1
00:00:06,006 --> 00:00:08,258
<i>Julian La Cosse, acusado de asasinar a...</i>

2
00:00:08,258 --> 00:00:10,593
<i>Giselle Dallinger.
Coñecíaa como Glory Days.</i>

3
00:00:10,593 --> 00:00:14,055
Dixo que te chamase se tiña problemas.
Es o mellor.

4
00:00:14,055 --> 00:00:15,682
Estás no caso La Cosse?

5
00:00:15,682 --> 00:00:17,684
Ímonos ver moi a miúdo.

6
00:00:17,684 --> 00:00:18,935
Quen é ese?

7
00:00:18,935 --> 00:00:20,562
Un expoli que me odia.

8
00:00:20,562 --> 00:00:21,646
Citáronte, Mick.

9
00:00:21,646 --> 00:00:23,940
Sly Funaro? Non perdera a licenza?

10
00:00:23,940 --> 00:00:26,526
- Este é Sly júnior.
- En que lle podo axudar?

11
00:00:26,526 --> 00:00:29,529
Non teño tempo para declarar no teu caso.

12
00:00:29,529 --> 00:00:31,031
Equivócase, Sr. Haller.

13
00:00:31,031 --> 00:00:34,325
<i>Para empezar,
foi vostede quen detivo o señor Moya.</i>

14
00:00:34,325 --> 00:00:36,369
- Mirade o tipo.
- Quen é o do chapeu?

15
00:00:36,369 --> 00:00:40,248
Creo que localicei o coche que usou
o do chapeu para seguir a Glory Days.

16
00:00:40,248 --> 00:00:42,333
Prometiches que non sairía coa súa.

17
00:00:42,333 --> 00:00:45,378
Deborah, esta sentencia de conformidade
asegura

18
00:00:45,378 --> 00:00:47,297
que o teu exmarido irá ao cárcere.

19
00:00:47,297 --> 00:00:48,214
Confío en ti.

20
00:00:48,214 --> 00:00:51,176
Detívome un cabrón da DEA.

21
00:00:51,176 --> 00:00:53,344
- De Marco?
- Tíñalle rancor a Moya.

22
00:00:53,344 --> 00:00:55,346
Quería que deixase as rúas.

23
00:00:55,346 --> 00:00:58,725
Dis que De Marco
mandou a Gloria delatar a Hector Moya?

24
00:00:58,725 --> 00:01:01,394
Deulle unha arma
para poñer no cuarto de Moya.

25
00:01:01,394 --> 00:01:02,854
Sly, de que vai isto?

26
00:01:02,854 --> 00:01:05,690
Non me gusta que me arrastren
ás lerias dos demais.

27
00:01:05,690 --> 00:01:08,276
E non serei eu nin a miña clienta.

28
00:01:08,276 --> 00:01:09,652
Como sabía que estabas aí?

29
00:01:09,652 --> 00:01:12,238
- Séguenme.
- Ou rastrexan o coche.

30
00:01:13,114 --> 00:01:14,032
Chámame.

31
00:01:14,032 --> 00:01:15,116
VEHÍCULO ROUBADO

32
00:01:15,116 --> 00:01:16,701
Sei quen é o do chapeu.

33
00:01:28,046 --> 00:01:31,049
O home do chapeu era Neil Bishop.

34
00:01:31,049 --> 00:01:32,092
Quen é?

35
00:01:32,092 --> 00:01:34,594
O investigador da Fiscalía
do caso La Cosse,

36
00:01:34,594 --> 00:01:37,806
que tamén é un expoli que odia a Mickey.

37
00:01:37,806 --> 00:01:39,224
Ningunha sorpresa.

38
00:01:39,224 --> 00:01:41,643
Sacácheslle unha foto no xulgado?

39
00:01:41,643 --> 00:01:44,479
Estaba no corredor,
finxín que miraba o correo.

40
00:01:44,479 --> 00:01:46,272
Estás segura de que é Bishop?

41
00:01:46,272 --> 00:01:49,025
Atopei o Honda Civic verde do vídeo

42
00:01:49,025 --> 00:01:51,486
e Lorna comprobou o número de bastidor.

43
00:01:51,486 --> 00:01:53,738
Cando estabas a saber onde.

44
00:01:53,738 --> 00:01:57,033
E o Honda era roubado,
así que investiguei un pouco.

45
00:01:57,033 --> 00:02:00,787
Había un informe
firmado polo mesmísimo Jake Houlihan.

46
00:02:01,579 --> 00:02:03,164
E quen é Jake Houlihan?

47
00:02:03,164 --> 00:02:05,041
Pois o excompañeiro de Bishop.

48
00:02:05,667 --> 00:02:08,253
Pensei que o saberías,
retirouse hai tres anos.

49
00:02:09,963 --> 00:02:13,925
Vale, Bishop ten unha carraca roubada
para traballos extraoficiais,

50
00:02:13,925 --> 00:02:17,762
pero por que a usou
a noite que mataron a Glory?

51
00:02:18,346 --> 00:02:21,141
- Puido ser que a matase?
- Pode, pero por que?

52
00:02:21,141 --> 00:02:24,185
Hai unha conexión entre Bishop
e Moya que non saibamos?

53
00:02:24,185 --> 00:02:25,854
Se a hai, atopareina.

54
00:02:25,854 --> 00:02:29,399
Vale, xa que iso está listo, podemos falar

55
00:02:29,399 --> 00:02:32,485
de que alguén te seguiu onte?

56
00:02:32,485 --> 00:02:34,654
Xa. Atopaches algún rastrexador?

57
00:02:34,654 --> 00:02:36,239
Non, no coche nada.

58
00:02:36,739 --> 00:02:40,076
Se te seguiron, fixérono á antiga usanza.

59
00:02:40,076 --> 00:02:43,371
Non vin a ninguén, pero non me fixaba.
Estarei atento.

60
00:02:43,371 --> 00:02:45,373
Se non, non sei como Sly pai

61
00:02:45,373 --> 00:02:47,625
sabía que estabas na casa de Trina.

62
00:02:47,625 --> 00:02:49,961
E Trina que? Díxovos algo útil?

63
00:02:49,961 --> 00:02:51,921
Se cremos a súa historia,

64
00:02:51,921 --> 00:02:54,966
{\an8}dixo que Glory puxo unha arma
no cuarto de Moya.

65
00:02:54,966 --> 00:02:57,635
{\an8}E polo visto mandoullo facer De Marco.

66
00:02:57,635 --> 00:03:00,722
Iso explicaría que Hector Moya
quixese matar a Glory.

67
00:03:01,222 --> 00:03:03,349
Delatouno e tendeulle unha trampa.

68
00:03:04,184 --> 00:03:05,226
Pode ser.

69
00:03:06,227 --> 00:03:07,145
Que?

70
00:03:08,771 --> 00:03:11,107
Non sei, algo non encaixa.

71
00:03:12,567 --> 00:03:15,278
Vouno descubrir.
Ben, primeiro o importante.

72
00:03:15,862 --> 00:03:18,907
Anula esta citación para Kendall Roberts.

73
00:03:18,907 --> 00:03:20,200
Quen é esa?

74
00:03:20,200 --> 00:03:23,411
Era unha prostituta
que traballaba con Glory.

75
00:03:23,411 --> 00:03:27,415
Val citouna polo caso de Moya.
Díxenlle que me encargaría.

76
00:03:27,415 --> 00:03:29,000
Vale, páganos?

77
00:03:30,460 --> 00:03:32,921
Cisco, xa que investigas a Bishop e Moya,

78
00:03:32,921 --> 00:03:34,797
investiga tamén a De Marco.

79
00:03:34,797 --> 00:03:37,300
Sempre sae o seu nome, non é coincidencia.

80
00:03:37,300 --> 00:03:39,135
- Vale.
- A onde vas?

