747 --> 00:37:33,417
E podo ocuparme dos casos difíciles,
mesmo de branqueo.

616
00:37:33,501 --> 00:37:35,378
Sobre todo de branqueo.

617
00:37:35,461 --> 00:37:38,089
Estarei asesorada por Mickey
en todo momento.

618
00:37:38,172 --> 00:37:39,799
Que me di, Sr. Bieber?

619
00:37:42,218 --> 00:37:46,264
Escoita, contratei o avogado do Lincoln,
non unha loura moi legal.

620
00:37:46,347 --> 00:37:48,766
Avísame cando teñas máis experiencia.

621
00:38:07,285 --> 00:38:08,369
Aí está.

622
00:38:15,084 --> 00:38:18,087
Ola! Canto me alegro de verte, rula.

623
00:38:18,796 --> 00:38:19,672
E a min.

624
00:38:19,755 --> 00:38:21,507
Que tal a universidade?

625
00:38:21,590 --> 00:38:24,510
Seguro que hai bos restaurantes
cerca da USC.

626
00:38:24,593 --> 00:38:25,886
Cóntamo todo, veña.

627
00:38:26,887 --> 00:38:29,974
As clases ben, pero tanto ten.
Ti estás ben?

628
00:38:30,850 --> 00:38:32,810
Rula, estou moi ben.

629
00:38:32,893 --> 00:38:35,313
Non quero que te preocupes por min, vale?

630
00:38:35,396 --> 00:38:39,150
- Como dis iso? Estás no cárcere.
- Sairei nun aire.

631
00:38:39,233 --> 00:38:41,527
Non teñen nada. O caso é débil.

632
00:38:41,610 --> 00:38:42,778
Canto?

633
00:38:43,571 --> 00:38:46,615
Acabo de ver as probas
e teño moitas ideas.

634
00:38:47,491 --> 00:38:49,577
Mañá interrogarei o poli ese.

635
00:38:49,660 --> 00:38:51,912
Oculta algo, estou seguro.

636
00:38:53,581 --> 00:38:56,667
Xa sabes como son estes casos, non?

637
00:38:56,751 --> 00:38:57,877
Coma unha árbore.

638
00:38:59,462 --> 00:39:00,504
Xa, papá.

639
00:39:01,172 --> 00:39:06,010
Unha árbore alta, e a fiscalía
fará de todo para fertilizala e regala.

640
00:39:06,093 --> 00:39:07,678
Exacto. E quen son eu?

641
00:39:10,264 --> 00:39:11,474
Quen son, Hayley?

642
00:39:12,350 --> 00:39:13,642
O que ten a machada.

643
00:39:14,226 --> 00:39:17,938
Si, o que ten a machada,
e vou cortar esa árbore.

644
00:39:20,816 --> 00:39:22,026
Pasamos lista.

645
00:39:23,152 --> 00:39:25,905
7752962.

646
00:39:26,447 --> 00:39:27,448
Aquí.

647
00:39:27,531 --> 00:39:30,409
- Que pasa?
- Asegúranse de que ninguén escapase.

648
00:39:30,493 --> 00:39:32,286
Como pasar lista na clase.

649
00:39:32,370 --> 00:39:34,580
6155321.

650
00:39:34,663 --> 00:39:35,664
Si.

651
00:39:39,001 --> 00:39:41,629
7122485.

652
00:39:41,712 --> 00:39:42,546
Aquí.

653
00:39:43,381 --> 00:39:45,966
- Que son eses números?
- Para o rexistro.

654
00:39:46,050 --> 00:39:47,760
Así téñenos controlados.

655
00:39:47,843 --> 00:39:49,720
Non é nada, rula, é…

656
00:39:49,804 --> 00:39:52,515
7211956.

657
00:39:55,351 --> 00:39:56,310
721…

658
00:39:56,394 --> 00:39:57,228
Aquí.

659
00:40:03,901 --> 00:40:06,362
7043559.

660
00:40:07,113 --> 00:40:07,947
Aquí.

661
00:40:13,953 --> 00:40:17,665
Por que non lle falas da clase que tes
da historia de México?

662
00:40:19,583 --> 00:40:22,211
Teño que ir ao baño. Quérote, papá.

663
00:40:32,763 --> 00:40:34,807
Non quero que traias a Hayley.

664
00:40:36,183 --> 00:40:37,017
Mickey.

665
00:40:37,101 --> 00:40:39,145
Se quere ir ao xulgado, vale.

666
00:40:39,228 --> 00:40:40,938
Non quero que me vexa así.

667
00:40:43,566 --> 00:40:45,776
Tiven clientes que mo pediran.

668
00:40:46,277 --> 00:40:47,570
Nunca o entendín.

669
00:40:49,488 --> 00:40:50,573
Agora enténdoo.

670
00:40:55,202 --> 00:40:56,120
Vale.

671
00:41:06,046 --> 00:41:08,883
Se é unha entrega, déixaa en recepción.

672
00:41:10,509 --> 00:41:12,303
Estou buscando un avogado.

673
00:41:13,053 --> 00:41:14,597
Estou no sitio correcto?

674
00:41:14,680 --> 00:41:17,141
Si, síntoo. Mickey non está aquí.

675
00:41:18,434 --> 00:41:20,603
En realidade estou buscando

676
00:41:21,103 --> 00:41:22,229
a Lorna Crane.

677
00:41:24,440 --> 00:41:26,609
Eu son Lorna Crane. Que necesitas?

678
00:41:26,692 --> 00:41:28,944
Recomendoute Jessica Schwartz.

679
00:41:29,028 --> 00:41:31,447
Dixo que a axudaches co seu divorcio

680
00:41:32,072 --> 00:41:35,367
e que lle conseguiches
o Lamborghini do seu ex.

681
00:41:35,451 --> 00:41:36,744
En efecto.

682
00:41:36,827 --> 00:41:39,747
Pois eu tamén teño problemiñas co meu ex.

683
00:41:39,830 --> 00:41:42,249
Que… horror. Síntoo moito.

684
00:41:42,333 --> 00:41:44,502
Chamei, pero non me collían

685
00:41:44,585 --> 00:41:47,755
e quedara cunha amiga,
así que pensei en vir por aquí.

686
00:41:48,255 --> 00:41:50,799
Aceptades novos clientes?

687
00:41:52,009 --> 00:41:54,762
Como ves, estamos moi ocupados,

688
00:41:54,845 --> 00:41:58,098
pero será un pracer asesorarte de balde

689
00:41:58,182 --> 00:42:01,310
para ver se o encaixamos.
Pasa ao meu despacho.

690
00:42:01,393 --> 00:42:03,270
- Grazas.
- De nada.

691
00:42:28,587 --> 00:42:30,089
- Ola, Grace.
- Merda!

692
00:42:30,172 --> 00:42:31,507
Ola, viñeches.

693
00:42:31,590 --> 00:42:33,175
Si, e os demais?

694
00:42:33,676 --> 00:42:37,680
Marcharon a un karaoke, creo.

695
00:42:37,763 --> 00:42:38,806
E quedaches?

696
00:42:38,889 --> 00:42:43,185
Si. Non podía deixarte tirada
se ao final decidías vir.

697
00:42:44,061 --> 00:42:46,355
Queres algo de beber?

698
00:42:46,438 --> 00:42:48,899
A verdade é que non bebo,

699
00:42:48,983 --> 00:42:51,402
e, ademais, mañá teño que madrugar.

700
00:42:51,485 --> 00:42:53,904
Non pasa nada. Vale.

701
00:42:53,988 --> 00:42:57,575
Que tal un cóctel sen alcohol
e unha partida ao Centipede?

702
00:42:57,658 --> 00:42:58,492
Vale.

703
00:42:58,576 --> 00:43:01,870
Pero advírtote:
teño o récord de puntuación nese xogo.

704
00:43:01,954 --> 00:43:04,873
- Portareime ben.
- Xa. Ao Centipede.

705
00:43:05,833 --> 00:43:08,711
Podemos xogar ao Pac-Man
se é máis do teu estilo.

706
00:43:08,794 --> 00:43:10,504
Non, o Centipede váleme.

707
00:43:10,588 --> 00:43:12,131
- Un xogo chégame.
- Vale.

708
00:43:12,214 --> 00:43:13,173
Se cadra dous.

709
00:43:13,257 --> 00:43:15,009
Vale, así me gusta.

710
00:43:15,509 --> 00:43:16,510
Por aquí.

711
00:43:27,605 --> 00:43:31,317
Envíame todos eses correos
e encárgome eu do papelame.

712
00:43:31,400 --> 00:43:34,028
Imos coller ese cabrón mentireiro.

713
00:43:34,528 --> 00:43:37,865
Alégrome de pasar por aquí hoxe.

714
00:43:37,948 --> 00:43:40,034
- Grazas, Lorna.
- Ai, de nada.

715
00:43:40,117 --> 00:43:42,286
- Falamos logo.
- Vale, abur.

716
00:43:46,081 --> 00:43:49,418
Conseguino! Teño unha clienta nova!

717
00:43:50,419 --> 00:43:53,922
Ves? Podes levar o bufete ti soíña.

718
00:43:54,006 --> 00:43:55,799
A verdade é que non, Cisco.

719
00:43:55,883 --> 00:43:58,927
Conseguín unha, pero perdín cinco.
Necesitamos a Mickey.

720
00:43:59,637 --> 00:44:00,846
Se cadra isto axuda.