81
00:03:39,135 --> 00:03:42,555
Descubrir por que Bishop
está no caso de Julian.

82
00:03:42,555 --> 00:03:44,641
Tampouco é unha coincidencia.

83
00:03:48,937 --> 00:03:50,647
E esa foto?

84
00:03:51,731 --> 00:03:52,815
Do seu Instagram.

85
00:03:54,692 --> 00:03:56,819
Xa non podemos mirar as outras.

86
00:04:16,881 --> 00:04:17,924
Hai alguén?

87
00:04:20,134 --> 00:04:21,552
Es Mickey Haller?

88
00:04:22,804 --> 00:04:24,514
Si, son eu.

89
00:04:24,514 --> 00:04:25,890
Moito tardaches.

90
00:04:27,058 --> 00:04:28,434
Vin o antes posible.

91
00:04:30,395 --> 00:04:31,604
Viute alguén?

92
00:04:33,147 --> 00:04:34,357
Non creo.

93
00:04:34,357 --> 00:04:37,235
Ti... es Glory Days?

94
00:04:37,235 --> 00:04:38,152
Son.

95
00:04:39,737 --> 00:04:42,949
Dixeches que tiñas información
que pode axudar o meu cliente.

96
00:04:42,949 --> 00:04:46,494
O psicópata que matou a miña amiga Martha
intenta matarme.

97
00:04:47,203 --> 00:04:49,539
Veu por min.

98
00:04:49,539 --> 00:04:52,625
E... non era...

99
00:04:53,376 --> 00:04:54,460
Como se chama?

100
00:04:55,420 --> 00:04:56,421
Martinez?

101
00:04:56,421 --> 00:04:58,131
Jesus Menendez?

102
00:04:58,798 --> 00:04:59,882
Non, non era el.

103
00:05:00,466 --> 00:05:03,845
Vale, mira, podo testificar.
Súbeme ao estrado.

104
00:05:04,512 --> 00:05:07,265
Quero que encarceren ese cabrón, vale?

105
00:05:07,765 --> 00:05:09,600
Vai por rapazas coma min.

106
00:05:14,731 --> 00:05:15,982
Non me cres?

107
00:05:15,982 --> 00:05:18,401
Quero crerte, pero no teu estado...

108
00:05:18,401 --> 00:05:21,612
Matou a miña amiga, vale?
E vaime matar a min.

109
00:05:21,612 --> 00:05:24,615
Vin a súa cara,
podo identificalo nun recoñecemento.

110
00:05:24,615 --> 00:05:27,785
Ten unha tatuaxe no brazo.
Podo describilo!

111
00:05:27,785 --> 00:05:29,662
Vale, a ver...

112
00:05:29,662 --> 00:05:32,874
Vamos paso a paso, vale?

113
00:05:33,458 --> 00:05:37,128
- Tráioche auga?
- Non, non quero auga.

114
00:05:37,670 --> 00:05:39,213
Quero que me escoites.

115
00:05:40,173 --> 00:05:42,133
Non o entendes? Non...?

116
00:05:44,635 --> 00:05:45,595
Espera!

117
00:06:09,452 --> 00:06:10,286
Toma.

118
00:06:16,084 --> 00:06:17,251
Como te chamas?

119
00:06:21,089 --> 00:06:22,006
Gloria.

120
00:06:24,300 --> 00:06:25,676
Gloria Dayton.

121
00:06:26,511 --> 00:06:27,929
Es dos Ánxeles, Gloria?

122
00:06:29,680 --> 00:06:31,015
Son de todos os sitios.

123
00:06:41,818 --> 00:06:43,611
Miña nai vive en Hawai.

124
00:06:43,611 --> 00:06:45,321
Eu vivía con ela.

125
00:06:45,905 --> 00:06:50,284
E no seu piso
ten un balcón cheo de orquídeas.

126
00:06:50,993 --> 00:06:54,038
De todas as cores e tamaños e...

127
00:06:56,791 --> 00:06:58,584
Dixo que son delicadas,

128
00:06:59,669 --> 00:07:00,753
pero resistentes.

129
00:07:03,256 --> 00:07:05,216
Seguro que túa nai te estraña.

130
00:07:07,510 --> 00:07:11,472
Ser pai é ver como o corazón
che sae do corpo.

131
00:07:12,265 --> 00:07:13,307
Faime caso.

132
00:07:16,060 --> 00:07:19,939
Gloria, se queres axudar,
tes que desintoxicarte.

133
00:07:20,731 --> 00:07:22,567
Non podes subir así ao estrado.

134
00:07:22,567 --> 00:07:23,776
Estou ben.

135
00:07:25,153 --> 00:07:26,487
Voume recuperar.

136
00:07:27,822 --> 00:07:29,323
Teño que facelo.

137
00:07:30,825 --> 00:07:31,993
Por Martha.

138
00:07:31,993 --> 00:07:34,871
Moi ben. Pero tal e como estás agora,

139
00:07:34,871 --> 00:07:37,707
o xuíz non vai crer nada do que digas.

140
00:07:40,626 --> 00:07:43,254
Podo axudarche, pero só se queres.

141
00:07:50,845 --> 00:07:51,679
Vale.

142
00:07:54,432 --> 00:07:56,392
Pero pon alguén na porta.

143
00:07:57,310 --> 00:07:59,103
Se non me vixían, escapo.

144
00:08:00,771 --> 00:08:01,606
Coñézome.

145
00:08:01,606 --> 00:08:03,733
Vale, poñerei a alguén.

146
00:08:06,944 --> 00:08:07,820
Bonita gorra.

147
00:08:09,906 --> 00:08:12,825
Non son moi fan do béisbol,

148
00:08:12,825 --> 00:08:17,371
pero a meu avó encantábanlle os Yankees.

149
00:08:18,372 --> 00:08:20,666
O seu favorito era Mickey Mantle.

150
00:08:24,295 --> 00:08:26,756
Non teño unha gorra dos Yankees,

151
00:08:26,756 --> 00:08:29,967
pero podes quedar con esta se queres.

152
00:08:34,096 --> 00:08:35,640
Vouche contar un segredo:

153
00:08:36,474 --> 00:08:38,100
os Dodgers son mellores.

154
00:08:46,359 --> 00:08:49,362
Sairás desta, Gloria, prométocho.

155
00:09:06,337 --> 00:09:10,049
Importábache esa rapaza, eh?
Se podo preguntar.

156
00:09:11,384 --> 00:09:14,762
Tiña esperanzas en ela
desde que a coñecín.

157
00:09:15,471 --> 00:09:17,682
Pensei que deixaría as drogas e esa vida.

158
00:09:17,682 --> 00:09:21,477
Era adulta e tomou as súas decisións.
Non é culpa súa.

159
00:09:22,061 --> 00:09:25,565
Normalmente estou orgulloso
de ir dous pasos por diante.

160
00:09:26,524 --> 00:09:27,942
Desta vez non foi así.

161
00:09:31,988 --> 00:09:35,408
Un amigo faloume
dun novo restaurante italiano.

162
00:09:35,408 --> 00:09:38,244
Podemos ir se o quere probar.

163
00:09:41,372 --> 00:09:43,958
Eddie, se te ofreces a comer pasta comigo

164
00:09:43,958 --> 00:09:45,626
é que dou moita mágoa.

165
00:09:54,176 --> 00:09:55,303
É o que creo que é?

166
00:10:16,365 --> 00:10:17,867
Sabe a vitoria, non?

167
00:10:19,285 --> 00:10:20,494
E a liberdade.

168
00:10:21,454 --> 00:10:22,705
E a vindicación.

169
00:10:22,705 --> 00:10:25,541
Estudaches moito para o exame,
é importante.

170
00:10:25,541 --> 00:10:27,543
Mereces celebralo.

171
00:10:27,543 --> 00:10:29,128
Cando sabes os resultados?

172
00:10:29,128 --> 00:10:30,755
Dentro de tres meses,

173
00:10:30,755 --> 00:10:33,507
pero... isto compénsao un pouco.

174
00:10:34,008 --> 00:10:34,842
Grazas, Izzy.

175
00:10:34,842 --> 00:10:37,928
E eu pensando que te subornaba
polo do contrato.

176
00:10:37,928 --> 00:10:40,097
Ah, si.

177
00:10:40,097 --> 00:10:42,516
Reviseino

178
00:10:42,516 --> 00:10:46,187
e tiñas razón, o ximnasio
está nun edificio do teu rendeiro,

179
00:10:46,187 --> 00:10:49,732
polo que se aplica
a cláusula de non competencia.

180
00:10:49,732 --> 00:10:53,027
Ao ofrecer clases de baile,
incumpre as condicións.

181
00:10:53,027 --> 00:10:54,236
Xenial.

182
00:10:54,236 --> 00:10:56,530
E... que fago agora?

183
00:10:57,114 --> 00:10:59,575
Iremos despois dicirlle catro palabras.

184
00:10:59,575 --> 00:11:02,203
Pero antes teño unha pregunta importante.

185
00:11:05,373 --> 00:11:06,874
Que hai na outra bolsa?

186
00:11:07,583 --> 00:11:08,876
Ah, iso?

187
00:11:11,003 --> 00:11:12,713
Pensei que non o verías.

188
00:11:13,214 --> 00:11:15,675
Pasei por Donut Man de camiño

189
00:11:16,425 --> 00:11:18,886
e collín unhas colas de tigre.

190
00:11:26,727 --> 00:11:30,106
Vou ter que apuntarme ao ximnasio
mentres lle dicimos catro palabras.

191
00:11:40,116 --> 00:11:42,326
Mickey Haller para ver a Andrea Freemann.

192
00:11:48,541 --> 00:11:50,126
Que sexa rápido, Haller.

193
00:11:50,626 --> 00:11:52,044
Teño casos que gañar.

194
00:12:00,261 --> 00:12:02,555
- Que fas aquí?
- Sorpresa.

195
00:12:02,555 --> 00:12:03,973
Que? Non.

196
00:12:04,724 --> 00:12:06,434
Temos que ser discretos.

197
00:12:06,434 --> 00:12:09,186
E xa fomos discretos... case sempre.

198
00:12:10,146 --> 00:12:11,981
Creo que o meu equipo sábeo.

199
00:12:13,065 --> 00:12:14,984
Vale, son sincera, Maggie sábeo.

200
00:12:15,651 --> 00:12:17,153
Faláchelo con Maggie?

201
00:12:17,153 --> 00:12:21,073
Claro, é o código de mulleres.
Tiña que saber se lle parecía ben.

202
00:12:21,073 --> 00:12:22,992
Vale, e parécelle ben?

203
00:12:22,992 --> 00:12:24,869
Si, xa superou o voso.

204
00:12:26,203 --> 00:12:27,913
O teu ego pode aceptalo?

205
00:12:29,915 --> 00:12:30,750
Superareino.

206
00:12:31,250 --> 00:12:33,127
A que merda viñeches?

207
00:12:33,753 --> 00:12:35,588
Teño unha pregunta.

208
00:12:35,588 --> 00:12:37,590
- Sabes usar o móbil?
- Rápida.

209
00:12:37,590 --> 00:12:40,760
Quero saber como se asignan
os investigadores aos casos.

210
00:12:41,635 --> 00:12:43,262
Faime caso, é importante.

211
00:12:45,139 --> 00:12:47,475
Non hai ningunha norma estrita.

212
00:12:47,475 --> 00:12:50,770
Algúns investigadores
traballan con certos fiscais.

213
00:12:51,520 --> 00:12:55,357
Outros teñen especialidades,
coma drogas ou bandas.

214
00:12:55,357 --> 00:12:56,901
E se hai pouco traballo

215
00:12:56,901 --> 00:12:59,069
veñen preguntar se necesitas axuda.

216
00:12:59,069 --> 00:13:00,571
Hipoteticamente,

217
00:13:00,571 --> 00:13:04,825
é posible que un investigador
se asigne el mesmo un caso?

218
00:13:04,825 --> 00:13:06,660
É posible, si.

219
00:13:08,746 --> 00:13:10,372
Iso é todo, grazas.

220
00:13:10,372 --> 00:13:13,375
- Iso é todo?
- Si, mais isto.

221
00:13:17,630 --> 00:13:20,424
Es moi malo, e tes que marchar.

222
00:13:20,424 --> 00:13:23,219
Non pregunto pola cea,
vai contra as normas.

223
00:13:23,219 --> 00:13:24,720
Escríboche, marcha.

224
00:13:24,720 --> 00:13:26,597
Vale, estás preciosa.

225
00:13:59,713 --> 00:14:01,298
Que hostia fas aquí?

226
00:14:01,882 --> 00:14:04,677
A pregunta é: canto hai que me segues?

227
00:14:05,761 --> 00:14:07,680
Eu traballo aquí, ti non.

228
00:14:09,098 --> 00:14:12,268
Vin... traer uns papeis doutro caso.

229
00:14:12,268 --> 00:14:13,185
O carallo.

230
00:14:14,061 --> 00:14:15,729
Douche un consello, letrado.

231
00:14:15,729 --> 00:14:18,941
Desta vez os putos números
non van funcionar.

232
00:14:19,608 --> 00:14:20,442
De veras?

233
00:14:20,943 --> 00:14:23,821
Eu de ti,
diríalle que confesase canto antes.

234
00:14:24,989 --> 00:14:27,658
Se non é polo teu ben,
polo do teu cliente.

235
00:14:28,242 --> 00:14:31,328
Non é culpa súa
que teña un avogado de merda.

236
00:14:34,915 --> 00:14:35,749
Perdoa.

237
00:14:38,210 --> 00:14:41,088
Oe, Bishop, parece que vai sol.

238
00:14:41,088 --> 00:14:42,423
Colle un chapeu.

239
00:15:06,363 --> 00:15:07,656
Adiante!

240
00:15:10,868 --> 00:15:13,287
Téñoche traballo, Vanessa. O caso Glass.

241
00:15:13,287 --> 00:15:15,664
Fai un resumo da exención Cruz

242
00:15:15,664 --> 00:15:17,499
e mándalla ao avogado contrario.

243
00:15:18,167 --> 00:15:19,752
Cruz coma Penélope ou Tom?

244
00:15:20,753 --> 00:15:21,587
Penélope.

245
00:15:24,089 --> 00:15:25,466
Non sabes o que é?

246
00:15:27,134 --> 00:15:28,052
Non moi ben.

247
00:15:29,345 --> 00:15:32,556
Permite que un acusado
que se declarou culpable

248
00:15:32,556 --> 00:15:35,601
saia durante certo tempo
coa aprobación dun xuíz.

249
00:15:35,601 --> 00:15:37,102
Coma un permiso.

250
00:15:37,102 --> 00:15:41,231
Si, pero durante un tempo
e para un fin lexítimo.

251
00:15:41,231 --> 00:15:42,441
Neste caso,

252
00:15:42,441 --> 00:15:45,361
Scott Glass
quere ir ao funeral de súa avoa.

253
00:15:45,361 --> 00:15:46,654
Dámoslle 24 horas.

254
00:15:46,654 --> 00:15:47,905
E que debo facer?

255
00:15:47,905 --> 00:15:50,407
Primeiro conseguir a aprobación do xuíz.

256
00:15:50,407 --> 00:15:53,869
Logo asegúrate de que o señor Glass
e os seus avogados entenden

257
00:15:53,869 --> 00:15:56,914
que non hai acordo
se incumpre as condicións,

258
00:15:56,914 --> 00:15:59,041
e pediremos a pena máxima.