721
00:44:00,929 --> 00:44:02,890
Enviouno a fiscalía?

722
00:44:02,973 --> 00:44:06,185
Si, mentres perdía clientes,
chamei a Dana Berg.

723
00:44:06,268 --> 00:44:08,312
Sen presentar unha moción?

724
00:44:09,021 --> 00:44:09,980
Mira ti.

725
00:44:10,064 --> 00:44:13,901
Queixouse ata que mencionei o caso
do que me falou Maggie.

726
00:44:13,984 --> 00:44:17,613
Resulta que lle desestimaron un caso
por un amaño coas probas.

727
00:44:17,696 --> 00:44:19,365
Contoucho Maggie?

728
00:44:19,448 --> 00:44:24,036
É algo de exmulleres que non entenderías.

729
00:44:30,709 --> 00:44:33,128
Esta é a gravación da cámara do coche

730
00:44:33,212 --> 00:44:34,588
e esta…

731
00:44:35,130 --> 00:44:38,175
é a gravación da cámara corporal
sincronizadas.

732
00:44:38,258 --> 00:44:42,137
Aquí vemos a Collins
parado no coche patrulla.

733
00:44:47,226 --> 00:44:48,060
Oíchelo?

734
00:44:49,144 --> 00:44:50,771
Recibiu unha mensaxe?

735
00:44:50,854 --> 00:44:54,149
Si, e moveuse coma se collese o móbil.

736
00:44:54,942 --> 00:44:57,611
Ben, agora sae Mickey.

737
00:45:21,427 --> 00:45:23,262
E isto en que nos axuda?

738
00:45:23,345 --> 00:45:26,765
Viu que non tiña matrícula,
arrancou e parou a Mickey.

739
00:45:26,849 --> 00:45:27,850
Non hai máis.

740
00:45:27,933 --> 00:45:31,812
Mirabas a cámara corporal ou a do coche?

741
00:45:31,895 --> 00:45:35,566
Non se ve nada na cámara corporal
ata que baixa do coche.

742
00:45:36,525 --> 00:45:38,068
Vese unha cousa.

743
00:45:42,698 --> 00:45:43,574
Mira.

744
00:45:47,786 --> 00:45:49,204
Meteu a marcha.

745
00:45:49,288 --> 00:45:52,666
Antes de ver
que Mickey non tiña matrícula.

746
00:45:52,750 --> 00:45:56,587
Hostia, non o parou por casualidade.
Estaba esperando por el.

747
00:45:56,670 --> 00:45:59,173
E recibiu unha mensaxe xusto antes,

748
00:45:59,256 --> 00:46:01,258
polo que alguén puido avisarlle

749
00:46:01,341 --> 00:46:04,511
de que Mikey ía saír. A cuestión é: quen?

750
00:46:05,095 --> 00:46:06,138
E por que?

751
00:46:17,107 --> 00:46:19,985
8724535.

752
00:46:20,068 --> 00:46:20,986
Aquí.

753
00:46:23,280 --> 00:46:26,241
7445269.

754
00:46:26,325 --> 00:46:27,159
Aquí.

755
00:46:29,745 --> 00:46:32,122
6834485.

756
00:46:32,206 --> 00:46:33,040
Aquí.

757
00:46:36,126 --> 00:46:39,296
6162904.

758
00:46:39,379 --> 00:46:40,214
Eu.

759
00:46:42,925 --> 00:46:45,803
7113869.

760
00:46:46,303 --> 00:46:47,137
Aquí.

761
00:46:50,349 --> 00:46:53,435
7211956.

762
00:46:54,019 --> 00:46:54,853
Aquí.

763
00:47:01,443 --> 00:47:04,363
7841651.

764
00:47:04,446 --> 00:47:05,280
Aquí.

765
00:47:08,325 --> 00:47:11,036
6280254.

766
00:47:11,537 --> 00:47:12,371
Aquí.

767
00:47:14,790 --> 00:47:17,876
7301455.

768
00:47:17,960 --> 00:47:18,836
Aquí.

769
00:47:21,797 --> 00:47:24,842
6432558.

770
00:47:25,676 --> 00:47:27,177
Teño eu a machada.

771
00:47:28,303 --> 00:47:29,805
Teño eu a machada.

772
00:47:30,722 --> 00:47:32,391
Teño eu a machada.

773
00:47:33,225 --> 00:47:34,852
Teño eu a machada.

774
00:47:35,686 --> 00:47:37,437
Teño eu a machada.

775
00:47:38,146 --> 00:47:39,815
Teño eu a machada.

776
00:47:47,781 --> 00:47:49,783
BASEADO NAS NOVELAS DE MICHAEL CONNELLY

777
00:49:30,092 --> 00:49:33,595
Subtítulos: María Suárez Seijas