259
00:15:59,625 --> 00:16:01,335
Tamén a vítima debe saber

260
00:16:01,335 --> 00:16:04,713
que o seu ex estará libre,
aínda que sexa só un día.

261
00:16:05,422 --> 00:16:06,256
Entendido.

262
00:16:06,256 --> 00:16:09,218
Ocúpate de avisar a defensa e o xulgado

263
00:16:09,218 --> 00:16:10,678
e eu chamo a Deborah Glass.

264
00:16:12,554 --> 00:16:15,307
E tárdase unha semana, por certo.

265
00:16:16,934 --> 00:16:17,768
En que?

266
00:16:19,269 --> 00:16:20,270
En adaptarse a eles.

267
00:16:21,063 --> 00:16:23,148
Teslle que poñer soletas.

268
00:16:23,148 --> 00:16:24,066
Xa.

269
00:16:24,692 --> 00:16:26,944
Tranquila, todas pasamos por iso.

270
00:16:27,528 --> 00:16:29,238
Pon zapatos cos que domines.

271
00:16:30,739 --> 00:16:32,116
Póñome con isto.

272
00:16:47,631 --> 00:16:49,842
Era Mickey Haller o que veu?

273
00:16:51,176 --> 00:16:52,136
Si, é que...

274
00:16:53,429 --> 00:16:55,597
Tiñamos que falar dun asuntiño.

275
00:16:55,597 --> 00:16:59,309
Encaixar as pezas
do caso de Lisa Trammell.

276
00:16:59,309 --> 00:17:01,603
O que todos preferimos esquecer.

277
00:17:05,357 --> 00:17:06,483
Mira, Andrea.

278
00:17:07,776 --> 00:17:09,319
Aquí estamos moi unidos.

279
00:17:09,319 --> 00:17:12,197
Este último ano fomos algo permisivos.

280
00:17:12,197 --> 00:17:14,950
Pasamos demasiado tempo co outro bando.

281
00:17:15,826 --> 00:17:16,785
Non me gusta.

282
00:17:18,787 --> 00:17:20,956
Tes que estar centrada.

283
00:17:21,790 --> 00:17:24,835
Sobre todo
se queres ser xefa de Delitos Graves.

284
00:17:25,794 --> 00:17:28,589
Non sabía que ese posto estaba dispoñible.

285
00:17:28,589 --> 00:17:31,425
Bernetti díxome que se retira
a finais de ano.

286
00:17:32,009 --> 00:17:34,845
Estou facendo unha lista
e ti estás arriba de todo.

287
00:17:35,429 --> 00:17:36,263
Vaia.

288
00:17:37,890 --> 00:17:38,766
Grazas.

289
00:17:40,434 --> 00:17:42,519
- É un pracer oílo.
- Ganáchelo.

290
00:17:42,519 --> 00:17:44,396
Es das mellores de aquí.

291
00:17:45,105 --> 00:17:47,357
E nunca cuestionei a túa ambición.

292
00:17:50,819 --> 00:17:53,405
Pero non fagas nada
para que o reconsidere.

293
00:17:53,405 --> 00:17:54,531
Entendido.

294
00:17:54,531 --> 00:17:55,449
Ben.

295
00:17:56,283 --> 00:17:58,160
Hai reunión de persoal, vamos.

296
00:18:16,595 --> 00:18:17,846
Que tal, doutor?

297
00:18:21,600 --> 00:18:24,603
Perdícheste, Cisco?
Non deberías estar cos moteiros?

298
00:18:25,187 --> 00:18:27,064
Hai anos que deixei os Saints.

299
00:18:28,315 --> 00:18:30,692
Quería practicar o meu <i>swing.</i>

300
00:18:32,861 --> 00:18:33,779
Diversificar.

301
00:18:34,363 --> 00:18:35,364
Si, xa.

302
00:18:36,281 --> 00:18:38,951
Pensei que Teddy
te ía enterrar en Palmdale.

303
00:18:40,661 --> 00:18:41,829
Que queres?

304
00:18:41,829 --> 00:18:45,457
Respostas do xefe dun cártel,
chámase Hector Moya.

305
00:18:49,211 --> 00:18:50,129
Mal momento.

306
00:18:50,963 --> 00:18:52,589
E mal sitio seguro.

307
00:18:53,841 --> 00:18:54,675
Pode ser.

308
00:18:55,884 --> 00:18:57,886
Canto antes fales, antes marcho.

309
00:18:59,012 --> 00:19:01,723
Cando cosías
buracos de bala para os Saints,

310
00:19:01,723 --> 00:19:05,936
lembro que Teddy dixo
que atendiches homes do cártel de Tijuana.

311
00:19:06,645 --> 00:19:07,938
Viches este poli?

312
00:19:08,814 --> 00:19:10,190
Neil Bishop?

313
00:19:10,190 --> 00:19:11,817
En Homicidios do val.

314
00:19:11,817 --> 00:19:12,818
Non.

315
00:19:16,029 --> 00:19:21,451
Ben, pois agora
é investigador da Fiscalía.

316
00:19:23,370 --> 00:19:25,330
Ten que haber unha conexión.

317
00:19:28,750 --> 00:19:32,087
En serio,
nunca escoitei falar dese puto home.

318
00:19:32,838 --> 00:19:35,257
Pero Cisco, non te metas niso.

319
00:19:38,051 --> 00:19:39,303
Non podo, Gabe.

320
00:19:40,470 --> 00:19:42,055
Non sen algo para seguir.

321
00:19:45,017 --> 00:19:50,439
Mira, seguro que a eses rapaces
lles gustaría oír a historia

322
00:19:50,439 --> 00:19:52,482
de cando che sostiven a lanterna

323
00:19:52,482 --> 00:19:55,694
mentres lle sacabas
a bala do cu a Tiny Cadero.

324
00:19:56,403 --> 00:19:57,738
Cunhas pinzas.

325
00:19:58,363 --> 00:20:01,158
Pero non sei se iso lle sentaría moi ben

326
00:20:01,158 --> 00:20:03,660
á directiva deste precioso lugar.

327
00:20:03,660 --> 00:20:07,956
Mira, hai dez anos estaba a cousa fodida.
Había guerra de cárteis.

328
00:20:09,708 --> 00:20:11,126
Cando non a hai?

329
00:20:11,126 --> 00:20:12,878
Esa chegou aquí.

330
00:20:13,378 --> 00:20:15,005
Foi un baño de sangue.

331
00:20:15,005 --> 00:20:17,132
Algo en concreto no que centrarme?

332
00:20:18,842 --> 00:20:21,011
Se ese Bishop estaba en Homicidios do val

333
00:20:22,346 --> 00:20:24,264
puido levar eses casos.

334
00:20:25,182 --> 00:20:26,141
Nada máis?

335
00:20:26,141 --> 00:20:27,809
E chégache abondo.

336
00:21:00,968 --> 00:21:02,219
CÁRTEL DE TIJUANA

337
00:21:03,345 --> 00:21:04,638
{\an8}SLY FUNARO PAI

338
00:21:05,764 --> 00:21:06,598
HOTEL ROOSEVELT

339
00:21:07,516 --> 00:21:08,392
HOME DO CHAPEU

340
00:21:18,485 --> 00:21:19,569
10 DE AGOSTO

341
00:21:36,503 --> 00:21:38,338
Oe, grazas de novo...

342
00:21:39,715 --> 00:21:40,674
pola orquídea.

343
00:21:41,591 --> 00:21:43,593
Delicadas pero resistentes, non?

344
00:21:45,220 --> 00:21:47,389
A semana que vén, non?

345
00:21:48,265 --> 00:21:50,475
Si, o venres, se vai todo ben.

346
00:21:50,475 --> 00:21:52,602
Repasaremos o teu testemuño

347
00:21:52,602 --> 00:21:55,355
e irás a un hotel preto do xulgado.

348
00:21:55,355 --> 00:21:58,483
E ata aquela descansa, vale?

349
00:22:00,027 --> 00:22:01,445
Vale, Mickey Mantle.

350
00:22:02,529 --> 00:22:03,363
Bonita gorra.

351
00:22:18,295 --> 00:22:19,338
Que pasou?

352
00:22:22,466 --> 00:22:24,718
O ximnasio da rúa de Izzy.

353
00:22:24,718 --> 00:22:26,803
O que dá clases de baile.

354
00:22:26,803 --> 00:22:31,058
- E a cláusula de non competencia?
- É co dono do edificio.

355
00:22:31,725 --> 00:22:33,435
Pero cambiou de dono.

356
00:22:33,435 --> 00:22:39,024
O ximnasio comprou o edificio,
e non lle afecta esa cláusula.

357
00:22:40,484 --> 00:22:42,110
Vai ser a fin do estudio.

358
00:22:55,499 --> 00:22:56,500
Síntoo, Izzy.

359
00:22:58,877 --> 00:23:00,504
Non teño sorte ningunha.

360
00:23:03,131 --> 00:23:07,219
Hai unha reunión dentro dunha hora
en Echo Park, pode axudarche.

361
00:23:09,388 --> 00:23:10,222
Si.

362
00:23:13,141 --> 00:23:14,059
Grazas, Mickey.

363
00:23:15,060 --> 00:23:15,894
De nada.

364
00:23:27,364 --> 00:23:29,574
Vou revisar o do caso La Cosse.

365
00:23:29,574 --> 00:23:31,368
Por se pasamos algo por alto.

366
00:23:32,828 --> 00:23:35,247
Vai á casa, venche ben cambiar de aires.

367
00:23:35,247 --> 00:23:39,126
Non, teño que ir a un sitio.
Eddie, baixo en cinco minutos.

368
00:23:39,126 --> 00:23:41,253
Non, a Beverly Hills por Glendale.

369
00:23:41,253 --> 00:23:42,212
Vale.

370
00:23:42,712 --> 00:23:43,547
Glendale?

371
00:23:44,131 --> 00:23:45,340
Si, explícocho logo.

372
00:23:45,340 --> 00:23:47,467
Por aí non vas a Beverly Hills.

373
00:23:48,677 --> 00:23:50,095
- Abur, Lorna.
- Adeus.

374
00:23:51,096 --> 00:23:56,435
MANSIÓN DE BEVERLY HILLS
RESIDENCIA DE ANCIÁNS

375
00:24:02,941 --> 00:24:03,775
Ola.

376
00:24:06,319 --> 00:24:07,571
Ten...?

377
00:24:09,865 --> 00:24:13,076
Mickey Haller, veño ver a David Siegel.

378
00:24:13,076 --> 00:24:14,369
Cuarto 270.

379
00:24:17,289 --> 00:24:18,748
Xa sabe como vai.

380
00:24:20,083 --> 00:24:23,462
Veña, outra vez? Son o seu avogado.

381
00:24:23,462 --> 00:24:25,630
Non pode rexistrar o meu maletín.

382
00:24:25,630 --> 00:24:28,925
O cardiólogo
mandoulle levar unha dieta sa.

383
00:24:29,676 --> 00:24:32,304
É un centro privado,
polo que temos dereito

384
00:24:32,304 --> 00:24:33,638
a rexistralo.

385
00:24:33,638 --> 00:24:36,725
Cre que levo unha Big Mac e uns boliños?

386
00:24:40,020 --> 00:24:42,230
Vale, rexístrao.

387
00:24:59,748 --> 00:25:00,749
Ata a semana.

388
00:25:10,884 --> 00:25:11,885
Ola.

389
00:25:12,844 --> 00:25:14,054
Ganan os Lakers?

390
00:25:14,054 --> 00:25:15,514
Por agora si.

391
00:25:16,306 --> 00:25:18,558
Pero espera aos playoffs.

392
00:25:19,434 --> 00:25:21,102
Que tal hoxe, Legal?

393
00:25:21,102 --> 00:25:22,771
Igual ca onte.

394
00:25:22,771 --> 00:25:24,940
Deches pasado pola enfermeira esa

395
00:25:24,940 --> 00:25:28,151
e tráesme algo que non cheire a naftalina?

396
00:25:28,151 --> 00:25:31,738
Como o ía facer?
Cada vez que veño rexístrame.

397
00:25:31,738 --> 00:25:33,406
Estarás de broma!

398
00:25:33,406 --> 00:25:36,576
Viñeches ata aquí e non me traes sustento?

399
00:25:42,499 --> 00:25:44,834
Anda, Legal, íache facer eu iso?

400
00:25:51,466 --> 00:25:54,177
Bocadillo italiano de Mario's en Glendale.

401
00:25:54,761 --> 00:25:57,514
Como sabes o que me gusta, rapaz.

402
00:25:58,223 --> 00:26:00,100
E coñezo ese maletín.

403
00:26:00,100 --> 00:26:05,522
A teu pai regaloullo
Johnny "o Dente" Russo en 1975.

404
00:26:05,522 --> 00:26:07,148
Por que lle chamaban así?

405
00:26:07,148 --> 00:26:09,401
Tiña un canino moi longo.

406
00:26:09,401 --> 00:26:11,903
Chegáballe ao beizo de abaixo.

407
00:26:12,487 --> 00:26:15,907
Parecía un deses bulldogs
coa mandíbula saída.

408
00:26:19,703 --> 00:26:20,704
A mafia

409
00:26:21,538 --> 00:26:24,082
non pensaba moito os alcumes.

410
00:26:24,082 --> 00:26:27,460
Se un tipo tiña o nariz grande,
chamábanlle "o Narizón".

411
00:26:27,460 --> 00:26:29,629
Se era pequeno e se chamaba Tony,

412
00:26:29,629 --> 00:26:31,631
chamábanlle "Tony o Pequeno".

413
00:26:32,549 --> 00:26:35,385
Ai, lembrácheste do aceite e do vinagre.

414
00:26:35,969 --> 00:26:38,179
Claro, Legal, xa teño experiencia.

415
00:26:39,347 --> 00:26:41,516
Vale, sóltao.

416
00:26:41,516 --> 00:26:44,561
Sei que non viñeches traerme un bocadillo.

417
00:26:44,561 --> 00:26:46,855
Precisas sustento tamén.

418
00:26:47,480 --> 00:26:49,065
Que che quita o sono?

419
00:26:50,066 --> 00:26:54,529
Legal, as árbores
non me deixan ver o bosque neste caso.

420
00:26:55,405 --> 00:26:58,700
Hai un axente da DEA sospeitoso,

421
00:26:58,700 --> 00:27:01,911
un expoli corrupto, un matón dun cártel,

422
00:27:01,911 --> 00:27:06,541
un avogado sen licenza e o idiota do fillo
e un cliente inocente no cárcere.

423
00:27:06,541 --> 00:27:09,127
E a vítima era clienta miña.

424
00:27:09,711 --> 00:27:11,630
- A prostituta?
- Si, Glory Days.

425
00:27:11,630 --> 00:27:15,091
E aínda por riba creo que me seguen.

426
00:27:16,217 --> 00:27:19,763
Non é o que chaman unha man ganadora, rapaz.

427
00:27:19,763 --> 00:27:22,432
O tipo do cártel como se chama?

428
00:27:22,432 --> 00:27:23,725
Hector Moya.

429
00:27:23,725 --> 00:27:27,520
Onte citáronme para testificar
no seu recurso habeas corpus.

430
00:27:27,520 --> 00:27:31,650
Di que o axente da DEA
e a miña clienta lle tenderon unha trampa.

431
00:27:32,484 --> 00:27:36,196
O caso deste tipo e o asasinato de Glory
deben estar conectados,

432
00:27:37,030 --> 00:27:39,240
pero non sei como.

433
00:27:39,866 --> 00:27:41,868
Cando interpuxo o recurso?

434
00:27:42,452 --> 00:27:43,870
Hai seis meses.

435
00:27:44,913 --> 00:27:46,915
E cando che deron a citación?

436
00:27:46,915 --> 00:27:49,167
Onte, e non fun o único.

437
00:27:49,167 --> 00:27:52,128
Citaron outra muller
que traballaba con Glory.

438
00:27:52,128 --> 00:27:54,005
E o axente da DEA.

439
00:27:54,005 --> 00:27:57,175
Interpoñen un recurso habeas corpus

440
00:27:57,175 --> 00:28:01,054
e esperan seis meses
para enviar as citacións?

441
00:28:01,054 --> 00:28:03,473
- Non che parece raro?
- Normalmente si,

442
00:28:03,473 --> 00:28:08,436
pero este rapaz avogado
non sabe onde ten a man dereita.

443
00:28:08,937 --> 00:28:13,441
Recibe ordes do pai que, por certo,
cumpre pena por evasión de impostos.

444
00:28:13,441 --> 00:28:16,111
E o vello non sabía nada?

445
00:28:16,736 --> 00:28:18,071
Non.

446
00:28:18,071 --> 00:28:20,073
Non ten sentido, rapaz.

447
00:28:20,573 --> 00:28:23,785
Tes que velo con perspectiva,
esqueces detalles.

448
00:28:23,785 --> 00:28:26,830
O carallo, Legal,
xa che dixen que non o vexo.

449
00:28:26,830 --> 00:28:31,084
Porque deixas que a culpa
che nubre o xuízo.

450
00:28:31,084 --> 00:28:33,920
Cúlpaste pola morte desa muller.

451
00:28:35,547 --> 00:28:36,464
Ben,

452
00:28:37,340 --> 00:28:39,968
ao principio pensei que fora culpa miña,

453
00:28:39,968 --> 00:28:43,346
por dicirlle que delatase a Hector Moya.

454
00:28:44,180 --> 00:28:46,141
Agora sei que finxía.

455
00:28:46,141 --> 00:28:49,018
O axente da DEA tíñaa collida.

456
00:28:49,018 --> 00:28:50,645
El cortaba o bacallau.

457
00:28:50,645 --> 00:28:53,148
E por que te culpas?

458
00:28:53,148 --> 00:28:55,108
Porque non o vin, Legal.

459
00:28:55,108 --> 00:28:58,027
Tiña problemas e púidena ter axudado.

460
00:28:58,611 --> 00:29:01,030
Pero non foi sincera comigo e...

461
00:29:01,030 --> 00:29:03,742
Rapaz, se unha cousa aprendín

462
00:29:03,742 --> 00:29:07,245
é que tes que deixar ir as pantasmas

463
00:29:07,245 --> 00:29:09,122
ou arrastrarante con elas

464
00:29:09,122 --> 00:29:11,875
e nunca serás o avogado que tes que ser.

465
00:29:12,917 --> 00:29:14,586
A rapaza andou a elas

466
00:29:14,586 --> 00:29:17,338
e agora non podes facer nada ao respecto.

467
00:29:18,339 --> 00:29:22,385
Pero se tes
un cliente inocente que defender,

468
00:29:22,969 --> 00:29:25,430
asenta xa a cabeza,

469
00:29:25,430 --> 00:29:30,226
porque non hai
causa máis nobre neste mundo

470
00:29:30,226 --> 00:29:33,188
que defender
os acusados que son inocentes.

471
00:29:33,188 --> 00:29:34,439
Oíches?

472
00:29:36,024 --> 00:29:37,901
Non podes cagala.

473
00:30:04,385 --> 00:30:05,678
AUTOPSIA

474
00:30:05,678 --> 00:30:07,096
INFORME POLICIAL

475
00:30:17,315 --> 00:30:18,733
TRIBUNAL CENTRAL DE DISTRITO

476
00:30:18,733 --> 00:30:19,984
TRIBUNAL SUPERIOR

477
00:30:25,949 --> 00:30:28,326
O ESTADO DE CALIFORNIA
CONTRA GLORIA DAYTON

478
00:30:37,669 --> 00:30:39,295
DISTRITO CENTRAL DE CALIFORNIA

479
00:30:42,799 --> 00:30:44,717
AUTOPSIA

480
00:30:49,222 --> 00:30:51,015
SECRETARIO DO XULGADO

481
00:31:02,694 --> 00:31:04,153
CITACIÓN

482
00:31:12,453 --> 00:31:15,373
TRIBUNAL DO DISTRITO CENTRAL DE CALIFORNIA

483
00:31:20,503 --> 00:31:21,880
É falso.

484
00:31:22,589 --> 00:31:23,756
Que é falso?

485
00:31:23,756 --> 00:31:25,884
O selo da citación de Kendall.

486
00:31:26,509 --> 00:31:30,847
Tribunal de Distrito dos EUA.
Distrito Sur de California.

487
00:31:30,847 --> 00:31:34,017
Pero Os Ánxeles
é o Distrito Central de California.

488
00:31:34,017 --> 00:31:37,478
O Distrito Sur está en San Diego.
Mira a miña.

489
00:31:38,396 --> 00:31:40,148
Ves? Esa é a de verdade.

490
00:31:40,148 --> 00:31:43,401
Presentárona no tribunal federal.
A de Kendall é falsa.

491
00:31:43,401 --> 00:31:47,071
Sly júnior puxo o selo enriba,
pero nunca a presentaron.

492
00:31:47,739 --> 00:31:49,991
Por agarrado?

493
00:31:50,658 --> 00:31:51,868
Para evitar as taxas?

494
00:31:51,868 --> 00:31:54,370
Por unha citación? É ser moi agarrado.

495
00:31:54,370 --> 00:31:56,164
Non, fíxoo á mantenta.

496
00:31:56,164 --> 00:31:59,542
Se Kendall cría que era oficial,
falaría con el.

497
00:31:59,542 --> 00:32:02,378
Pero non quería
que o tribunal se decatase.

498
00:32:02,378 --> 00:32:03,546
O caso é por que.

499
00:32:03,546 --> 00:32:06,883
Non ten sentido ningún.
É o que me dixo Legal.

500
00:32:06,883 --> 00:32:10,011
Por que esperar tanto para citar a xente?

501
00:32:10,011 --> 00:32:11,596
E por que falsificaron esta?

502
00:32:14,140 --> 00:32:15,016
A non ser...

503
00:32:15,600 --> 00:32:16,434
Que?

504
00:32:17,936 --> 00:32:20,146
A non ser que non fose o primeiro.

505
00:32:25,026 --> 00:32:26,402
Vale.

506
00:32:27,111 --> 00:32:28,655
E daquela quen foi?

507
00:32:30,615 --> 00:32:31,449
Glory Days.

508
00:32:32,283 --> 00:32:34,160
É o que non viamos.

509
00:32:34,160 --> 00:32:36,496
Por que ía matar Hector Moya a Glory?

510
00:32:37,413 --> 00:32:38,456
Necesitábaa.

511
00:32:38,456 --> 00:32:42,293
{\an8}Se colocou a arma,
o seu testemuño sacaríao do cárcere.

512
00:32:42,293 --> 00:32:45,380
{\an8}Non creo que un asasino
lle dea tantas voltas.

513
00:32:45,380 --> 00:32:47,507
O seu avogado si, mesmo sen licenza.

514
00:32:50,677 --> 00:32:56,975
Sly júnior, baixo ordes do pai, interpón
o recurso habeas corpus o 29 de xullo.

515
00:32:56,975 --> 00:32:59,060
Que é o máis lóxico?

516
00:32:59,060 --> 00:33:02,438
Citar a Glory Days para testificar.
Dúas semanas despois está morta.

517
00:33:03,022 --> 00:33:05,108
Matárona para que non testificase.

518
00:33:05,733 --> 00:33:07,610
- Bingo.
- Pero quen? Bishop?

519
00:33:08,569 --> 00:33:11,197
- Ou o axente da DEA?
- Aínda non o sei.

520
00:33:11,197 --> 00:33:14,117
Pode que os dous ou ningún.
Sabes algo de De Marco?

521
00:33:14,117 --> 00:33:16,536
Si, é un axente condecorado.

522
00:33:16,536 --> 00:33:20,289
Non hai quen fale mal del
e o expediente está inmaculado.

523
00:33:20,289 --> 00:33:24,127
Os axentes da DEA son pícaros.
Se non ten nada no expediente

524
00:33:24,127 --> 00:33:26,295
é que é moi bo cubrindo pegadas.

525
00:33:26,295 --> 00:33:29,507
Esperade, aquí xa entramos
en terreo perigoso.

526
00:33:29,507 --> 00:33:33,302
Non podes acusar
polis e axentes da DEA sen probas.

527
00:33:33,302 --> 00:33:35,096
Forsythe crucificaríanos.

528
00:33:35,096 --> 00:33:38,558
Por iso temos que atopar as probas
canto antes.

529
00:33:38,558 --> 00:33:42,729
O único que sabemos seguro
é que Julian non matou a Glory.

530
00:33:42,729 --> 00:33:45,982
Temos que descubrir quen foi,
debémosllelo.

531
00:33:54,574 --> 00:33:57,618
Agora teño o local e un plan,

532
00:33:57,618 --> 00:34:00,872
pero fáltame o toque Midas,
o teu toque Midas,

533
00:34:00,872 --> 00:34:02,665
que converte todo en ouro.

534
00:34:02,665 --> 00:34:04,459
Ti sigue botándome flores.

535
00:34:05,043 --> 00:34:08,963
O ximnasio contrata coreógrafos famosos
e eu necesito unha estrela.

536
00:34:08,963 --> 00:34:11,841
- E eu son a estrela?
- Saes na tele!

537
00:34:12,425 --> 00:34:15,136
Se das un par de clases no meu estudio,

538
00:34:15,136 --> 00:34:16,679
cambiarían as cousas.

539
00:34:16,679 --> 00:34:19,807
O local estaría a rebentar.
Dividímolo a medias.

540
00:34:22,393 --> 00:34:23,853
Es moi xenerosa, Izzy.

541
00:34:23,853 --> 00:34:25,480
Vale, 60-40.

542
00:34:25,480 --> 00:34:28,608
Estou desesperada, Cat.
Non vou parar de suplicar.

543
00:34:50,338 --> 00:34:51,714
Teño outra idea.

544
00:34:52,632 --> 00:34:54,175
En vez de dar clases,

545
00:34:54,175 --> 00:34:57,261
que tal se me subarrendas
o local para ensaiar?

546
00:34:58,471 --> 00:34:59,806
Que cho subarrende?

547
00:34:59,806 --> 00:35:01,933
Ensaiamos nun almacén cotroso

548
00:35:01,933 --> 00:35:05,561
no Arts District,
e os meus xeonllos vanse poñer en folga.

549
00:35:07,188 --> 00:35:09,565
- Que renuncie ao estudio?
- Un tempo.

550
00:35:09,565 --> 00:35:13,069
O coreógrafo de Bad Bunny
non vai estar aí toda a vida.

551
00:35:13,069 --> 00:35:14,403
Tes que esperar.

552
00:35:16,322 --> 00:35:18,366
Ten que cubrir todo o alugueiro.

553
00:35:18,366 --> 00:35:20,827
Nos soldos sonche ben agarrados,

554
00:35:20,827 --> 00:35:22,495
pero para os locais non.

555
00:35:22,495 --> 00:35:24,914
Terás beneficio, prométocho.

556
00:35:24,914 --> 00:35:27,250
E ata che serve de márketing.

557
00:35:27,250 --> 00:35:29,585
Podemos sacar o estudio nos capítulos.

558
00:35:34,799 --> 00:35:37,009
- Vale, veña!
- Si!

559
00:35:38,219 --> 00:35:40,638
- A por todas!
- Voucho ensinar.

560
00:35:46,978 --> 00:35:47,979
Andrea Freemann.

561
00:35:52,733 --> 00:35:53,776
Que?

562
00:36:37,445 --> 00:36:38,946
Non pode estar aquí.

563
00:36:39,739 --> 00:36:42,825
Son Andrea Freemann, da Fiscalía.

564
00:36:42,825 --> 00:36:44,702
Chamáronme.

565
00:36:44,702 --> 00:36:46,954
Pode dicirme que pasou?

566
00:36:46,954 --> 00:36:48,206
Sobre as 11

567
00:36:48,206 --> 00:36:50,917
a vítima estaba paseando
o can polo parque.

568
00:36:50,917 --> 00:36:54,629
Un que corría viuno todo.
Un home estábaa esperando.

569
00:36:55,463 --> 00:36:57,048
- Escapou?
- Non.

570
00:36:57,965 --> 00:37:00,843
Estabamos de patrulla
cando vimos un tipo correr

571
00:37:00,843 --> 00:37:03,221
por Stadium Way con sangue na roupa.

572
00:37:03,221 --> 00:37:05,640
Detivémolo antes de que nos avisasen.

573
00:37:05,640 --> 00:37:08,351
- Está aquí?
- No coche de policía.

574
00:37:08,935 --> 00:37:11,687
Identificámolo, é o exmarido da vítima.

575
00:37:11,687 --> 00:37:15,566
Supoñemos que coñecía a súa rutina,
esperou que aparecese e...

576
00:37:18,653 --> 00:37:20,071
Señora, está ben?

577
00:37:20,071 --> 00:37:21,113
Señora!

578
00:37:56,983 --> 00:37:58,442
Espere!

579
00:37:58,442 --> 00:37:59,860
Espere, por favor!

580
00:38:09,745 --> 00:38:10,955
Reparto.

581
00:38:17,753 --> 00:38:19,547
Gloria, estás aí?

582
00:38:25,720 --> 00:38:26,595
Gloria!

583
00:38:32,560 --> 00:38:33,561
Gloria?

584
00:38:35,688 --> 00:38:36,897
Gloria.

585
00:38:38,274 --> 00:38:39,650
Merda.

586
00:38:42,778 --> 00:38:43,779
- <i>Ola.</i>
- Marchou.

587
00:38:43,779 --> 00:38:46,157
<i>Nunha hora ten que estar no xulgado.</i>

588
00:38:46,157 --> 00:38:47,867
<i>O xuíz non o aprazará.</i>

589
00:38:47,867 --> 00:38:51,162
Xa, Lorna. O caso de Jesus depende dela.

590
00:38:51,162 --> 00:38:53,873
Se non testifica, pode ter cadea perpetua.

591
00:38:53,873 --> 00:38:56,500
<i>Non ía vixiala o tipo de Road Saints?</i>

592
00:38:56,500 --> 00:38:58,502
<i>Como se chama? Dennis?</i>

593
00:38:58,502 --> 00:39:02,965
Non, díxenlle que marchase.
Parecía que estaba ben. Debeu pasar algo.

594
00:39:02,965 --> 00:39:04,592
<i>Direiche eu que pasou.</i>

595
00:39:04,592 --> 00:39:05,760
<i>Desintoxicouse,</i>

596
00:39:05,760 --> 00:39:08,554
<i>pagácheslle un hotel
e o servizo de cuartos.</i>

597
00:39:08,554 --> 00:39:10,723
<i>Armoucha, Mickey.</i>

598
00:39:12,391 --> 00:39:13,476
Non, non é iso.

599
00:39:14,310 --> 00:39:17,271
Aquí pasa algo máis. Déixoche, Lorna.

600
00:39:18,647 --> 00:39:21,067
NON PODO, MICKEY MANTLE, SÍNTOO.

601
00:39:25,488 --> 00:39:26,739
Está ben, Sr. Haller?

602
00:39:29,658 --> 00:39:30,493
Señor Haller?

603
00:39:32,661 --> 00:39:34,497
Si, Eddie, estaba pensando.

604
00:39:36,457 --> 00:39:40,503
Desta vez armáronnola a todos.
Vou chegar ao fondo de todo.

605
00:40:07,613 --> 00:40:10,199
Tardo dez minutos. Espérame na esquina.

606
00:40:10,199 --> 00:40:11,492
Entendido.

607
00:40:20,251 --> 00:40:22,753
SYLVESTER FUNARO JÚNIOR
AVOGADO

608
00:40:39,061 --> 00:40:39,979
Sly?

609
00:40:42,606 --> 00:40:43,691
Hai alguén?

610
00:41:04,628 --> 00:41:05,546
Sly?

611
00:41:13,095 --> 00:41:13,971
Sly?

612
00:41:18,476 --> 00:41:20,603
A MIÑA LISTA DE REPRODUCIÓN

613
00:41:22,146 --> 00:41:24,857
- Hostia!
- Temos asuntos pendentes.

614
00:41:24,857 --> 00:41:27,067
- Quen cona es?
- Mickey Haller.

615
00:41:27,067 --> 00:41:29,737
Falamos despois de teres os collóns

616
00:41:29,737 --> 00:41:31,947
de citarme diante do xulgado.

617
00:41:33,574 --> 00:41:34,992
Volve noutro momento.

618
00:41:34,992 --> 00:41:38,329
Aquí só atendo con cita previa.

619
00:41:38,329 --> 00:41:40,414
Menos lerias, Sly, senta.

620
00:41:40,414 --> 00:41:42,082
Non podes entrar así.

621
00:41:42,082 --> 00:41:43,250
Ai, non?

622
00:41:43,250 --> 00:41:45,044
Pois demándame, veña.

623
00:41:45,669 --> 00:41:46,504
Sorte.

624
00:41:48,672 --> 00:41:49,882
Que queres, Haller?

625
00:41:51,383 --> 00:41:54,136
Falsificaches a citación
de Kendall Roberts.

626
00:41:55,221 --> 00:41:56,514
Non sei de que falas.

627
00:41:56,514 --> 00:41:58,516
E daquela non saberías

628
00:41:58,516 --> 00:42:02,311
que citar a Gloria Dayton
faría que a matasen, pero así foi.

629
00:42:03,562 --> 00:42:07,024
Querías asegurarte
de non cometer o mesmo erro con Kendall.

630
00:42:07,024 --> 00:42:09,068
- Iso pasou.
- Só dis mentiras.

631
00:42:09,068 --> 00:42:10,027
Estás seguro?

632
00:42:10,611 --> 00:42:12,738
Lisca ou chamo a policía, meu.

633
00:42:12,738 --> 00:42:13,781
É invasión.

634
00:42:13,781 --> 00:42:15,449
Adiante, Sly, chámaos.

635
00:42:15,449 --> 00:42:18,285
Mentres, eu chamo o Colexio de Avogados

636
00:42:18,285 --> 00:42:21,539
para dicirlles
que fas todo o que che di teu pai.

637
00:42:22,206 --> 00:42:23,958
- Non es capaz.
- Proba.

638
00:42:23,958 --> 00:42:26,001
Exerce sen licenza.

639
00:42:26,001 --> 00:42:28,462
E ti exerces sen ter puta idea.

640
00:42:28,462 --> 00:42:30,464
E dígolles o da citación falsa.

641
00:42:31,257 --> 00:42:34,885
Falsificar un documento federal
é un delito grave, sabías?

642
00:42:36,428 --> 00:42:37,263
Ou...

643
00:42:39,014 --> 00:42:40,474
podemos axudarnos.

644
00:42:42,810 --> 00:42:45,396
- Como?
- Temos intereses similares, Sly.

645
00:42:45,396 --> 00:42:47,273
E isto supérate.

646
00:42:49,316 --> 00:42:51,068
Que propós exactamente?

647
00:42:51,068 --> 00:42:54,697
Teu pai ten un móbil en Victorville.
Así contactas con el.

648
00:42:57,783 --> 00:43:01,328
Sei que o ten, Sly.
Falei con el o outro día.

649
00:43:03,038 --> 00:43:04,039
Non podo chamalo.

650
00:43:05,124 --> 00:43:07,334
Chámame el cando apagan as luces.

651
00:43:07,960 --> 00:43:12,256
En Victorville teñen un inhibidor.
Hai un tipo que llo desactiva.

652
00:43:12,256 --> 00:43:14,174
Vale, isto é o que vas facer.

653
00:43:14,174 --> 00:43:16,010
Hoxe, cando te chame,

654
00:43:16,010 --> 00:43:18,846
dislle que vou ir a Victorville velo.

655
00:43:18,846 --> 00:43:20,431
Que? Nunca aceptaría.

656
00:43:20,431 --> 00:43:21,765
Pois vai ter que ser.

657
00:43:21,765 --> 00:43:24,393
Que poña o meu nome na lista de visitas.

658
00:43:24,977 --> 00:43:27,896
Vou entrar coma o seu avogado, vale?

659
00:43:28,564 --> 00:43:29,690
E o de Hector Moya.

660
00:43:30,608 --> 00:43:34,695
A partir de agora, Sly, imos ser
ambos avogados de Hector Moya.

661
00:43:34,695 --> 00:43:36,280
Ambos? Hai que foderse!

662
00:43:36,280 --> 00:43:38,282
Direiche que é o fodido, Sly.

663
00:43:38,282 --> 00:43:40,326
Teño un cliente inocente.

664
00:43:40,326 --> 00:43:43,912
Pode caerlle perpetua
por algo que non fixo. Iso é fodido.

665
00:43:43,912 --> 00:43:45,623
Non o vou permitir.

666
00:43:46,373 --> 00:43:50,711
Tamén creo que Hector Moya é inocente.
Polo menos do da arma.

667
00:43:51,211 --> 00:43:53,213
Non creo que matase a Glory Days.

668
00:43:54,590 --> 00:43:57,301
Axuda o meu cliente e eu axudo o teu.

669
00:43:58,010 --> 00:44:01,513
Pero Sly,
se fago dúas horas de coche ata alí

670
00:44:01,513 --> 00:44:04,725
e a cousa non vai como che dixen,

671
00:44:04,725 --> 00:44:07,686
que saibas que vou chamar
o Colexio de Avogados.

672
00:44:10,898 --> 00:44:15,361
Ah, e deberías pechar a porta.
Este barrio non parece bo.

673
00:44:16,070 --> 00:44:18,197
Todos teñen razón sobre ti, Haller!

674
00:44:18,822 --> 00:44:19,990
Es un cabrón!

675
00:44:33,796 --> 00:44:37,675
TIVEN UN MAL DÍA, HOXE QUEDO NA CASA.

676
00:44:40,469 --> 00:44:43,347
ESTIVEN OCUPADA, PERO PROBA.
CEAMOS?

677
00:44:44,723 --> 00:44:46,684
Vamos por comida, Eddie.

678
00:44:48,936 --> 00:44:50,062
E ti quen cona es?

679
00:44:50,771 --> 00:44:52,690
Axente James De Marco, da DEA.

680
00:44:54,316 --> 00:44:56,068
Un pracer, señor Haller.

681
00:45:03,325 --> 00:45:05,369
BASEADO NAS NOVELAS DE MICHAEL CONNELLY

682
00:46:44,134 --> 00:46:49,139
Subtítulos: María Suárez Seijas

